DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 13 de marzo de 2009 Páx. 5.329

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 48/2009, do 29 de xaneiro, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo e técnico deportivo superior en balonmán.

O Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e o Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polos que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, desenvolven as ensinanzas que conducen á obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior, mencionadas no artigo 55 da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte. Así mesmo, aproban as directrices xerais sobre os títulos e as correspondentes ensinanzas.

Os citados reais decretos, que se ditan sobre a base da competencia que se atribúe ao Goberno na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), introduce as ensinanzas deportivas no sistema educativo, tal e como queda recollido no artigo 7.3º da Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación (LOCE) e no artigo 3 e no capítulo VIII da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).

O Real decreto 361/2004, do 5 de marzo, que establece para a modalidade deportiva de balonmán os títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior, fixa as súas respectivas ensinanzas comúns e determina os diversos aspectos da ordenación académica que, sen prexuízo das competencias atribuídas ás administracións educativas competentes no establecemento do currículo destas ensinanzas de réxime especial, garantan unha formación básica común a todos os alumnos e alumnas. Deste xeito, regula a duración total das ensinanzas de cada título e a duración dos bloques e módulos formativos. Tamén se especifican os requisitos académicos e profesionais do profesorado, as equivalencias de titulacións para os efectos de docencia, as probas de carácter específico para o acceso á formación e os requisitos mínimos dos centros que impartan estas ensinanzas.

O Real decreto 361/2004, e este decreto crean a vía que permite mellorar a formación dos técnicos da modalidade de balonmán.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, establece o sistema nacional de cualificacións e formación profesional como marco das accións formativas dirixidas a responder ás demandas do sector produtivo. Atendendo á capacidade de crecemento, diversidade de servizos e relevancia para efectos económicos da actividade física e o deporte, exíxese a profesionalización de recursos humanos, incrementándose as competencias requiridas polos técnicos e vinculándose estes á formación profesional. Por isto, a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), establece a posibilidade de que as ensinanzas deportivas se refiran ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

As ensinanzas que regula este decreto configuráronse para dotar os alumnos e alumnas dos coñecementos suficientes para permitirlles o exercicio competente das súas funcións. De acordo con este obxectivo xenérico, ponse o acento en conseguir unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade científico-técnica e social do balonmán.

No desenvolvemento deste decreto por parte dos centros educativos terase en conta o disposto no artigo 11º do Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, logo do informe do Consello Escolar de Galicia, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de xaneiro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Capítulo I

As ensinanzas: finalidade, organización e requisitos

de acceso

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

Este decreto establece o currículo das ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior en balonmán, que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega, con validez académica e profesional en todo o territorio do Estado, baseándose no Real decreto 361/2004, do 5 de marzo.

Artigo 2º.-Consideración de ensinanzas de réxime especial.

De acordo co previsto no artigo 1 do Real decreto 361/2004, do 5 de marzo, as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos oficiais de técnico deportivo e técnico deportivo superior na modalidade de balonmán, que regula este decreto, terán a consideración de ensinanzas de réxime especial.

Artigo 3º.-Establecemento dos títulos, probas específicas de acceso, ensinanzas, correspondencias e requisitos dos centros.

1. De conformidade co artigo 2 do Real decreto 361/2004, do 5 de marzo, e de acordo co previsto no artigo 55 da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte, establécense os seguintes títulos:

a) De grao medio: técnico deportivo en balonmán.

b) De grao superior: técnico deportivo superior en balonmán.

2. Establécese a duración das ensinanzas e as probas de carácter específico, e apróbanse o perfil profesional dos títulos, as ensinanzas, as correspondencias e o acceso a outros estudos, así como os requisitos mínimos dos centros de formación, que se fixan nos anexos I, II, III, IV e V.

Artigo 4º.-Finalidade das ensinanzas.

As ensinanzas conducentes á obtención dos títulos oficiais a que se refire o artigo anterior teñen por finalidade proporcionar ao alumnado a formación necesaria para:

a) Garantir a súa competencia técnica e profesional en balonmán e unha madureza profesional motivadora de futuras aprendizaxes e adaptacións ao cambio das cualificacións.

b) Comprender as características e a organización da súa modalidade deportiva e coñecer os dereitos e obrigas que se derivan das súas funcións.

c) Adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver o seu labor en condicións de seguranza.

Artigo 5º.-Estruturación das ensinanzas.

1. De acordo co establecido no artigo 4 do Real decreto 361/2004, do 5 de marzo, as ensinanzas estrutúranse en:

a) Un bloque común composto por módulos transversais de carácter científico e técnico xeral, que son coincidentes e obrigatorios para todas as modalidades e especialidades deportivas.

b) Un bloque específico que contén os módulos de formación deportiva de carácter científico e técnico propios de balonmán.

c) Un bloque complementario que comprende os contidos que teñen por obxectivo formativo o deporte adaptado, así como a atención aos aspectos tecnolóxicos e aqueloutros que desexen incorporar ao currículo as administracións educativas no ámbito das súas respectivas competencias.

d) Un bloque de formación práctica que se realizará ao superar os bloques común, específico e complementario de cada nivel ou grao.

2. No desenvolvemento dos bloques e módulos, así como nas programacións didácticas que se realicen teranse en conta as especificacións que se establecen na Lei galega 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, e especialmente no seu artigo 9.1, así como as prescricións do artigo 24 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, como garantía dunha educación acorde co principio de igualdade.

Artigo 6º.-Formación práctica.

1. De acordo co disposto no artigo 5 do Real decreto 361/2004, do 5 de marzo, o bloque de formación práctica levarase a cabo en institucións deportivas de titularidade pública ou entidades privadas, así como no marco de programas de intercambio internacional.

2. Este bloque de formación práctica terá por finalidade:

a) Completar os coñecementos e destrezas adquiridos nos módulos que integran o currículo.

b) Contribuír ao logro das competencias previstas no anexo III deste decreto.

3. A consellería competente en materia de educación, no ámbito das súas competencias, poderá regular a organización e avaliación do bloque de formación práctica correspondente a cada un dos títulos que se establecen no artigo 2º.

Artigo 7º.-Proxecto final.

1. De acordo co artigo 6 do Real decreto 361/2004, do 5 de marzo, para a obtención do título de técnico deportivo superior en balonmán o alumnado, ademais de cursar as ensinanzas correspondentes ao grao superior, deberá superar un proxecto final.

2. No proxecto final o alumno ou alumna deberá acreditar os coñecementos e a metodoloxía exixibles para o exercicio profesional en balonmán. Este proxecto será elaborado polo alumnado, de acordo coas características, procedementos de elaboración e criterios de avaliación que se recollen no anexo III.

3. Para os efectos do cómputo total horario atribúense ao proxecto final 75 horas.

4. O proxecto presentarase despois de superar todos os bloques do proceso formativo.

5. A realización do proxecto final non requirirá a escolarización do alumno ou alumna; non obstante, e para facilitar a realización do proxecto final, o centro facilitará os medios e o asesoramento necesario para completalo con éxito.

Artigo 8º.-Requisitos de acceso.

1. Para acceder ao primeiro nivel das ensinanzas de grao medio será necesario ter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para efectos académicos, e superar as probas de carácter específico que figuran no anexo II.

2. Para acceder ao segundo nivel das ensinanzas de grao medio será necesario acreditar ter superado o primeiro nivel en balonmán.

3. Para acceder ao grao superior será necesario ter o título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos, así como o título de técnico deportivo de balonmán.

4. Será posible acceder a estas ensinanzas sen ter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou de bacharel, sempre que o/a aspirante reúna os outros requisitos de carácter xeral e específico establecidos e, ademais, cumpra as condicións de idade e supere a proba correspondente, segundo se especifica a continuación:

a) Proba de acceso ao grao medio. Ten por obxecto demostrar os coñecementos e habilidades abondas para cursar con aproveitamento as ensinanzas do devandito grao. Os contidos da proba versarán sobre o currículo de educación secundaria obrigatoria da Comunidade Autónoma de Galicia. Para realizar esta proba requírese unha idade mínima de 17 anos.

b) Proba de acceso ao grao superior. Ten por obxecto demostrar a madureza en relación cos obxectivos formativos do bacharelato. Esta proba versará sobre os contidos das materias comúns do currículo de bacharelato da Comunidade Autónoma de Galicia. Para realizar esta proba requírese unha idade mínima de 19 anos e estar en posesión do título de técnico deportivo en balonmán, ou de 18 anos cando se posúa, ademais do título anterior, un título de técnico relacionado con aquel ao que se desexa acceder.

Tanto nun coma noutro caso, a idade mínima establecida deberá cumprirse dentro do ano natural de realización da proba.

5. En relación á exención das probas específicas de acceso á estas ensinanzas, haberá que aterse ao disposto na disposición transitoria segunda do Real decreto 1363/2007, onde se establece a vixencia das ensinanzas establecidas ao abeiro do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro.

Artigo 9º.-Acceso para persoas en circunstancias especiais.

1. Para o acceso das persoas con minusvalidez, en aplicación do que se establece no artigo 8 do Real decreto 361/2004, do 5 de marzo, deberán cumprirse os seguintes requisitos:

a) Acreditarán o grao de minusvalidez mediante un certificado emitido polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) ou órgano competente das comunidades autónomas.

b) O tribunal que xulga as probas de carácter específico poderá adaptar os requisitos específicos a que se refire o anexo II.

2. O citado tribunal avaliará se o grao da minusvalidez e as limitacións que acredita a persoa solicitante lle permiten completar con eficacia a formación e levar a cabo o posterior exercicio da actividade formativo-deportiva inherente ao título que se obteña.

Artigo 10º.-Efectos e vixencia das probas de acceso.

1. De conformidade co artigo 9 do Real decreto 361/2004, do 5 de marzo, a superación das probas de carácter específico que se establecen para o acceso ás ensinanzas de balonmán terá efectos en todo o ámbito do Estado.

2. A superación das probas de carácter específico que se establecen no anexo II terán unha vixencia de 18 meses contados a partir da data de terminación das probas.

Artigo 11º.-Aplicación e inspección das probas de acceso.

A consellería competente en materia de educación regulará, no ámbito das súas competencias, a aplicación e inspección das probas de acceso para asegurar o cumprimento obxectivo dos criterios de ingreso e os efectos das probas en todo o Estado.

Artigo 12º.-Criterios de admisión.

1. Nos centros sostidos con fondos públicos, cando o número de aspirantes supere ao número de prazas ofertadas, aplicaranse os seguintes criterios de admisión:

a) Para o acceso ao ciclo inicial de grao medio, o mellor expediente académico dos aspirantes na educación secundaria obrigatoria.

b) Para o acceso ao ciclo superior, a mellor cualificación final das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en balonmán.

2. A consellería competente en materia de educación establecerá unha porcentaxe de prazas reservadas nas ensinanzas deportivas de:

a) Polo menos un 5% das prazas ofertadas para quen acredite algún grao de minusvalidez.

b) Polo menos un 10% das prazas ofertadas para deportistas de alto rendemento.

c) Polo menos un 10% das prazas ofertadas para quen acceda acreditando a proba de aceso substitutoria dos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharel para o acceso ás ensinanzas de grao medio e de grao superior.

d) Polo menos un 10% das prazas ofertadas para quen acredite, segundo o caso, a homologación do seu diploma federativo, ou a validación, ou a correspondencia ás que se refiren a disposición adicional cuarta e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007.

3. Dentro do cota de prazas para deportistas de alto rendemento, terán prioridade os/as deportistas de alto nivel.

Capítulo II

Establecemento do currículo da modalidade de balonmán

Artigo 13º.-Aprobación do currículo.

1. Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por currículo o conxunto de obxectivos, contidos, competencias básicas, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación en cada un dos niveis e graos.

2. Ao establecer o currículo, tivéronse en conta as necesidades de desenvolvemento económico e social, os recursos humanos do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a adaptación ao ámbito, a participación dos axentes sociais e deportivos, a autonomía pedagóxica, organizativa e económica dos centros e, de forma especial, a súa relación coa organización e práctica deportiva do balonmán.

3. O currículo das ensinanzas determina a configuración práctica dos módulos e as horas que corresponden aos contidos que merezan tal consideración.

Artigo 14º.-Proxecto educativo e desenvolvemento dos currículos. A autonomía pedagóxica.

1. Os centros docentes, dentro do marco xeral que estableza a consellería competente en materia de educación, elaborarán o proxecto educativo no que fixarán os obxectivos e as prioridades educativas, así como os procedementos de actuación. Igualmente, os centros farán público o proxecto educativo e facilitarán canta información favoreza unha maior participación da comunidade educativa.

