DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 02 de marzo de 2009 Páx. 4.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2009, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, polo trámite urxente e procedemento aberto multicriterio, para a redacción do proxecto básico e de execución para a construción dun centro de saúde no Milladoiro-Ames (A Coruña) AB-SER3-09-025.

1. Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución para a construción dun centro de saúde no Milladoiro-Ames (A Coruña).

3. Orzamento sen IVE: 63.308,91 €.

4. Orzamento con IVE: 73.438,34 €.

5. Prazo de execución: catro (4) meses.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Garantía definitiva: non se exixe.

8. Forma de tramitación: urxente.

9. Exposición da documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas poderán examinarse na División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Investimentos (edificio administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta, 15703 Santiago de Compostela), ou na dirección provincial do Servizo Galego de Saúde na provincia que corresponda a obra, en días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas, ou na páxina web do Servizo Galego de Saúde http://www.sergas.es

10. Prazo e lugar de presentación de proposicións.

Deberán presentarse en sobres pechados, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o trixésimo día natural a partir do seguinte ao da publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán presentar os licitadores.

Ver o prego de cláusulas administrativas particulares que rexen esta licitación.

12. Criterios de adxudicación.

Os definidos na folla de especificacións ou no anexo VII do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta licitación.

13. Apertura de proposicións.

O acto público de apertura do sobre C terá lugar nas dependencias da División de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/.

14. Anuncios.

Os anuncios desta licitación serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2009.

Francisco Pais López

Director xeral da División de Recursos Económicos