Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo para o sector da dobraxe, que subscribiu a comisión paritaria do referido convenio o 16 de xuño de 2006, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.
Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais
ACORDA:
Primeiro.-Ordenar a inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.
Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.
Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2006.
Pilar Cancela Rodríguez
Directora xeral de Relacións Laborais
ANEXO
Acta da reunión extraordinaria da comisión
paritaria do convenio colectivo autonómico do sector da dobraxe
En Santiago de Compostela, ás 10.00 horas do día dezaseis de xuño de dous mil seis, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24-baixo, reúnense as persoas abaixo sinaladas, co obxecto de celebrar unha reunión ordinaria da comisión paritaria do convenio colectivo autonómico do sector da dobraxe.
Representación empresarial:
Asociación de Industrias Técnicas Galegas de Audio (Aitega).
Celestino Hermida González
Luis Núñez Rojo
Dolores Ben Pena
Representación social:
-CIG:
Alfredo Santomil García
Xosé Antón López Rodríguez
Alfonso Valiño Ares
-SN de CC.OO. de Galicia:
Pedro Beade Roel
O obxecto da reunión é proceder a elaborar as táboas salariais do convenio correspondentes ao ano 2006, de acordo co establecido no artigo 3º do convenio colectivo en vigor.
Os reunidos, tendo examinadas as táboas salariais e comprobado que se acomodan ao determinado no convenio colectivo vixente, redactan a seguinte.
Acta de acordo
Primeiro.-Examinado o anexo que recolle as táboas salariais revisadas para o ano 2006 cun 4,7%, as partes considéranas conformes.
Segundo.-O anexo relacionado é asinado polos presentes, en seis exemplares, dos cales cada parte conserva un para si, depositándose o resto no Consello Galego de Relacións Laborais.
Terceiro.-A comisión paritaria acorda, neste acto, encomendar ao Consello Galego de Relacións Laborais que lles traslade aos organismos pertinentes os acordos e as citadas táboas salariais, para o seu correspondente rexistro, inscrición e publicación, así como para representar a dita comisión ante os organismos públicos en canto fose necesario e sen limitación aos fins previstos nesta acta.
E non habendo máis asuntos que tratar, dáse por rematada a reunión ás trece (13.00) horas, no lugar e data indicados no encabezamento, levantándose acta de todo o tratado, en seis copias que asinan todos os asistentes, e queda unido a esta acta o anexo relacionado anteriormente.
Ano 2006
Artigo 10º.-Desprazamentos e gastos de comida.
Quilómetro de desprazamento: 0,21 A.
Comida: 13,15 A.
Manutención e aloxamento: 65,72 A.
Artigo 13º.-Táboas mínimas de contratación.
Categorías Mesual Hora Anual
1. Xefe/a de son/vídeo 1.274,64 A 11,29 A 17.844,95 A
2. Técnico de son/vídeo 1.143,59 A 10,10 A 16.010,28 A
3. Operador/a de son/vídeo 942,59 A 8,34 A 13.196,27 A
4. Axudante de son/vídeo 668,88 A 5,92 A 9.364,27 A
5. Técnico de mantemento 1.034,92 A 9,14 A 14.488,88 A
6. Xefe/a de administración 1.186,60 A 9,43 A 16.612,37 A
7. Oficial administrativo/a 821,63 A 6,52 A 11.502,88 A
8. Auxiliar administrativo/a 686,20 A 5,44 A 9.606,81 A
9. Xefe/a de produción 1.186,60 A 9,43 A 16.612,37 A
10. Axudante de produción 1.025,06 A 8,15 A 14.350,80 A
11. Auxiliar de produción 686,20 A 5,44 A 9.606,81 A
12. Secretario/a de dirección 686,20 A 5,44 A 9.606,81 A
13. Secretario/a mecanógrafo/a 686,20 A 5,44 A 9.606,81 A
14. Recepción: (telefonista, conserxe, garda, porteiro/a) 686,20 A 5,44 A 9.606,81 A
15. Encargado/a de almacén 686,20 A 5,44 A 9.606,81 A
16. Persoal de limpeza (por hora) 4,20 A
Artigo 30º.-Remuneracións.
A) Actores/actrices:
* Contratación por obra:-Convocatoria xeral: 35,93 A.-Take: 3,41 A.
Contratación temporal ou indefinida (mensual): 1.138,90 A.
B) Directores/as:
* Contratación por obra:-Minuto dirección: 4,08 A.
Contratación temporal ou indefinida (mensual): 1.768,85 A.
C) Axustadores/as:
* Contratación por obra:-Rolo axuste: 30,97 A.-Minuto axuste: 3,09 A.
Contratación temporal ou indefinida (mensual): 1.138,90 A.
Artigo 37º.-Remuneracións.
A) Tradutores/as.
* Contratación por obra:-Folio tradución: 5,71 A.
Contratación temporal ou indefinida (mensual): 1.138,90 A.