2. Así mesmo, os centros docentes desenvolverán os currículos establecidos pola consellería competente en materia de educación mediante as programacións didácticas, entendidas como os instrumentos de planificación curricular específicos para cada un dos módulos e bloques de formación.

3. A autonomía pedagóxica entenderase conforme queda fixada no artigo 120 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).

Capítulo III

Avaliación

Artigo 15º.-Criterios xerais da avaliación.

1. A obtención do correspondente certificado de primeiro nivel ou do título correspondente ao grao medio das ensinanzas que se regulan neste decreto requirirá a avaliación positiva dos distintos módulos en que se organizan as ensinanzas así como do bloque de formación práctica. Para a obtención do título de grao superior, ademais da avaliación positiva dos módulos e do bloque de formación práctica, deberase superar o proxecto final.

2. A avaliación da aprendizaxe do alumnado en cada un dos graos realizarase por módulos, considerando os obxectivos formativos e os criterios de avaliación establecidos no currículo para cada módulo, así como a madureza académica dos alumnos e das alumnas en relación coas competencias que se establecen no anexo III.

3. A avaliación da formación práctica realizaraa o titor ou titora correspondente, de acordo cos criterios e condicións que se establecen neste decreto.

Artigo 16º.-Regulación dos elementos básicos dos informes de avaliación.

Os elementos básicos dos informes de avaliación das ensinanzas que se regulan neste decreto, así como os requisitos formais derivados do proceso de avaliación, que sexan precisos para garantir a mobilidade dos alumnos e das alumnas, axustaranse ao disposto na Orde ECD/454/2002, do 22 de febreiro, ou ao regulamento que a substitúa.

Capítulo IV

Efectos académicos e profesionais dos títulos de grao medio e grao superior de balonmán

Artigo 17º.-Validez académica e profesional dos títulos.

1. Os títulos de técnico deportivo en balonmán e de técnico deportivo superior en balonmán obteranse tras a superación das correspondentes ensinanzas e, se é o caso, do proxecto final.

2. Os títulos de grao medio e grao superior citados serán equivalentes para todos os efectos aos correspondentes títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior a que se refire o artigo 65 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).

3. A completa superación do primeiro nivel do grao medio das ensinanzas que se regulan neste decreto dará lugar á obtención do certificado de superación do primeiro nivel en balonmán.

Artigo 18º.-Validez dos módulos do bloque común.

A superación do bloque común dun determinado nivel ou grao das ensinanzas terá validez para as ensinanzas do mesmo nivel ou grao da modalidade de balonmán.

Artigo 19º.-Acceso a outros estudos.

1. O título de técnico deportivo en balonmán permitirá o acceso directo a todas as modalidades de bacharelato, aínda que se accedese ás ensinanzas acreditando a superación da proba de madureza a que se refire este decreto.

2. O título de técnico deportivo superior en balonmán permitirá o acceso directo aos estudos que se establecen no punto 2 do anexo IV.

Artigo 20º.-Correspondencias destas ensinanzas.

Poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica deportiva os módulos que se establecen no punto 1 do anexo IV.

Capítulo V

Disposicións relativas aos centros e ao profesorado

que imparta estas ensinanzas

Artigo 21º.-Centros públicos e privados.

As ensinanzas que se regulan neste decreto impartiranse en centros públicos ou privados dotados dos recursos educativos humanos e materiais necesarios para garantir un ensino de calidade.

Artigo 22º.-Denominación xenérica e específica dos centros.

Os centros das ensinanzas a que se refire este decreto terán a denominación xenérica de centro público ou centro autorizado, segundo o seu carácter público ou privado, seguido doutra que será a que figure na correspondente inscrición rexistral e que non poderá ser coincidente coa de ningún outro centro.

A denominación completarase especificando o grao ou graos da formación que o centro imparta, seguido do termo balonmán, a cuxas ensinanzas se refire este decreto.

Artigo 23º.-Condicións básicas dos centros.

1. Os centros de formación de técnicos de balonmán poderán ser autorizados para impartir as ensinanzas de grao medio, de grao superior ou de ambos os dous graos.

2. Os centros de formación de técnicos de balonmán deberán garantir a continuidade das ensinanzas para as que sexan autorizados. Así mesmo, os centros deberán aplicar os elementos básicos da avaliación a que se refire o capítulo III, de forma que se garanta a mobilidade dos alumnos e das alumnas entre os centros do territorio do Estado.

3. Os centros de formación de técnicos de balonmán deberán cumprir as condicións materiais e os requisitos de profesorado que se establecen no anexo V.

4. Os centros poderán levar a cabo as ensinanzas en lugares e instalacións distintas daquelas para as que inicialmente recibisen a autorización, sempre que as novas instalacións reúnan os requisitos establecidos, logo de solicitude e a correspondente autorización da consellería competente en materia de educación. A devandita autorización terá carácter provisional e só será válida polo tempo que se determine.

Artigo 24º.-Relación de alumnos e alumnas por aula.

Para impartir os contidos teóricos e para as sesións prácticas, o número máximo de alumnos e alumnas por aula será de 35, incluído o alumnado repetidor.

Artigo 25º.-Cumprimento de requisitos de uso público establecidos por outra lexislación vixente aplicable.

1. Os centros ou as instalacións nas que estes desenvolvan as súas actividades contarán coas condicións que se exixan na lexislación vixente para este tipo de uso público, ademais dos requisitos que se establecen no anexo V.

2. Os edificios posibilitarán o acceso e a utilización das instalacións ás persoas con minusvalideces, de acordo co disposto na lexislación vixente aplicable.

Artigo 26º.-Apertura e funcionamento dos centros privados.

1. A apertura e funcionamento dos centros privados que impartan as ensinanzas reguladas neste decreto someteranse ao principio de autorización administrativa, que se concederá sempre que reúnan os requisitos establecidos pola consellería competente en materia de educación.

2. Os centros privados relacionaranse, para os efectos administrativos e académicos, coa consellería competente en materia de educación de acordo co punto anterior.

3. Para as solicitudes de autorización para os centros promovidos pola Federación Española de Balonmán, haberá que aterse ao disposto no Real decreto 361/2004, polo que se establecen os títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior en balonmán.

Artigo 27º.-Inscrición dos centros nos rexistros oficiais.

Con relación á inscrición dos centros de formación de técnicos deportivos de balonmán, haberá que aterse ao disposto no artigo 25 do Real decreto 361/2004, do 5 de marzo.

Artigo 28º.-Inspección dos centros.

Con relación á inspección dos centros de formación de técnicos deportivos en balonmán, haberá que aterse ao disposto no capítulo II do título VII da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).

Artigo 29º.-Requisitos de titulación do profesorado.

1. As titulacións concordantes requiridas para impartir os distintos módulos das ensinanzas dos técnicos en balonmán son as que se establecen no anexo V deste decreto.

2. A acreditación de formación abonda do profesorado para impartir un módulo realizarase mediante certificación académica persoal, na que conste ter cursado a materia obxecto de acreditación.

3. Para a demostración da competencia en lingua galega o profesorado acreditará estar en posesión do Celga 4 ou ter realizado o curso de perfeccionamento.

Disposicións adicionais

Primeira.-Non regulación de profesión titulada.

Os elementos que definen o perfil profesional nas correspondentes ensinanzas conducentes aos títulos oficiais de técnicos en balonmán non constitúen regulación do exercicio de profesión titulada.

Segunda.-Habilitación docente a expertos e especialistas.

1. A consellería competente en materia de educación poderá informar o Consello Superior de Deportes sobre deportistas con méritos sobresaíntes no nivel internacional e persoas nas que concorran méritos deportivos con prestixio recoñecido e experiencia profesional que asegure, en cada caso, a preparación necesaria para o desempeño da súa función docente, para os efectos de obter habilitación por parte do ministerio competente en materia de educación, segundo o disposto na disposición adicional segunda do Real decreto 361/2004, para impartir as ensinanzas de determinados módulos do bloque específico ou do bloque de formación práctica que se regulan neste decreto.

2. A devandita habilitación docente permite obter a condición de profesor ou profesora especialista para impartir a docencia do módulo correspondente.

Terceira.-Recoñecemento das formacións deportivas e prazo para solicitar a homologación, validación e equivalencia das formacións anteriores de adestradores/as deportivos/as, na modalidade de balonmán.

1. O procedemento de recoñecemento das formacións anteriores de adestradores deportivos, na modalidade de balonmán efectuarase, en canto á solicitude e documentación, prazos de emenda, prácticas de dilixencias e trámite de audiencia, conforme o previsto na Orde do 30 de xullo de 1999.

2. A instrución do procedemento corresponde á Dirección Xeral de Infraestruturas Deportivas, do Consello Superior de Deportes, tal e como establece o Real decreto 361/2004.

3. As solicitudes de homologación, validación e equivalencia para os efectos profesionais das formacións de adestradores/as deportivos/as, na modalidade de balonmán, poderán ser formuladas individualmente polas persoas interesadas, dentro dun prazo de 10 anos, contado a partir do 18 de xullo de 2006, data na que se publicou no BOE a Resolución do 3 de xullo de 2006, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se fan públicos os criterios aprobados pola comisión creada pola Orde do 8 de novembro de 1999, para as propostas de homologación, validación e equivalencia das formacións anteriores de atletismo, baloncesto e balonmán.

Disposición transitoria

Primeira.-Habilitación especial ao profesorado para impartir docencia.

1. No caso de acreditar experiencia docente previa, haberá que aterse ao que se establece no Real decreto 118/2004, do 23 de xaneiro, polo que se regula o título de especialización didáctica.

2. Ata que se realicen os cursos de especialización didáctica a que se refire o artigo 27 do Real decreto 234/2007, sen prexuízo do expresado no punto anterior, a consellería competente en materia de educación, no ámbito das súas competencias e para impartir as ensinanzas dos/as técnicos deportivos de balonmán:

a) Habilitará temporalmente a quen reúna os requisitos de titulación e para quen se determina a equivalencia para os efectos de docencia no anexo V.

b) Poderá habilitar temporalmente para impartir determinados módulos do bloque específico ou a titorización da formación práctica a quen estea en posesión do diploma ou certificado de máximo nivel federativo de balonmán, que fose recoñecido polo Consello Superior de Deportes, conforme o previsto no artigo 42 do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, logo de acreditación pola persoa interesada de que posúe formación ou experiencia docente na materia.

Segunda.-Extinción do período transitorio.

De acordo co establecido no punto 2 da disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, para a modalidade de balonmán, a extinción do período transitorio a que se refire a Orde ECD/3310/2002, do 16 de decembro, que regula os aspectos curriculares e os requisitos xerais das formacións en materia deportiva, iniciarase no ámbito territorial de competencias da comunidade autónoma, segundo o que estableza a norma de aprobación do correspondente currículo.

O Real decreto 361/2004, do 5 de marzo, fixou a extinción do período transitorio dentro dos dous anos seguintes á súa entrada en vigor.

A extinción do período transitorio realizarase, a partir do seu inicio, curso por curso, de forma que os que iniciasen formacións conforme o disposto na citada Orde ECD/3310/2002, do 16 de decembro, poidan completala nos seus tres niveis previstos.

Unha vez extinguido na súa totalidade o período transitorio, os que non completasen a formación soamente poderán facelo a través da súa incorporación ás ensinanzas deportivas de réxime especial que se regulan neste decreto, unha vez resoltos os expedientes de correspondencia formativa conforme o disposto na Orde ECD/3310/2002, do 16 de decembro.

Disposición derrogatoria

Única.-Derrogación normativa.

Quedan derrogadas todas aquelas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ou contradigan o disposto neste decreto.

Disposición derradeira

Primeira.-Autorízase a consellería competente en materia de educación para ditar as disposición que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

Segunda.-Entrada en vigor.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de xaneiro de dous mil nove.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Títulos oficiais e duración das ensinanzas que conducen

aos títulos de grao medio e grao superior de técnicos deportivos en balonmán

1. Títulos de grao medio.

Técnico deportivo en balonmán.

2. Títulos de grao superior.

Técnico deportivo superior en balonmán.

3. Duración total das ensinanzas.

3.1. Grao medio.

Técnico deportivo en balonmán.

Horas

1º Nivel 430

2º Nivel 590

Total 1.020

3.2. Grao superior.

Técnico deportivo superior en balonmán.

