DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 08 de setembro de 2006 Páx. 13.809

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 108/2006, do 15 de xuño, polo que se establece a ordenación turística dos restaurantes e das cafetarías da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro no devandito decreto, publicado no DOG nº 133, do 11 de xullo de 2006, procede facer as seguintes correccións:

Na páxina 11.136, o modelo de solicitude que consta no anexo I debe ser substituído polo que segue.

Na páxina 11.137, o modelo de solicitude que consta no anexo II debe ser substituído polo que segue.