DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2007 Páx. 18.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior.

O Pleno deste concello, en sesión do 19-10-2007, entre outros, adoptou o seguinte acordo, que na súa parte dispositiva di:

«3. Urbanismo. Aprobación definitiva do PERI da U.A. nº 5 do PXOU/avda. do Uruguai e rúas da Galera, Arcebispo Malvar e Fonte da Moureira, formulado pola entidade mercantil Inmobiliaria Masar, S.L.»

(...).

Rematado o debate e realizada votación ordinaria o Pleno do concello, por unanimidade, acordou prestar aprobación ao proxecto de acordo da Xunta de Goberno local de aprobación, con carácter definitivo, do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación nº 5 do PXOU, rúas da Galera, Arcebispo Malvar e Fonte da Moureira, formulado pola entidade mercantil Inmobiliaria Masar, S.L. e, en consecuencia, adopta o seguinte acordo:

«Primeiro.-Prestar aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación nº 5 do PXOU, rúas da Galera, Arcebispo Malvar e Fonte da Moureira, formulado pola entidade mercantil Inmobiliaria Masar, S.L., proxecto técnico refundido redactado polo arquitecto José M. Fernández Barreira, con data de visado colexial do 3-10-2007.

Segundo.-Notificarlles este acto administrativo aos titulares e entidades propietarias afectadas polo ámbito do PERI e demais entidades e organismos interesados co ofrecemento do réxime procedente de recursos, con comunicación á unidade de Pontevedra da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, do Ministerio de Fomento, e á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes nos termos do artigo 92 LOUGA, dándoselle traslado a esta última dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recaese o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola Secretaría Xeral do Pleno, facendo constar a dita circunstancia.

Terceiro.-Dispoñer a publicación de anuncio do acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia facendo constar a remisión da documentación á consellería e a publicación do documento que conteña a normativa e as ordenanzas no BOP para lograr a súa eficacia e executividade, de acordo co establecido na lexislación de réxime local, concretamente os artigos 70.2º e 65 LRBRL.

Cuarto.-Facer constar expresamente consonte o informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 20 de agosto de 2007 e proxecto aprobado, que a materialización das edificacións que se sitúan na liña máis próxima ao centro histórico, na rúa Arcebispo Malvar e Galera, deberá contar con autorización previa da Dirección Xeral de Patrimonio Culutral para os efectos da composición, no sentido de evitar a posible aparición de traseiras a patios interiores que provoquen un negativo impacto visual nas perspectivas desde o Campillo».

Faise constar que con data do 12-11-2007 tivo entrada na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes a documentación referida no número 3º do artigo 92 da Lei 9/2002.

O que se fai público, a salvo dos termos que resulten da aprobación definitiva da acta, en cumprimento do ordenado e para os oportunos efectos.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998). Isto sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Pontevedra, 13 de novembro de 2007.

Miguel A. Fernández Lores José Luis Mato Rodríguez

Alcalde Secretario xeral do Pleno