Horas

Total 750

Ver referencia pdf "05100D002P021.PDF"

ANEXO II

Probas de carácter específico e requisitos deportivos para

o acceso ás ensinanzas de técnicos deportivos en balonmán

Probas de carácter específico de acceso ás ensinanzas

1. Obxectivo e características xerais das probas.

1.1. As probas de acceso ás ensinanzas de técnicos en balonmán teñen por obxectivo que os/as aspirantes demostren que posúen a condición física imprescindible e as destrezas específicas necesarias para seguir con aproveitamento as ensinanzas elixidas.

1.2. As probas estarán compostas de dúas partes. O obxectivo da primeira parte da proba é avaliar a condición física do aspirante e estará composta polos exercicios que se establecen no punto 4 deste anexo. A segunda parte da proba terá como obxectivo avaliar as destrezas específicas fundamentais do balonmán e estará composta polos exercicios que se establecen no punto 5 deste anexo.

1.3. Os/as aspirantes actuarán individualmente e na orde que se estableza mediante sorteo público.

2. Avaliación das probas.

2.1. Os/as avaliadores/as do tribunal de acceso valorarán de forma privada e independente a execución dos aspirantes.

2.2. Cada exercicio será valorado tendo en conta exclusivamente o obxectivo proposto para el.

2.3. Nas probas de acceso só se concederá a cualificación de apto/a ou non apto/a. Para alcanzar a cualificación de apto/a os/as aspirantes deberán superar cada unha das dúas partes que compoñen as probas, de acordo co que se establece nos puntos 4.3 e 5.3 deste anexo.

3. O tribunal.

3.1. O tribunal das probas terá como función verificalas conforme ao especificado neste anexo. Este tribunal será designado, segundo o caso, polo órgano competente da comunidade autónoma, logo da consulta ao centro que organiza as probas.

3.2. O tribunal estará composto por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a e tres avaliadores/as.

3.3. A función do/a presidente/a do tribunal será garantir o correcto desenvolvemento das probas de acceso e dos exercicios que a compoñen e comprobar que os obxectivos, contidos e a avaliación dos exercicios que compoñen as probas se ateñen ao establecido neste decreto.

3.4. A función do/a secretario/a é levantar a acta do desenvolvemento das probas e certificar que o desenvolvemento se atén ao establecido neste decreto. Tamén realizará as funcións do/a presidente/a na súa ausencia.

3.5. Os/as avaliadores/as nas probas de acceso deberán estar en posesión do título de técnico deportivo superior en balonmán ou equivalente para efectos de docencia, e realizarán a avaliación das probas en razón dos criterios establecidos neste decreto.

Na designación das persoas integrantes do tribunal atenderase ao principio de paridade, procurando unha representación equilibrada de homes e mulleres, segundo o previsto na lei 7/2004, para a igualdade de mulleres e homes na Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

4. Primeira parte da proba de acceso: circuíto técnico.

4.1.Obxectivo: avaliar no aspirante as destrezas motrices específicas dos xestos técnicos básicos do balonmán.

4.2. Contido: o/a aspirante deberá realizar, sobre un campo de balonmán, un percorrido cuxo trazado establecerá o tribunal, nun tempo igualmente sinalado por este, e que estará composto polas seguintes tarefas:

a) Correr sen balón, en zigzag, entre seis obstáculos (bandeirolas ou postes).

b) Lanzar e recibir cinco veces o balón, a unha referencia situada a uns tres metros de distancia (parede, panel...).

c) Correr en zigzag entre seis obstáculos (bandeirolas ou postes), botando o balón.

d) Pasar o balón a un/unha compañeiro/a, efectuar un desmarque por detrás dun obstáculo (bandeirola ou poste) e recibir de novo o balón.

e) Correr botando o balón e efectuar un lanzamento a porta entre as liñas de golpe franco e portaría.

f) Desde un lugar determinado, realizar desprazamentos defensivos específicos de balonmán (basculación) cara á dereita, cara á esquerda, cara a adiante, cara a atrás, para tocar as referencias (conos, postes, bandeirolas...) situadas a tres metros do punto de partida.

g) Percorrer en liña recta sobre unha distancia de 20 metros.

4.3 Avaliación:

a) Os/as participantes terán unha soa oportunidade para realizar o percorrido e actuarán de forma individual.

b) Considerarase superada a primeira parte das probas cando o/a aspirante complete o percorrido técnico no tempo establecido polo tribunal e sen cometer ningunha das seguintes faltas:

-Primeira tarefa. Derribar máis de dúas referencias.

-Segunda tarefa. Perder o control do balón.

-Terceira tarefa. Derribar máis dunha referencia ou perder o balón.

-Cuarta tarefa. Perder o balón máis dunha vez.

-Quinta tarefa. Perder o balón máis dunha vez, cometer algunha falta técnica (dobres, pasos, pisar a área etc.) ou fallar o tiro a porta.

-Sexta tarefa. Derribar máis dunha referencia.

5. Segunda parte da proba de acceso: coñecemento e comprensión do xogo.

5.1 Obxectivo. Avaliar o grao de coñecemento e comprensión do xogo.

5.2. Contido. A persoa aspirante deberá xogar un partido de balonmán, durante 10 minutos, con catro xogadores/as de campo e un/unha porteiro/a en cada equipo, participando nunha situación simulada de xogo «4 contra 4» e aplicando as súas habilidades técnicas e seu coñecemento e capacidade de comprensión dos principios e fundamentos do xogo do balonmán.

5.3 Avaliación:

a) Non se terá en conta a actuación dos/das porteiros/as.

b) Os/as participantes nas probas de acceso terán unha soa oportunidade para efectuar cada exercicio e o tribunal avaliará:

-A aplicación das súas habilidades técnicas ao xogo.

-O coñecemento e comprensión dos principios fundamentais do xogo do balonmán.

c) Cada avaliador/a asignará a nota que proceda. Para a avaliación terá en conta as condutas ou actuacións do aspirante expresadas na escala descritiva de condutas que figuran na táboa nº 1, aplicando o baremo de frecuencia expresado na táboa nº 2.

Táboa nº 1

Escala descritiva de condutas

Condutas:

-Participa activamente no xogo.

-Utiliza estratexias de cooperación e de oposición durante o xogo.

-Pasa e recibe o balón, progresando cara á portaría contraria.

-Desmárcase e apoia o/a xogador/a co balón en diferentes espazos.

-Oponse activamente ás accións dos atacantes.

-Mostra actitudes positivas para defender e recuperar o balón.

Ver referencia pdf "05100D002P021.PDF"

Capacidades profesionais

-Familiarizar o alumnado cos elementos fundamentais do balonmán e facilitar a comprensión do xogo.

-Realizar o ensino do balonmán, seguindo os obxectivos, os contidos, as orientacións metodolóxicas e de avaliación, en función da programación xeral da actividade.

-Desenvolver no alumnado as habilidades técnicas e tácticas básicas do balonmán, dentro do contexto do xogo, utilizando os equipamentos, materiais e medios didácticos apropiados.

-Avaliar ao seu nivel a progresión da aprendizaxe, identificar os erros de execución técnica e táctica dos/as deportistas, as súas causas e aplicar os métodos e medios necesarios para a súa corrección, preparándoos para as fases posteriores de tecnificación deportiva.

-Ensinar a utilización das instalacións específicas dos campos de balonmán.

-Realizar as xestións organizativas necesarias para a participación nas competicións.

-Dirixir a participación en competicións deportivas do seu nivel, dando instrucións de contido técnico e táctico, así como as relacionadas con normas de convivencia e práctica deportiva.

-Informar sobre a vestimenta axeitada para a práctica do balonmán.

-Seleccionar, preparar e supervisar o material de ensino.

-Exercer o control do grupo, cohesionando e dinamizando a actividade.

-Ensinar e facer cumprir as normas básicas do regulamento do balonmán.

-Motivar o alumnado no progreso técnico, táctico e no desenvolvemento físico equilibrado.

-Transmitirlles os/as deportistas as normas, valores e contidos éticos da práctica deportiva.

-Previr as lesións máis frecuentes no balonmán.

-Aplicar, en caso necesario, a asistencia de emerxencia seguindo os protocolos e pautas establecidas.

-Controlar a dispoñibilidade da asistencia sanitaria existente.

-Organizar o traslado das persoas enfermas ou accidentadas, en caso de urxencia, en condicións de seguranza e empregando o sistema máis axeitado á lesión e nivel de gravidade.

-Colaborar cos servizos de asistencia médica da instalación deportiva.

-Mostrar unha actitude de preocupación por unha formación continuada, actualizando os seus coñecementos.

Situación no ámbito deportivo

-Exercerá a súa actividade no ámbito da iniciación deportiva no deporte de base e recreativo.

-Este/a técnico actúa sempre no seo dun organismo público ou privado relacionado coa práctica do balonmán. Os distintos tipos de entidades ou empresas onde poden desenvolver as súas funcións son:

* Escolas e centros de iniciación deportiva.

* Clubs ou asociacións deportivas.

* Federacións deportivas.

* Padroados deportivos.

* Empresas de servizos deportivos.

* Centros escolares (en actividades extraescolares).

Responsabilidade nas situacións de traballo

Este/a técnico actúa baixo a supervisión xeral de técnicos e/ou profesionais de nivel superior ao seu, e requírenselle as responsabilidades seguintes:

-O ensino e o adestramento do balonmán ata a obtención, por parte do/a deportista, dos coñecementos técnicos e tácticos elementais.

-A elección dos obxectivos, medios, métodos e materiais máis axeitados para a realización do ensino.

-A avaliación e control do proceso de ensino deportivo.

-O asesoramento os/as deportistas sobre os aspectos relacionados coa práctica do balonmán.

-O acompañamento e dinamización do/a deportista ou do grupo durante o desenvolvemento da actividade deportiva.

-A seguranza do grupo durante o desenvolvemento da actividade.

-A administración dos primeiros auxilios en caso de accidente ou enfermidade en ausencia de persoal facultativo.

-O cumprimento das instrucións xerais procedentes do responsable da entidade deportiva.

Ensinanzas. Nivel 1

Bloque común

Módulo de bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte

Obxectivos formativos

-Describir as características xerais dos ósos do corpo humano.

-Identificar as articulacións e clasificalas en razón das súas características e a da súa función.

-Interpretar os conceptos básicos da biomecánica relacionados coa actividade física.

-Determinar as características máis significativas dos músculos.

-Identificar as rexións anatómicas do corpo humano relacionando a súa estrutura e a súa función.

-Coñecer a anatomía básica do sistema cardiorrespiratorio e determinar a súa función.

-Determinar os fundamentos do metabolismo enerxético.

-Explicar os fundamentos da nutrición e da hidratación.

-Empregar a terminoloxía básica das ciencias biolóxicas.

Contidos

Bases anatómicas da actividade deportiva

-O tecido óseo. Características e funcións. O óso.

-As articulacións. Características, clasificación e propiedades mecánicas.

-O tecido muscular e tendinoso. Características e funcións dos principais músculos.

* Tipos de músculos.

* Estrutura e función do músculo esquelético.

-As rexións anatómicas.

* Pescozo e tronco. Estruturas musculares e a súa función.

* Columna vertebral. Aspectos fundamentais. Curvaturas. Músculos troncozonais. Equilibrio muscular.

* O membro superior. Función dos grupos musculares. Os ósos. As articulacións e os seus movementos.

* O membro inferior. Función dos grupos musculares. Os ósos. As articulacións e os seus movementos.

Fundamentos biomecánicos da actividade deportiva

-Fundamentos da biomecánica do aparello locomotor.

* Conceptos básicos da biomecánica.

* Introdución á biomecánica do movemento humano.

* Biomecánica do movemento articular.

Bases fisiolóxicas da actividade deportiva

-O aparello respiratorio e a función respiratoria.

* Características anatómicas.

* Mecánica respiratoria.

* Intercambio e transporte de gases.

-O corazón e o aparello circulatorio.

* O corazón. Estrutura e funcionamento.

* Sistema vascular. Estrutura e funcionamento.

* Circulación do sangue.

* Respostas circulatorias ao exercicio.

-O tecido sanguíneo.

* O sangue. Compoñentes e funcións.

-Metabolismo enerxético e principais vías metabólicas.

Fundamentos da nutrición. Dieta equilibrada. A hidratación

Nutrición e hidratación na práctica da actividade física

Criterios de avaliación

-Localizar nun corpo humano os principais ósos, articulacións e grupos musculares e vinculalos á súa función.

-Sinalar a influencia dos principais elementos osteomusculares na postura ergueita do corpo humano.

