DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2007 Páx. 15.640

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 177, do 12 de setembro de 2007, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 15.039, punto 6, alínea m), onde di: «Sen prexuízo do indicado no punto anterior, poderá ser aplicado o expresado no punto 9º do artigo 4 para as materias opcionais, coa finalidade de atender a diversidade en ámbitos rurais, pequenos núcleos de poboación e/ou outras circunstancias que así o aconsellen»; debe dicir: «Sen prexuízo do indicado no punto anterior, poderá ser aplicado o disposto no punto 5º i) para as materias opcionais, coa finalidade de atender a diversidade en ámbitos rurais, pequenos núcleos de poboación e/ou outras circunstancias que así o aconsellen».

Na páxina 15.040, punto 10, alínea d), onde di: «artigo 9 do Decreto 133/2007»; debe dicir: «artigo 10 do Decreto 133/2007».