DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2008 Páx. 20.649

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2008 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de outubro de 2008 polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Traballo.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo xustifícase pola necesidade de adaptala ao Decreto 14/2008, do 7 de febreiro, publicado no DOG nº 32, do 14 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e a estrutura orgánica básica do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e ao Decreto 130/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica e funcional do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, publicado no DOG nº 124, do 27 de xuño de 2008.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Traballo, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de outubro de dous mil oito, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar de libre designación, ademais dos postos de traballo de subdirectores/as xerais e secretarios/as de alto cargo, os postos que a continuación se relacionan en aplicación dos criterios de excepcionalidade que na marxe se indican, de conformidade co previsto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e o disposto mediante acordo de data 28 de xaneiro de 2008, asinado polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e polas organizacións sindicais.

Ver referencia pdf "22200D002P009.PDF"

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trinta de outubro de dous mil oito, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2008.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Ver referencia pdf "22200D002P009.PDF"

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS

2001 ARQUITECTURA SUPERIOR

2019 ENXEÑARÍA SUPERIOR

2021 LIC. BIOLÓXICAS

2027 LIC. FARMACIA

2033 LIC. MEDICINA

2035 LIC. QUÍMICAS

2804 ARQUITECTURA/ENXEÑARÍA

2811 LCDO. BIOLÓXICAS OU QUÍMICAS

2998 TITULADO SUPERIOR

3001 ARQUITECTURA TÉCNICA

3019 ENXEÑARÍA TÉCNICA

3020 DIP. ENFERMARÍA

3800 ARQ. TÉCNICA/ENX. TÉCNICA

3998 TITULADO MEDIO

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

020 COÑECEMENTOS INFORMÁTICA NIVEL USUARIO

387 TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS

LABORAIS (R.I.).

388 TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS

LABORAIS, ESPECIALIDADE SEGURIDADE DO TRABALLO

(R.I.).

389 TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS

LABORAIS, ESPECIALIDADE HIXIENE INDUSTRIAL (R.I.).

391 TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS

LABORAIS, ESPECIALIDADE ERGONOMÍA E PSICOSOCIOLO-

XÍA APLICADA (R.I.).

440 MEDICINA DO TRABALLO (R.I.).

441 ATS/DUE DE EMPRESAS (R.I.).

640 PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PER-

FECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.).

641 PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE INI-

CIACIÓN DE GALEGO (R.I.).

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A11 ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE

GALICIA, ESTADO E CC.AA.

AXG ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE

GALICIA.

Ver referencia pdf "22200D002P009.PDF"

Ver referencia pdf "22200D003P017.PDF"