-Describir o funcionamento do sistema cardiovascular e do sistema respiratorio e vinculalos ao transporte e intercambio dos gases.

-Definir o papel do sangue no transporte e intercambio dos gases.

-Definir as principais vías metabólicas de produción de enerxía durante o exercicio.

-Definir conceptos fundamentais de biomecánica e a súa aplicación práctica.

-Describir os diferentes grupos musculares e os principais movementos nos que se atopan implicados.

-Explicar os compoñentes fundamentais da dieta equilibrada e a demanda como consecuencia do exercicio físico.

Módulo de bases psicopedagóxicas do ensino

e do adestramento I

Obxectivos formativos

-Describir as principais características psicolóxicas nas distintas etapas do desenvolvemento e a súa influencia na iniciación deportiva.

-Aplicar as técnicas básicas para a motivación dos/as deportistas mozos/as.

-Identificar os factores que interveñen no proceso de adquisición das accións técnico-tácticas deportivas.

-Determinar o papel que xoga o/a técnico deportivo na adquisición de destrezas e habilidades deportivas.

-Aplicar os métodos e sistemas de ensino das habilidades deportivas.

-Empregar a terminoloxía básica da didáctica.

-Organizar o proceso de iniciación dun/dunha deportista ou grupo deles/as aplicando diferentes técnicas e recursos metodolóxicos en función das súas características e da modalidade.

Contidos

-Características psicolóxicas dos/as deportistas en función do seu grupo de idade e a súa repercusión na aprendizaxe.

-A motivación dos/as deportistas novos/as: conceptos básicos.

-Intervencións psicolóxicas do/da técnico deportivo.

-Aprendizaxe do acto motor.

-Estilos de ensino-aprendizaxe e métodos de traballo na adquisición das habilidades deportivas.

-Avaliación do ensino-aprendizaxe da actividade física.

Criterios de avaliación

-Definir as características físicas e psicolóxicas dos/as deportistas en función da súa idade así como a súa influencia na práctica de actividades deportivas.

-Definir os principios da aprendizaxe motora e as súas implicacións para o ensino de actividades físico-deportivas.

-Aplicar métodos de traballo para o desenvolvemento e mellora das habilidades deportivas.

-Enunciar os elementos que compoñen o proceso da comunicación e a súa aplicación ao ensino deportivo.

-Expoñer o proceso do desenvolvemento psicomotor e do crecemento físico na idade escolar e a adolescencia e a súa influencia na aprendizaxe de habilidades deportivas.

-Enunciar os principios da aprendizaxe e a súa influencia no ensino de actividades físico-deportivas.

-Expoñer os factores que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe do deporte.

-Enunciar e caracterizar os tipos de avaliación do ensino-aprendizaxe do deporte.

-Aplicar os aspectos fundamentais para avaliar a aprendizaxe do acto motor.

Módulo de adestramento deportivo I

Obxectivos formativos

-Identificar os aspectos básicos do adestramento deportivo.

-Coñecer as capacidades físicas condicionais, a súa evolución e o seu desenvolvemento en función da idade.

-Coñecer as capacidades perceptivo-motrices e o seu desenvolvemento en función da idade.

-Aplicar os métodos e medios básicos para o desenvolvemento das capacidades físicas e perceptivo-motrices en función da idade.

-Aplicar correctamente os conceptos básicos á execución das diferentes partes dunha sesión.

-Empregar a terminoloxía básica da teoría do adestramento deportivo.

Contidos

-A teoría básica do adestramento deportivo. Conceptos e definicións.

* A adaptación.

* A carga e a recuperación.

-A condición física e as capacidades físicas básicas.

-As capacidades físicas condicionais. As etapas sensibles para o seu desenvolvemento. Os conceptos e adaptación do adestramento en función das diferentes idades.

-Os métodos de traballo para o desenvolvemento das capacidades físicas condicionais en función da idade.

-As capacidades perceptivo-motrices. As etapas sensibles para o seu desenvolvemento. Os conceptos e adaptación do adestramento en función das diferentes idades.

-Os métodos de traballo para o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices.

-A sesión e as súas partes.

* O quecemento, a parte principal e a volta á calma.

* As actividades e os exercicios. A súa aplicación.

-O exercicio físico e a saúde.

Criterios de avaliación

-Identificar os elementos básicos que compoñen o adestramento deportivo.

-Determinar as capacidades físicas condicionais e as capacidades perceptivo-motrices establecendo as etapas sensibles para o seu desenvolvemento.

-Efectuar unha sesión para o desenvolvemento e mellora das capacidades físicas condicionais para un grupo de deportistas dunha idade determinada.

-Efectuar unha sesión para desenvolvemento e mellora das capacidades perceptivo-motrices para un grupo de deportistas dunha idade determinada.

-Xustificar a elección dos exercicios para o desenvolvemento dunha determinada capacidade física.

-Identificar os erros máis frecuentes na realización dos exercicios tipo para o desenvolvemento das capacidades físicas e perceptivo-motrices.

-Elixir o equipamento e material tipo para o desenvolvemento das capacidades físicas condicionais e perceptivo-motrices.

Módulo de organización e lexislación do deporte I

Obxectivos formativos

-Coñecer a estrutura administrativa para o deporte na Comunidade Autónoma de Galicia e a súa relación coa Administración xeral do Estado.

-Diferenciar entre as competencias administrativas que no ámbito do deporte corresponden á Administración autonómica das que, no mesmo ámbito, son propias das entidades locais.

-Diferenciar as vías de formación dos/das técnicos do deporte en España.

Contidos

-A comunidade autónoma e a Administración xeral do Estado:

* A estrutura administrativa para o deporte na comunidade autónoma e na Administración xeral do Estado.

* Competencias no ámbito do deporte na comunidade autónoma.

-As entidades locais:

* A estrutura administrativa para o deporte.

* Competencias no ámbito do deporte.

-O modelo asociativo no ámbito autonómico:

* Os clubs deportivos.

* As federacións deportivas.

* Outras figuras asociativas de ámbito autonómico.

Criterios de avaliación

-Situar as competencias da Administración deportiva da Comunidade Autónoma de Galicia no marco das correspondentes á Administración xeral do Estado.

-Comparar as competencias, en materia de deporte, da Administración autonómica galega coas propias das entidades locais.

-Comparar as funcións das asociacións deportivas recoñecidas no ámbito autonómico.

-Describir a estrutura da formación dos técnicos deportivos.

Módulo de fundamentos sociolóxicos do deporte

Obxectivos formativos

-Identificar os valores transmisibles a través do deporte.

-Identificar os medios e métodos máis axeitados na transmisión de normas e valores.

-Caracterizar os modelos de intervención do técnico deportivo na transmisión dos valores a través do deporte.

-Concienciar sobre a responsabilidade do técnico deportivo na transmisión de valores.

Contidos

-Valores do deporte. Diferentes concepcións.

-Os valores transmisibles a través da práctica deportiva.

-Actuacións do técnico deportivo no proceso de transmisión de valores.

Criterios de avaliación

-Comparar as distintas concepcións sobre o deporte e identificar valores transmisibles a través deste.

-Identificar as actuacións do técnico deportivo no proceso de transmisión de valores.

-Empregar correctamente as técnicas útiles na transmisión dos valores na elaboración dunha sesión.

Módulo de primeiros auxilios e hixiene no deporte

Obxectivos formativos

-Coñecer a lexislación que limita a intervención do técnico deportivo en materia de primeiros auxilios.

-Identificar as lesións e feridas e avaliar a súa gravidade.

-Aplicar os métodos e as técnicas dos primeiros auxilios.

-Aplicar os protocolos de avaliación de lesionados e feridos.

-Coñecer os efectos sobre o organismo humano por inxestión de produtos nocivos (drogodependencia, etc.).

-Identificar os factores que inducen ao tabaquismo e ao alcoholismo e definir os efectos que producen estas dependencias sobre o organismo dos/as deportistas novos/as.

-Explicar os principios xerais da hixiene no deporte.

-Describir as técnicas recuperadoras despois do exercicio físico.

Contidos

Primeiros auxilios

-Límites normativos da actuación do técnico deportivo en materia de primeiros auxilios.

-Introdución aos primeiros auxilios.

-Avaliación do paciente ferido.

-Reanimación cardiopulmonar (R.C.P.).

-Anxina de peito e infarto de miocardio.

-Hemorraxias.

-Feridas.

-Contusións.

-Traumatismos e politraumatismos do aparello locomotor.

-Queimaduras.

-Signos e síntomas do shock.

-Signos e síntomas dos cadros convulsivos.

-Ataque histérico.

-Trastornos producidos polas alteracións térmicas.

-Reaccións alérxicas.

-Alteracións por híper ou hipoglicemia.

-Intervención primaria e evacuación en situacións de emerxencia.

Hixiene

-Hixiene corporal, postural e prevención no deporte.

-Técnicas recuperadoras despois do exercicio físico.

-Principais drogodependencias.

-Tabaquismo.

-Alcoholismo.

Criterios de avaliación

-Explicar e demostrar o procedemento que se debe seguir para a avaliación do estado dun accidentado.

-Efectuar correctamente, durante un tempo prefixado, as técnicas de recuperación cardiorrespiratoria sobre modelos e manequíns.

-Efectuar correctamente as técnicas ante un atragoamento dun paciente consciente e outro inconsciente.

-Realizar técnicas de inmobilización ante fracturas previamente determinadas.

-Executar as manobras de inhibición de hemorraxias.

-Trasladar correctamente a accidentados en razón do estado de gravidade e do tipo de lesión.

-Aplicar as técnicas de recuperación.

-Indicar a actuación que se vai realizar por parte dun/dunha técnico deportivo nun/nunha deportista en coma diabético ou en choque insulínico.

-Explicar a incidencia do tabaquismo, a drogadicción e o consumo de bebidas alcohólicas na saúde do individuo.

-Describir as indicacións e o seguimento que deben realizar os/as deportistas despois dunha sesión de adestramento ou participación en competición, desde o punto de vista da hixiene persoal.

-Aplicar correctamente os principios da educación postural en supostos prácticos.

Bloque específico

Módulo de desenvolvemento profesional I

Obxectivos formativos

-Coñecer a lexislación laboral aplicable ao técnico de primeiro nivel en balonmán.

-Describir os requisitos legais para o exercicio da profesión.

-Especificar as competencias, funcións, tarefas e responsabilidades do técnico de primeiro nivel en balonmán.

-Determinar o sistema básico de organización territorial do balonmán: A Federación Galega de Balonmán.

-Describir a estrutura formativa dos técnicos deportivos de balonmán en España e na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Coñecer a estrutura e o funcionamento dos diferentes clubs en función dos seus obxectivos e características.

-Coñecer a evolución histórica do balonmán en España e en Galicia.

Contidos

-Requisitos laborais, fiscais e réxime de responsabilidades do/da técnico deportivo no exercicio profesional.

-A lexislación aplicable ás relacións laborais.

-As competencias profesionais do técnico de primeiro nivel en balonmán.

-A organización dos/das adestradores/as dentro da Federación Galega de Balonmán.

-Organización e funcións da Federación Galega de Balonmán.

-Clasificación e características dos clubs de balonmán.

-Os plans de formación dos técnicos deportivos de balonmán.

-A historia do balonmán en España e en Galicia.

Criterios de avaliación

-Citar a lexislación laboral aplicable ao exercicio da profesión do técnico de primeiro nivel en balonmán.

-Diferenciar as responsabilidades civís e penais do técnico deportivo no exercicio da súa profesión.

-Analizar as competencias, tarefas e limitacións do técnico de primeiro nivel en balonmán.

-Describir os dereitos, obrigas e responsabilidades de carácter laboral e fiscal que corresponden ao/á técnico de primeiro nivel no exercicio da súa profesión.

-Identificar a estrutura organizativa do balonmán en Galicia, diferenciando as funcións das federacións e as dos clubs deportivos.

-Describir o funcionamento dun club elemental de balonmán.

-Establecer a estrutura formativa oficial dos técnicos deportivos en balonmán en España e na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Coñecer a evolución histórica do balonmán en España.

Módulo de formación técnica e táctica individual

do balonmán I

Obxectivos formativos

-Coñecer as características dos deportes colectivos e os aspectos específicos do balonmán.

-Describir os elementos básicos da técnica e da táctica individual do balonmán.

-Determinar os xestos técnicos básicos do balonmán na etapa de iniciación deportiva.

-Empregar a terminoloxía, nomenclatura e simboloxía elemental da técnica e da táctica do balonmán.

