DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 16 de agosto de 2006 Páx. 12.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2006, da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de xuño de 2006, polo que se outorga unha concesión definitiva do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter comercial.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 22 de xuño de 2006, relativo á concesión definitiva do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter comercial, é necesario darlle publicidade ao mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 281/1997, do 9 de outubro, polo que se aproba o procedemento de contratación da xestión indirecta do servizo de radiodifusión sonora de carácter comercial; no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia,

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na reunión do 22 de xuño de 2006, polo que se outorga a concesión definitiva do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor da empresa Radio Media Galicia, S.L., para a localidade da Coruña; coas características técnicas que figuran no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2006.

Manuel José Fernández Iglesias

Director xeral de Comunicación Audiovisual

ANEXO

Que o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de xuño de dous mil seis adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Outorgar a concesión definitiva do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación

de frecuencia a favor da empresa Radio Media Galicia, S.L., para a localidade da Coruña (A Coruña).

As características técnicas que se asignan á emisora son:

-Frecuencia (MHz): 89.2.

-Localidade: A Coruña.

-Provincia: A Coruña.

-Coordenadas xeográficas (lonxitude/latitude):

008º W 17' 05'' / 43º N 27' 08''.

-Cota (m): 255.

-Denominación da emisión: 256KF8EHF.

-Potencia radiada aparente máxima: 8.000 W.

-Potencia máxima do equipo transmisor: 2.000 W.

-Potencia de saída autorizada do transmisor: 1.597 W.

-Directividade: non directiva.

-Sectores de radiación: -

-Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 25.

-Altura do mastro sobre o chan (m): 30.

-Altura efectiva máxima (m): 280.

-Polarización da emisión: polarización vertical.

-Observacións:-