-Demostrar os xestos técnicos fundamentais do balonmán.

Contidos

-Características básicas dos deportes colectivos: o balonmán.

* O esquema elemental do acto motor.

* Os obxectivos do ataque e da defensa.

-As posicións de base.

-Desprazamentos sen balón.

* Relación corpo-espazo.

* Adecuación ao espazo de xogo.

* Desprazamentos específicos.

-Manexo e adaptación de balón.

-Desprazamentos con balón.

* A progresión con bote.

* O ciclo de pasos.

-Os pases e as recepcións.

-Os lanzamentos.

* Os elementos básicos para lanzar potente e preciso.

* Os aspectos tácticos elementais do lanzamento.

-O ataque.

* Obxectivos e intencións tácticas básicas.

* Formas de superar o adversario ou adversaria: o desmarque e a finta.

-A defensa.

* Obxectivos e intencións tácticas básicas.

* A marcaxe, as interceptacións e as axudas.

-O/a porteiro/a.

* A posición de base.

* Os desprazamentos.

* Técnica básica das diferentes paradas.

-A terminoloxía, a nomenclatura e a simboloxía.

Criterios de avaliación

-Explicar as características xerais dos deportes colectivos e do balonmán.

-Coñecer e describir as accións fundamentais do balonmán.

-Explicar as accións técnico-tácticas individuais do balonmán.

-Explicar as posicións e desprazamentos fundamentais dos/das xogadores/as en función da situación no campo de xogo.

-Determinar exercicios prácticos aplicables á aprendizaxe dos xestos técnicos básicos do balonmán en función dos diferentes condicionantes de execución.

-Detectar os erros de execución, coordinación ou sincinesias máis frecuentes nun xesto técnico e propoñer exercicios para a súa corrección.

-Deseñar e secuenciar correctamente diferentes progresións para a aprendizaxe dos diferentes xestos técnicos.

-Empregar correctamente a terminoloxía, nomenclatura e simboloxía do balonmán á hora de deseñar exercicios.

Módulo de xogo colectivo ofensivo e defensivo I

Obxectivos formativos

-Coñecer os conceptos xerais do xogo colectivo ofensivo e defensivo.

-Coñecer os medios tácticos ofensivos e defensivos.

-Analizar as exixencias do xogo colectivo ofensivo e defensivo identificando os factores do ensino, mellora e adestramento de cada medio ou procedemento táctico.

Contidos

Xogo colectivo ofensivo I

-Concepto de táctica colectiva ofensiva e factores determinantes.

-Capacidades básicas para o desenvolvemento do xogo colectivo ofensivo.

-Principios xerais do xogo ofensivo.

-Consideracións técnico-tácticas.

-A organización do equipo en ataque.

-Metodoloxía específica na aprendizaxe e adestramento das fases de xogo.

-Os medios tácticos simples:

* As circulacións de balón.

* As circulacións de xogadores/as.

-Os medios básicos tácticos colectivos coordinados:

* O pase e vai.

* As penetracións sucesivas.

* Os cruzamentos.

* Os bloqueos.

-O ataque ante as defensas individuais.

Xogo colectivo defensivo I

-Concepto de táctica colectiva defensiva: factores determinantes.

-Capacidades básicas: o desenvolvemento do xogo colectivo defensivo.

-Principios xerais do xogo defensivo.

-Os medios de intervención individuais fundamentais para o control do adversario.

-Consideracións técnico-tácticas.

-A organización do equipo en defensa.

-Metodoloxía específica na aprendizaxe e adestramento das fases de xogo.

-Obxectivos xerais, principios de organización e desenvolvemento do sistema defensivo.

-Concepto e características xerais dos medios básicos do xogo en defensa.

-Os medios tácticos preventivos:

* A basculación.

* A cobertura.

-Os medios básicos tácticos reactivos:

* A axuda.

* A dobraxe.

* A defensa do pase e vai.

* O cambio de opoñente.

* O deslizamento.

* O contrabloqueo.

-As defensas individuais.

Criterios de avaliación

-Coñecer os conceptos e obxectivos dos elementos técnico-tácticos ofensivos e defensivos.

-Demostrar a forma de execución dos diferentes medios técnico-tácticos ofensivos e defensivos.

-Indicar as dificultades e os erros de execución máis frecuentes, as súas causas e o xeito de evitalos ou corrixilos nas diferentes situacións técnico-tácticas.

-Aplicar a organización básica ofensiva e defensiva nunha situación real de xogo.

Módulo de metodoloxía do ensino e do adestramento

do balonmán I

Obxectivos formativos

-Comprender as características do xogo e as súas implicacións metodolóxicas.

-Empregar os métodos e estilos de ensino en función dos obxectivos e contidos, adecuándoos ás distintas idades do alumnado.

-Coñecer e aplicar os principios básicos da didáctica ao proceso de ensino-aprendizaxe do balonmán.

-Empregar unha progresión metodolóxica no ensino dos diferentes contidos técnicos e tácticos do balonmán.

-Determinar os contidos técnicos e tácticos da etapa de iniciación ao balonmán.

-Caracterizar os diferentes métodos e estilos de ensino aplicables na fase de iniciación.

-Coñecer os medios e instrumentos básicos de avaliación.

-Dominar os fundamentos para o deseño e desenvolvemento da programación na etapa de iniciación ao balonmán.

Contidos

-Os fundamentos didácticos.

* A natureza do proceso de ensino-aprendizaxe.

* A aprendizaxe motora.

* A progresión metodolóxica das habilidades motoras no balonmán.

-Descrición e análise do xogo do balonmán desde unha perspectiva metodolóxica.

* As características do xogo.

* Os compoñentes estruturais e funcionais.

* O ciclo do xogo: ataque e defensa.

-Estruturación do proceso de ensinanza-aprendizaxe en balonmán.

-As etapas no ensino e adestramento dos/das xogadores/as de balonmán: progresión metodolóxica.

-Características xerais da etapa de iniciación.

* Os principios metodolóxicos.

* O modelo de intervención e tendencias metodolóxicas.

* As fases da iniciación no balonmán.

* As formas de intervención.

* Os métodos e medios didácticos específicos da etapa de iniciación.

-Os fundamentos para o deseño e desenvolvemento da programación na etapa de iniciación ao balonmán.

* Concepto de programación.

* Deseño dunha programación básica para a etapa de iniciación.

* Deseño de actividades de ensino e aprendizaxe.

* A sesión de adestramento.

* Técnicas básicas de avaliación da programación.

-A aprendizaxe no balonmán.

* A aprendizaxe con nenos e nenas e nas primeiras etapas.

* Condicións e factores que inflúen na aprendizaxe.

* O minibalonmán.

* Mecanismos de avaliación da aprendizaxe.

Criterios de avaliación

-Elaborar progresións metodolóxicas e programas de aprendizaxe para a iniciación ao balonmán.

-Utilizar os diferentes medios e recursos que se poden aplicar para dar soporte ao proceso de ensino-aprendizaxe do balonmán: demostracións, medios audiovisuais, axudas, etc.

-Adoptar a situación correcta e a actitude idónea respecto a un grupo que permita unha boa comunicación, control e motivación.

-Informar os/as xogadores/as de forma clara e precisa sobre os obxectivos e contidos da sesión, así como sobre os seus progresos e erros.

-Indicar os parámetros que se deben ter en conta para avaliar o desenvolvemento da sesión de ensino do balonmán.

-Deseñar e secuenciar correctamente sesións para a aprendizaxe dos diferentes xestos técnicos.

-Seleccionar e xustificar unha secuencia de actividades en virtude dun programa de aprendizaxe do balonmán.

Módulo de regras de xogo I

Obxectivos formativos

-Coñecer as características regulamentarias dos elementos que interveñen no desenvolvemento do xogo do balonmán.

-Ensinar as normas básicas do regulamento do balonmán.

-Determinar as adaptacións regulamentarias nas diferentes etapas de iniciación.

Contidos

-Regras de referencias espaciais e temporais.

-Regras referidas ao móbil e o seu uso no xogo.

-Regras referidas ao comportamento do/a xogador/a no campo.

-Regras referidas ao/á árbitro/a, cronometrador/a e anotador/a.

-O proceso de aprendizaxe das regras básicas nos novos/as xogadores/as:

-Adaptación das regras á etapa de desenvolvemento motor concreto.

-A educación e o respecto: xogo limpo.

-O minibalonmán.

Criterios de avaliación

-Interpretar os xestos e as indicacións do/da árbitro/a, explicando as súas actuacións en función da aplicación das normas de xogo.

-Aplicar e xustificar as regras do xogo ao desenvolvemento dun partido de balonmán.

-Actuar de árbitro/a nun partido de balonmán, aplicando correctamente o regulamento.

-Indicar as posibles modificacións do regulamento de balonmán ou minibalonmán para competicións non oficiais de carácter local, de club ou escolares, para facer máis atractivas e motivantes as probas.

Módulo de técnicas de organización de actividades

de balonmán

Obxectivos formativos

-Caracterizar as organizacións dedicadas á práctica do balonmán.

-Definir a organización dun club elemental de balonmán.

-Determinar as actividades de promoción deportiva que pode desenvolver o/a técnico de primeiro nivel en balonmán.

Contidos

-Clasificación e características das organizacións dedicadas á práctica do balonmán.

-Estruturación dun club elemental de balonmán.

-Actividades de organización e promoción deportiva.

-Elaboración de proxectos básicos.

Criterios de avaliación

-Elaborar o deseño dunha organización básica de promoción do balonmán.

-Realizar un proxecto básico dunha actividade de promoción do balonmán.

Bloque complementario

Módulo de deporte adaptado

Obxectivos formativos

-Coñecer de forma xeral a historia e a organización do deporte adaptado.

-Identificar diferentes discapacidades e minusvalías.

-Recoñecer as estruturas básicas organizativas do deporte adaptado e as súas modalidades.

-Detectar as dificultades de aprendizaxe no deporte adaptado nas persoas con minusvalía.

-Comprender os aspectos básicos do regulamento do deporte adaptado e as súas diferenzas máis notables respecto ao regulamento convencional.

-Coñecer os fundamentos técnico-tácticos do deporte adaptado.

Contidos

-A historia e a estrutura básica organizativa do deporte adaptado.

-Características, terminoloxía e clasificación taxonómica das distintas discapacidades e minusvalías.

-Procedementos para a detección das dificultades de aprendizaxe no deporte adaptado.

-Regras básicas do xogo e as súas consideracións para a iniciación.

-Fundamentos técnico-tácticos do deporte adaptado.

Criterios de avaliación

-Coñecer a historia e a estrutura organizativa do deporte adaptado.

-Describir as características dos diferentes grupos de discapacidades e minusvalías.

-Identificar as dificultades de aprendizaxe nas persoas con discapacidade ou minusvalía.

-Diferenciar os aspectos do xogo adaptado delimitados polas regras e a súa influencia na iniciación deportiva.

-Apreciar as diferenzas técnico-tácticas básicas con respecto a deportistas sen discapacidade, na fase de iniciación deportiva.

Bloque de formación práctica

Obxectivos

O bloque de formación práctica do primeiro nivel do técnico deportivo en balonmán ten como finalidade, ademais das indicadas no artigo 6 deste decreto, que o alumnado desenvolva de forma práctica as competencias adquiridas durante o período de formación, aplicando en situacións reais os coñecementos e habilidades adquiridas na formación teórica e práctica, e obteñan a experiencia necesaria para realizar con eficacia a iniciación ao balonmán, conducir e acompañar ao equipo durante a súa práctica deportiva e garantir a seguranza dos/as deportistas.

Desenvolvemento

A formación práctica do primeiro nivel do técnico deportivo en balonmán consistirá na asistencia continuada, durante un período de tempo previamente fixado, a sesións de iniciación ao balonmán, baixo a supervisión dun/dunha titor/a asignado/a e con equipos ou grupos designados para tal efecto. Este período deberá conter no seu desenvolvemento sesións de iniciación ao balonmán (entre o 50 e o 60 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica), sesións destinadas á dirección dun equipo de balonmán (entre o 15 e o 25 por cento do tempo), e sesións de promoción do deporte de base (entre o 20 e o 40 por cento do tempo total).

O bloque de formación práctica constará de tres fases: fase de observación, fase de colaboración e fase de actuación supervisada.

Ao termo das tres fases, o alumnado realizará unha memoria de prácticas que deberá ser avaliada polo/a titor/a e polo centro de formación onde realizase a súa formación.

Avaliación

No bloque de formación práctica só se concederá a cualificación de apto/a ou non apto/a. Para alcanzar a cualificación de apto/a o alumnado terá que:

-Asistir como mínimo ao 80 por cento das horas establecidas para cada unha das fases.

-Participar de forma activa nas sesións de traballo.

-Alcanzar os obxectivos formativos en cada unha das sesións.

-Utilizar unha linguaxe clara e unha correcta terminoloxía específica.

-Presentar correctamente a memoria de prácticas.

-Estruturar a memoria de prácticas polo menos nos puntos seguintes:

* Descrición da estrutura e funcionamento do centro, das instalacións e os espazos das prácticas e do grupo ou grupos cos que realizase o período de prácticas.

* Desenvolvemento das prácticas: fichas de seguimento das prácticas de cada sesión agrupadas por fases.

* Informe de autoavaliación das prácticas.

* Informe de avaliación do titor ou titora.

Perfís profesionales: nivel 2

Definición xenérica do perfil profesional

O título de técnico deportivo en balonmán acredita que o seu titular posúe as competencias necesarias para programar e efectuar o ensino do balonmán de cara ao perfeccionamento da execución técnica e táctica do/a deportista, así como efectuar o adestramento de deportistas e equipos de categorías intermedias desta modalidade deportiva.

Ver referencia pdf "05100D002P021.PDF"

Capacidades profesionais

Este técnico debe ser capaz de:

-Programar o ensino do balonmán e a avaliación do proceso de ensino aprendizaxe.

-Realizar o ensino do balonmán de cara ao perfeccionamento técnico e táctico do/a deportista.

-Avaliar a progresión da aprendizaxe.

-Identificar os erros de execución técnica e táctica dos xogadores e xogadoras de balonmán, detectar as causas e aplicar os medios e os métodos necesarios para a súa corrección, preparándoos para as fases posteriores de tecnificación deportiva.

-Efectuar a programación específica e a programación operativa do adestramento a curto e medio prazo.

-Dirixir as sesións de adestramento, en razón dos obxectivos deportivos, garantindo as condicións de seguranza.

-Dirixir ao seu nivel o acondicionamento físico de xogadores/as de balonmán en función do rendemento deportivo.

-Dirixir equipos ou deportistas en competicións de balonmán, facendo cumprir o regulamento das competicións.

-Realizar a formulación táctica aplicable á competición deportiva.

-Dirixir a deportistas ou equipos na súa actuación técnica e táctica durante a competición.

-Organizar actividades relacionadas coa práctica do balonmán.

-Avaliar a actuación do/a deportista ou o equipo despois da competición.

-Controlar a dispoñibilidade da asistencia sanitaria existente nos campos de xogo.

-Colaborar na detección de individuos con características físicas e psíquicas susceptibles de introducirse en procesos de alto rendemento deportivo.

-Establecer o plan de actuacións para o desenvolvemento das actividades de balonmán co fin de alcanzar o obxectivo deportivo proposto, garantindo as condicións de seguranza, en razón da condición física e os intereses dos/das practicantes.

-Detectar e interpretar a información técnica relacionada co seu traballo, co fin de incorporar novas técnicas e tendencias, e utilizar novos equipos e materiais do sector.

-Detectar e interpretar os cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos e sociais que inciden na actividade profesional.

-Posuír unha visión global e integradora do proceso, comprendendo a función das instalacións e equipos, e as dimensións técnicas, pedagóxicas, organizativas, económicas e humanas do seu traballo.

Situación no ámbito deportivo

Este título acredita a adquisición dos coñecementos e das competencias profesionais suficientes para asumir as súas responsabilidades de forma autónoma ou no seo dun organismo público ou empresa privada.

Exercerá a súa actividade no ámbito do ensino e do adestramento do balonmán. Os distintos tipos de entidades ou empresas onde poden desenvolver as súas funcións son:

-Escolas deportivas e núcleos de ensino deportivo de balonmán.

-Clubs de balonmán ou asociacións deportivas.

-Federacións territoriais de balonmán.

-Padroados deportivos.

-Empresas de servizos deportivos.

-Centros escolares (actividades extraescolares).

Responsabilidade nas situacións de traballo

A este/a técnico sonlle requiridas as responsabilidades seguintes:

-O ensino do balonmán ata o perfeccionamento da execución técnica e táctica do/a deportista.

-O adestramento de xogadores e xogadoras e equipos de balonmán.

-O control e avaliación do proceso de instrución deportiva.

-O control ao seu nivel do rendemento deportivo.

-A dirección técnica de xogadores e xogadoras e equipos de balonmán durante a participación en competicións deportivas.

Ensinanzas. Nivel 2

Bloque común

Módulo de bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte II

Obxectivos formativos

-Determinar as características anatómicas dos segmentos corporais e interpretar os seus movementos.

-Explicar a mecánica da contracción muscular.

-Aplicar os fundamentos básicos das leis mecánicas ao coñecemento dos distintos tipos de movemento humano.

-Relacionar as respostas do sistema cardiorrespiratorio co exercicio.

-Interpretar as bases do metabolismo enerxético.

-Describir as bases do funcionamento do sistema nervioso central e a súa implicación no control do acto motor.

-Describir as bases do funcionamento do sistema nervioso autónomo e a súa implicación no control dos sistemas e aparellos do corpo humano.

-Describir as bases do funcionamento do aparello dixestivo e do ril.

Contidos

Bases anatómicas da actividade deportiva

-Ósos, articulacións e músculos e os seus movementos analíticos:

* Cranio e cara.

* Os membros superiores.

* Os membros inferiores.

* O tronco.

-Mecánica e tipos da contracción muscular.

Fundamentos da biomecánica do aparello locomotor

-Introdución á biomecánica deportiva.

-Forzas actuantes no movemento humano.

-Centro de gravidade e equilibrio no corpo humano.

-Introdución á análise cinemática e dinámica do movemento humano.

-Principios biomecánicos do movemento humano.

Bases fisiolóxicas da actividade deportiva

-Conceptos básicos da fisioloxía da actividade física.

-O sistema cardiorrespiratorio e resposta ao exercicio.

-O metabolismo enerxético e a adaptación á actividade física.

-Fisioloxía da contracción muscular.

-As fibras musculares e os procesos enerxéticos.

-O sistema nervioso central.

-O sistema nervioso autónomo.

-Principais hormonas e accións específicas do sistema endócrino.

-O aparello dixestivo e a súa función.

-O ril, a súa función e modificacións polo exercicio.

-Fisioloxía das capacidades físicas.

-A alimentación no deporte.

Criterios de avaliación

-Distinguir as funcións dos músculos nos movementos articulares dos segmentos corporais.

-Determinar o grao e os límites de mobilidade das articulacións do corpo humano.

-Definir a mecánica e identificar os tipos de contracción muscular.

-Identificar as forzas externas ao corpo humano e a súa intervención no movemento deportivo.

-Explicar a influencia dos principais elementos osteomusculares na postura estática e dinámica do corpo humano.

-Identificar as forzas actuantes no movemento humano.

-Amosar a implicación do centro de gravidade no equilibrio no corpo humano.

-Coñecer os principios biomecánicos do movemento humano.

-Explicar a fisioloxía do sistema cardiorrespiratorio deducindo as adaptacións que se producen en cada estrutura como resposta ao exercicio prolongado.

-Construír os esquemas dos centros e vías do sistema nervioso que interveñen no acto motor.

-Explicar as implicacións do sistema nervioso simpático e parasimpático no control das funcións do organismo humano en estado de actividade física.

-Explicar a implicación do sistema hormonal no exercicio máximo e a súa adaptación ao exercicio prolongado.

-Describir as necesidades nutricionais e de hidratación dos/as deportistas en función das necesidades dos diferentes tipos de exercicios.

Módulo de bases psicopedagóxicas da ensinanza

e do adestramento II

Obxectivos formativos

-Determinar os aspectos psicolóxicos máis relevantes que inflúen na aprendizaxe das condutas deportivas.

-Identificar os factores e problemas emocionais ligados ao adestramento e a competición deportiva.

-Identificar os factores perceptivos que interveñen na optimación deportiva.

-Aplicar as estratexias para mellorar o funcionamento psicolóxico dos/as deportistas.

-Avaliar o efecto da toma de decisións no rendemento deportivo.

-Deseñar as condicións da práctica para a mellora das aprendizaxes deportivas.

-Coñecer os aspectos psicolóxicos relacionados coa dirección dos grupos deportivos.

-Coñecer os principios da dinámica de grupos e algunhas das técnicas que se utilizan.

Contidos

-Aspectos psicolóxicos implicados na aprendizaxe de condutas deportivas.

-Necesidades psicolóxicas do deporte de competición.

-Características psicolóxicas do adestramento deportivo.

-Conceptos e estratexias do desenvolvemento da capacidade competitiva a través do adestramento deportivo.

-Aspectos psicolóxicos relacionados co rendemento na competición.

-Conceptos básicos sobre a organización e o funcionamento dos grupos deportivos.

-O proceso de optimación das aprendizaxes deportivas.

-Técnicas básicas para o coñecemento e manexo de grupos.

Criterios de avaliación

-Identificar as principais necesidades psicolóxicas do/a deportista no ámbito do adestramento e a competición.

-Describir as formas de actuación para o control das variables psicolóxicas que poden influír na adherencia ao adestramento.

-Elaborar un exemplo de intervención do/a adestrador/a no proceso utilizando estratexias psicolóxicas que favorezan a adherencia ao adestramento, a aprendizaxe dunha conduta de execución técnica e dunha conduta deportiva.

-Analizar o papel dos procesos perceptivos na optimación deportiva.

-Avaliar o efecto de tomas de decisión no rendemento deportivo.

-Deseñar as condicións de práctica para a mellora das aprendizaxes deportivas.

-Aplicar e interpretar algunha das técnicas de dinámica de grupos.

-Describir a influencia dos factores emocionais sobre o procesamento consciente da información.

Módulo de adestramento deportivo II

Obxectivos formativos

-Aplicar os elementos da programación e control do adestramento.

-Empregar os sistemas e métodos que desenvolven as distintas capacidades físicas e perceptivo-motrices.

-Relacionar a implicación das diferentes vías metabólicas cos sistemas e métodos de adestramento.

-Interpretar os conceptos básicos da preparación das capacidades psíquicas e da conduta.

Contidos

-Teoría do adestramento.

* Orixe e evolución.

* Os principios do adestramento deportivo.

* O rendemento deportivo.

-Programación, xeneralidades, estrutura e variables do adestramento.

-Adestramento xeral e específico.

-Métodos e medios para o desenvolvemento das capacidades físicas condicionais.

-Métodos e medios para o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices.

-A valoración das capacidades físicas condicionais e as capacidades perceptivo-motrices.

-Exixencias metabólicas dos deportes e obxectivos do adestramento.

-Preparación das calidades psíquicas e da conduta.

Criterios de avaliación

-Establecer a programación e periodización do adestramento dunha tempada deportiva en función da idade dos practicantes.

-Establecer unha progresión de exercicios para o desenvolvemento das capacidades físicas e as capacidades perceptivo-motrices, cun grupo de deportistas de características dadas.

-Enumerar os factores que hai que ter en conta para avaliar a correcta execución dunha sesión de desenvolvemento das diferentes capacidades físicas ou perceptivo-motrices.

-Identificar os erros máis frecuentes na realización dos exercicios para o desenvolvemento das capacidades físicas e perceptivo-motrices.

-Describir o equipamento e material tipo para o desenvolvemento da condición física e as capacidades perceptivo-motrices.

-Xustificar a elección do método para o desenvolvemento dunha determinada capacidade física.

-Distinguir as distintas vías metabólicas e a súa adaptación aos distintos tipos de adestramento.

-Describir as características máis significativas do adestramento con maior incidencia nas distintas vías metabólicas.

-Determinar os fundamentos da preparación das calidades psíquicas e da conduta que interfiren no acondicionamento físico de deportistas.

Módulo de organización e lexislación do deporte II

Obxectivos formativos

-Coñecer o ordenamento xurídico do deporte.

-Diferenciar as competencias en materia de deporte correspondentes á Administración xeral do Estado das propias da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Coñecer o modelo asociativo deportivo no ámbito do Estado.

Contidos

-A Lei do deporte no ámbito do Estado.

-A Lei do deporte da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Outras lexislacións de interese deportivo.

-Os organismos deportivos internacionais.

-O Consello Superior de Deportes.

-O Comité Olímpico Español e o Comité Paralímpico Español.

-As federacións deportivas españolas.

-O modelo asociativo de ámbito estatal:

* As agrupacións de clubs.

* Os entes de promoción deportiva.

* As sociedades anónimas deportivas.

* As ligas profesionais.

Criterios de avaliación

-Comparar as competencias da Administración xeral do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia en materia deportiva.

-Distinguir as funcións das figuras asociativas recoñecidas no ámbito estatal.

-Diferenciar a Lei do deporte no ámbito do Estado e a Lei do deporte da Comunidade Autónoma de Galicia.

Módulo de teoría e socioloxía do deporte

Obxectivos formativos

-Coñecer aspectos relevantes da teoría e historia do deporte.

-Identificar os principais factores históricos e culturais que propiciaron a presenza masiva do fenómeno deportivo nas sociedades avanzadas.

-Comprender as características inherentes ao deporte.

-Coñecer o contido ético do deporte e as causas que distorsionan a ética deportiva.

-Identificar o papel do deporte na sociedade actual.

Contidos

-Etimoloxía da palabra deporte.

-Características principais do deporte.

-A evolución histórica do deporte.

-A presenza do deporte na sociedade actual.

-Os factores de expansión do deporte.

-Os compoñentes éticos do deporte.

-A evolución dos hábitos deportivos na sociedade española.

-A interacción do deporte cos outros sectores sociais.

Criterios de avaliación

-Describir e comparar as características do deporte antigo e o contemporáneo.

-Valorar os factores que propiciaron o desenvolvemento do deporte na sociedade.

-Analizar as características principais das diferentes formas de práctica deportiva.

-Identificar as manifestacións materiais e simbólicas do deporte na sociedade contemporánea.

-Concretar os diferentes factores sociais que interveñen na demanda da práctica deportiva.

-Analizar a diversificación da práctica deportiva na sociedade actual.

-Comprender o carácter ético e educativo do deporte.

Bloque específico

Módulo de desenvolvemento profesional II

Obxectivos formativos

-Coñecer a lexislación laboral aplicable aos titulares do título de técnico deportivo en balonmán.

-Especificar as competencias, funcións, tarefas e responsabilidades do técnico deportivo en balonmán.

-Especificar o grao de desenvolvemento das profesións dos técnicos de balonmán en países da Unión Europea e concretar a equivalencia profesional dos técnicos españois cos profesionais destes países.

-Coñecer a organización e funcións da Real Federación Española e da Federación Galega de Balonmán.

-Coñecer a organización e funcións dos centros autorizados para impartir as titulacións deportivas de balonmán.

-Manexar o regulamento xeral, de encontros e competicións e o disciplinario.

-Coñecer os criterios fundamentais de organización de competicións e actividades de balonmán.

Contidos

-Orientación sociolaboral.

-Requisitos laborais e fiscais do/da técnico deportivo.

-As competencias profesionais do/da técnico deportivo en balonmán.

-Organización e funcións da Real Federación Española e da Federación Galega de Balonmán.

-Os estatutos e regulamentos da Real Federación Española e da Federación Galega de Balonmán: disposicións xerais e específicas.

-A organización e dirección de actividades e competicións de balonmán.

-A organización, características e requisitos dos centros autorizados para impartir a titulación deportiva de balonmán.

-As competicións no marco da Unión Europea.

Criterios de avaliación

-Definir as características do mercado laboral do/da técnico deportivo en balonmán.

-Describir as funcións e tarefas propias dos/das técnicos deportivos en balonmán.

-Coñecer os dereitos, obrigas e responsabilidades de carácter laboral e fiscal que corresponden a un/unha técnico deportivo no exercicio da súa profesión.

-Enumerar as competencias e funcións da Real Federación Española e da Federación Galega de Balonmán.

-Enumerar as competencias e funcións dos diferentes centros recoñecidos para impartir as titulacións de balonmán.

-Definir as alternativas laborais dos/das técnicos deportivos en balonmán na Unión Europea.

-Describir a estrutura organizativa e definir os recursos humanos necesarios para a execución dun programa de competición deportiva.

-Utilizar axeitadamente o regulamento xeral, de encontros e competicións e o disciplinario.

Módulo de dirección de equipos I

Obxectivos

-Coñecer e detectar os condicionantes psicolóxicos do xogador ou xogadora de balonmán nos períodos de adestramento e competición.

-Entender o proceso de comunicación adestrador/a-xogador/a e adestrador/a-equipo.

-Empregar os distintos sistemas de comunicación entre o/a adestrador/a e os integrantes do equipo.

-Coñecer e aplicar os métodos para a análise do desenvolvemento do xogo en balonmán.

Contidos

-O adestramento en balonmán.

* Xustificación do adestramento.

* Aspectos psicolóxicos que se terán en conta no adestramento segundo as diferentes idades.

* Fases do adestramento.

-A competición en balonmán.

* Aspectos fundamentais.

* Os resultados da competición.

* As exixencias do balonmán moderno.

* Os conflitos na competición.

* O estrés competitivo.

* Aspectos positivos da competición.

-A comunicación no proceso de adestramento.

* Os sistemas de comunicación adestrador/a-xogadores/as.

* Dificultades e obstáculos na comunicación adestrador/a-equipo.

* A autoridade do/a adestrador/a.

* Actitudes e comportamentos do/a adestrador/a.

-Metodoloxía da observación do xogo en directo e en imaxes gravadas.

Criterios de avaliación

-Definir os condicionantes psicolóxicos do adestramento en balonmán segundo as diferentes idades.

-Discriminar os distintos factores esóxenos e endóxenos que inflúen na competición de balonmán de diferentes categorías.

-Describir os criterios para a observación do xogo durante os partidos.

-Analizar o desenvolvemento do xogo durante un partido de balonmán no que respecta ao comportamento dos/das xogadores/as, a actitude do/a adestrador/a e a relación aparente adestrador/a-xogadores/as.

Módulo de formación técnica e táctica individual

do balonmán II

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos xestos e accións técnicas do balonmán.

-Analizar as exixencias das accións técnico-tácticas individuais.

-Empregar os medios e recursos para o ensino e o adestramento da técnica e a táctica individual no balonmán.

Contidos

-Consideracións xerais da técnica e táctica individual.

O ataque. O xogo ofensivo

-Os desprazamentos específicos sen balón en relación á situación de xogo concreta e ao obxectivo táctico.

-Os desprazamentos con balón.

* Coordinación co ciclo de pasos.

* Combinación con outras accións de xogo.

-Manexo e adaptación do balón: relación co ciclo de pasos e as diferentes accións técnicas.

-Pases: diferentes armados, coordinación co ciclo de pasos e pases con oposición.

-Recepcións: variedade na técnica, relación co ciclo de pasos, co desmarque e recepcións con oposición.

-Bote: coordinación co ciclo de pasos e bote segundo a situación de xogo.

-Os lanzamentos.

* Tipos de lanzamentos.

* Lanzamentos en relación ás accións de xogo e ao ciclo de pasos.

* Adaptación do lanzamento ao posto específico.

-O desmarque, a finta e as fixacións.

A defensa. O xogo defensivo

-As posicións de base.

-Os desprazamentos e as paradas: desprazamentos específicos.

-A marcaxe ao/á xogador/a sen balón:

* A interceptación de balón.

* A disuasión.

-A marcaxe ao/á xogador/a con balón.

* Marcaxe en proximidade e a distancia. Orientación defensiva.

* O control e intervención ante opoñente en proximidade.

* O roubo de balón en bote.

-O bloqueo.

-As axudas previas e posteriores ao erro.

-O/a porteiro/a.

* As accións técnicas.

* Aspectos tácticos individuais.

Criterios de avaliación

-Desenvolver unha progresión metodolóxica para o ensino de contidos técnico-tácticos individuais.

-Indicar os erros máis frecuentes na realización de determinados xestos técnicos e a forma da súa detección, establecendo os exercicios aplicables para a súa corrección.

-Seleccionar e secuenciar os obxectivos e contidos dun programa de adestramento deportivo en balonmán.

-Definir os criterios para avaliar a progresión dos/as alumnos/as na aprendizaxe técnico-táctica.

-Estruturar e planificar o adestramento dos/das xogadores/as e do equipo.

Módulo de xogo colectivo ofensivo e defensivo II

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos medios tácticos ofensivos e defensivos.

-Coñecer diferentes sistemas de xogo ofensivos e defensivos.

-Empregar a sistemática do adestramento técnico-táctico para a práctica do balonmán.

-Analizar as exixencias do xogo colectivo ofensivo e defensivo, identificando os factores do ensino, mellora e adestramento de cada medio ou procedemento táctico ou sistema de xogo.

-Analizar as características das situacións especiais do xogo, do contraataque e do repregamento.

Contidos

Xogo colectivo ofensivo II

-Principios específicos da táctica colectiva ofensiva: o posto específico.

-Concepto xeral, obxectivos e definición das fases do xogo en ataque.

-Os medios tácticos operativos simples: circulación do balón e circulación dos/das xogadores/as. Bases de intervención en función do posto específico e da organización do equipo.

-Os medios tácticos operativos básicos: progresións sucesivas, o pase e vai, o cruzamento, a cortina, a permuta, o bloqueo, a pantalla. Bases de intervención en función do posto específico e da organización do equipo.

-Os medios tácticos operativos complexos.

* As circulacións complexas.

* Os procedementos tácticos.

-Os sistemas de xogo a partir da distribución inicial 1 dentro-5 fóra: o sistema 3:3.

-Os sistemas de xogo a partir da distribución inicial 2 dentro-4 fóra: o sistema 2:4.

-As transformacións básicas nos sistemas de xogo ofensivos.

-As desigualdades numéricas.

-O contraataque.

Xogo colectivo defensivo II

-Principios específicos da táctica colectiva defensiva: o posto específico.

-As fases do xogo en defensa: concepto xeral e definición.

-Obxectivos xerais, principios de organización e desenvolvemento do sistema defensivo.

-Obxectivos e características das formas de xogo en defensa: home a home ou individual, zonal, e mixta ou combinada.

-Concepto de bloque defensivo na interrelación de medios tácticos: a distribución de responsabilidades iniciais e a valoración da situación do balón.

-Os medios tácticos preventivos: a basculación, a cobertura. Bases de intervención en función do posto específico e da organización do equipo.

-Os medios tácticos reactivos: a axuda, a dobraxe, a defensa do pase e vai, o cambio de opoñente, o desligamento, o contrabloqueo. Bases de intervención en función do posto específico e da organización do equipo.

-Os medios tácticos activos de iniciativa defensiva:

* A flotación.

* O ataque ao impar.

* O dous contra un.

-Os medios defensivos derivados da colaboración grupal entre os/as xogadores/as de campo e o/a porteiro/a.

-Os sistemas de xogo a partir de modelos de defensas aplanadas ou pechadas: o sistema defensivo 6:0 tradicional ou en bloque defensivo sen saídas.

-Os sistemas de xogo a partir de defensas avanzadas ou en profundidade:

* O sistema defensivo 5:1 clásico.

* O sistema defensivo 3:2:1.

-As desigualdades numéricas.

-O repregamento defensivo.

Criterios de avaliación

-Coñecer e comprender os conceptos e obxectivos dos elementos técnico-tácticos ofensivos e defensivos.

-Demostrar a forma de execución dos diferentes medios técnico-tácticos ofensivos e defensivos e as súas variables.

-Indicar as dificultades e os erros de execución máis frecuentes, as súas causas e o xeito de evitalos ou corrixilos nas diferentes situacións técnico-tácticas.

-Definir, ante un suposto práctico de dous equipos nun partido de balonmán, o modelo táctico defensivo e de ataque ante situacións con diferentes sistemas de xogo.

-Definir, ante un suposto práctico de dous equipos nun partido de balonmán, diferentes pautas de actuación para o contraataque, o repregamento e as desigualdades numéricas.

Módulo de metodoloxía do ensino e do adestramento

do balonmán II

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento do proceso de ensino-aprendizaxe do balonmán.

-Coñecer os modelos de programación do ensino e do adestramento do balonmán.

-Determinar os contidos técnicos e tácticos que se van aplicar nas etapas de aprendizaxe.

-Identificar os métodos e estilos de ensino máis eficaces para a aprendizaxe da técnica e a táctica do balonmán.

-Aplicar os sistemas de adestramento do balonmán nas diferentes etapas de aprendizaxe.

-Valorar a aplicación de diferentes tipos de balonmán recreativo.

Contidos

-O proceso de ensino e o adestramento do balonmán.

* Mecanismos que interveñen na adquisición das habilidades técnico-tácticas.

* A información e o coñecemento de resultados.

* Optimización do proceso de ensino e adestramento.

-A metodoloxía do ensino da técnica e a táctica do balonmán.

* A importancia dos factores perceptivos e de toma de decisión.

* Os métodos e estilos de ensino e do adestramento da técnica e a táctica.

* As técnicas de reforzo, estimulación e retroalimentación aplicadas ao balonmán.

-Estrutura do proceso de ensinanza-aprendizaxe no balonmán nas etapas de aprendizaxe.

* Características de cada etapa.

* Obxectivos.

* Contidos

* Metodoloxía.

* Criterios de avaliación.

-A detección, selección e formación de talentos deportivos.

-O balonmán recreativo: o balonmán praia.

Criterios de avaliación

-Aprender a programar o proceso do ensino e do adestramento do balonmán nas etapas de aprendizaxe.

-Definir os criterios para establecer os obxectivos de etapas, ciclos e sesións no adestramento do balonmán.

-Planificar e programar o adestramento dun equipo de balonmán durante un período de tempo concreto ou nunha tempada deportiva.

-Definir os sistemas empregados no control do rendemento dos equipos de balonmán.

-Determinar os métodos para a detección, selección e formación de talentos deportivos.

-Coñecer a existencia de diferentes tipos de balonmán recreativo.

Módulo de preparación física específica

Obxectivos formativos

-Coñecer a implicación das capacidades físicas e perceptivo-motrices na execución das habilidades técnico-tácticas do/a xogador/a de balonmán.

-Aplicar os criterios da planificación e programación do acondicionamento físico en equipos de balonmán.

-Desenvolver os sistemas de mellora das capacidades físicas básicas en balonmán.

Contidos

-O desenvolvemento das capacidades físicas básicas de acordo coa estrutura funcional do balonmán.

-Influencia dun nivel óptimo de condición física na eficacia das habilidades motoras en situacións de xogo.

-Análise das capacidades físicas e perceptivo-motrices requiridas no balonmán.

-Os métodos e medios para o desenvolvemento das capacidades físicas básicas implicadas no balonmán.

-O adestramento integrado.

-A evolución das capacidades físicas nas diferentes fases do balonmán.

-O acondicionamento físico como prevención de lesións e desequilibrios.

-O acondicionamento físico e a regulación e control de produción de enerxía no balonmán.

-O desenvolvemento das capacidades físicas mediante exercicios específicos de balonmán.

-A programación, organización e control das variables que inciden no acondicionamento físico específico en balonmán.

* A periodización do adestramento e dinámica global de cargas.

* A estrutura e organización básica das cargas no microciclo e na sesión.

* O control do desenvolvemento das capacidades físicas básicas.

Criterios de avaliación

-Determinar a implicación das capacidades físicas básicas e perceptivo-motrices na execución das habilidades do xogador ou xogadora de balonmán.

-Programar o adestramento da condición física para unha tempada deportiva dun equipo, establecendo os obxectivos específicos, a periodización xeral e criterios para o control do rendemento dos/das xogadores/as.

-Definir os criterios para a programación a longo prazo do adestramento da condición física dun equipo de balonmán.

-Realizar a programación do adestramento dun equipo de balonmán, para unha tempada deportiva, tendo en conta as necesidades do adestramento integrado, en función dos períodos de competición.

Módulo de regras do xogo II

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento e a interpretación do regulamento do balonmán.

-Aplicar o regulamento do balonmán en situacións reais.

-Interpretar as instrucións dos/das árbitros/as e as súas actuacións nas competicións deportivas.

-Utilizar o regulamento como recurso necesario na preparación de xogadores e xogadoras e equipos de balonmán.

Contidos

-As regras de xogo.

-O espazo de xogo: zonas permitidas, prohibidas e semiprohibidas.

-A duración dun partido.

-Características do balón e formas de xogar con el.

-O equipo: os/as xogadores/as e o/a porteiro/a.

-Comportamento co/coa adversario/a.

-As sancións técnicas: a lei da vantaxe, o golpe franco e o lanzamento de 7 metros.

-As sancións disciplinarias.

-As interrupcións e reiniciacións do xogo.

-O equipo arbitral.

-O balonmán recreativo: o balonmán praia.

Criterios de avaliación

-Mostrar un coñecemento e comprensión básicos das regras de xogo.

-Realizar correctamente a arbitraxe dun partido de balonmán.

-Explicar as actuacións arbitrais en función da aplicación das normas de xogo.

Módulo de seguranza en balonmán

Obxectivos formativos

-Coñecer as lesións por sobrecarga máis frecuentes no balonmán e a maneira de evitalas.

-Identificar as lesións por axente indirecto máis comúns no balonmán e a forma de previlas.

Contidos

-Lesións por sobrecarga máis frecuentes no balonmán nas diferentes etapas de aprendizaxe.

-Lesións por axentes indirectos máis comúns no balonmán.

-Os materiais e instalacións e a súa implicación na xeración de lesións.

Criterios de avaliación

-Indicar as causas, os síntomas e as normas de actuación nas lesións ou traumatismos máis significativos no balonmán, así como os factores que as predispoñen e os aspectos que hai que ter en conta na súa prevención.

-Describir as situacións de risco que se poden presentar no desenvolvemento de sesións de ensino ou adestramento.

-Identificar o tipo de accidentes máis usuais no balonmán.

Bloque complementario

Módulo de tecnoloxías da información e da comunicación: informática

Obxectivos formativos

-Adquirir os coñecementos necesarios que permitan ao/á técnico deportivo a utilización do ordenador como un instrumento de traballo.

-Usar as ferramentas informáticas básicas: procesadores de textos, follas de cálculo e bases de datos.

-Ser capaz de buscar e intercambiar información a través da internet.

-Coñecer e utilizar programas que desenvolvan contidos deste deporte.

Contidos

-Conceptos informáticos: hardware e software.

-Uso e funcións básicas do sistema operativo.

-Utilización axeitada de procesadores de textos.

-Manexo de follas de cálculo e bases de datos.

-Traballo na internet: a world wide web, o correo electrónico e as listas de correo.

-Internet no ámbito da educación física e o deporte.

-Uso de programas específicos adaptados a este deporte.

Criterios de avaliación

-Describir os principais aspectos dun ordenador: hardware e software.

-Manexar as funcións máis importantes dun sistema operativo.

-Utilizar correctamente un procesador de textos.

-Construír axeitadamente unha base de datos.

-Dominar as funcións dunha folla de cálculo.

-Atopar información na internet utilizando un buscador.

-Coñecer as funcións fundamentais dos programas para este deporte.

Bloque de formación práctica

Obxectivos

O bloque de formación práctica do/da técnico deportivo en balonmán ten como finalidade, ademais das indicadas no artigo 6º deste decreto, que o alumnado desenvolva de forma práctica as competencias adquiridas durante o período de formación, aplicando en situacións reais os coñecementos e habilidades adquiridas na formación teórica e práctica, e obteñan a experiencia necesaria para realizar con eficacia:

-O ensino da técnica e a táctica do balonmán.

-A dirección do adestramento dos/das xogadores/as de balonmán.

-A dirección de xogadores/as e equipos durante as competicións de balonmán.

Desenvolvemento

A formación práctica do/da técnico deportivo en balonmán consistirá na asistencia continuada, durante un período de tempo previamente fixado, ás actividades propias do/da técnico deportivo en balonmán e cun equipo designado para tal efecto. Este período deberá conter no seu desenvolvemento:

-Sesións de ensino do balonmán, entre o 30 e o 40 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica.

-Sesións de adestramentos de balonmán, entre un 20 e un 25 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica.

-Sesións de acondicionamento físico de xogadores/as de balonmán, entre un 20 e un 25 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica.

-Sesións de dirección de equipos en competicións de balonmán propias do seu nivel, entre un 15 e un 25 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica.

O bloque de formación práctica constará de tres fases: fase de observación, fase de colaboración e fase de actuación supervisada.

Ao termo das tres fases o alumnado realizará unha memoria de prácticas, a cal deberá ser avaliada polo titor ou titora e polo centro onde realizase a súa formación.

Avaliación

No bloque de formación práctica só se concederá a cualificación de apto/a ou non apto/a. Para alcanzar a cualificación de apto/a o alumnado terá que:

-Asistir como mínimo ao 80 por cento das horas establecidas para cada unha das fases.

-Participar de forma activa nas sesións de traballo.

-Alcanzar os obxectivos formativos en cada unha das sesións.

-Utilizar unha linguaxe clara e unha correcta terminoloxía específica.

-Presentar correctamente a memoria de prácticas.

-Estruturar a memoria de prácticas polo menos nos puntos seguintes:

* Descrición da estrutura e funcionamento do centro, das instalacións e os espazos das prácticas e do grupo ou grupos cos que realizara o período de prácticas.

* Desenvolvemento das prácticas: fichas de seguimento das prácticas de cada sesión agrupadas por fases.

* Informe de autoavaliación das prácticas.

* Informe de avaliación do titor ou titora.

Ver referencia pdf "05100D002P021.PDF"

Capacidades profesionais

Este/a técnico debe ser capaz de:

-Efectuar a programación específica e a programación operativa do adestramento a medio e longo prazo de cara á alta competición.

-Dirixir o adestramento técnico e táctico de cara á alta competición.

-Dirixir o acondicionamento físico de xogadores/as de balonmán en función do rendemento deportivo.

-Realizar a formulación táctica aplicable á competición, en función do alto rendemento deportivo.

-Dirixir o/a deportista ou o equipo na súa actuación técnica e táctica durante a competición.

-Avaliar a actuación do/a deportista ou o equipo despois da competición.

-Valorar o rendemento dos/as deportistas ou equipos en colaboración con especialistas das ciencias do deporte.

-Programar o ensino do balonmán.

-Programar a realización da actividade deportiva ligada ao desenvolvemento do balonmán.

-Planificar e coordinar a actividade doutros/as técnicos do deporte.

-Garantir a seguranza dos/das técnicos que dependan del ou dela.

-Realizar a xestión económica e administrativa dunha pequena ou mediana empresa.

-Colaborar no deseño, planificación e dirección técnica de competicións de balonmán.

-Adaptarse aos cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos e sociais que inciden na actividade profesional.

-Colaborar nos programas de detección de talentos deportivos.

-Dirixir un departamento, sección ou escola de balonmán.

Situación no ámbito deportivo

-Este título acredita a adquisición das competencias profesionais suficientes para asumir as súas responsabilidades de forma autónoma ou no seo dun organismo público ou empresa privada.

-Exercerá a súa actividade no ámbito do ensino e do adestramento de xogadores/as de balonmán e a dirección de deportistas e equipos de alto nivel.

-Na área de xestión deportiva prestando os seus servizos na dirección de departamentos, seccións ou escolas de balonmán.

-Os distintos tipos de entidades ou empresas onde poden desenvolver as súas funcións son:

* Centros de alto rendemento deportivo.

* Centros de tecnificación deportiva.

* Escolas de balonmán.

* Clubs ou asociacións deportivas.

* Federacións deportivas.

* Padroados deportivos.

* Empresas de servizos deportivos.

* Centros de formación de técnicos deportivos de balonmán.

Responsabilidade nas situacións de traballo

A este/a técnico sonlle requiridas as responsabilidades seguintes:

-A planificación e dirección do adestramento técnico e táctico de xogadores/as de balonmán e equipos de balonmán de medio e alto nivel.

-A programación e dirección do acondicionamento físico de xogadores/as de balonmán.

-A valoración do rendemento dos/as deportistas.

-A dirección e seguranza dos técnicos que depende del o dela.

-A dirección técnica dun departamento, sección ou escola de deportes de balonmán e da xestión económica e administrativa.

-Colaborar na elección de criterios de detección e selección de talentos deportivos.

-Colaborar nos proxectos de investigación deportiva.

Ensinanzas

Bloque común

Módulo de biomecánica do deporte

Obxectivos formativos

-Aplicar os fundamentos da análise biomecánica ao estudo da técnica no deporte.

-Interpretar os resultados das análises biomecánicas para o control do adestramento do/a deportista de alto rendemento.

Contidos

-A análise e metodoloxía da biomecánica aplicadas ao alto rendemento.

-A biomecánica aplicada ao control do adestramento da técnica.

-As análises biomecánicas cualitativas.

-Os métodos de análise cinemáticos e dinámicos.

Criterios de avaliación

-Describir os fundamentos das análises biomecánicas aplicadas ao estudo da técnica deportiva.

-Describir a metodoloxía da biomecánica aplicada ao estudo das capacidades físicas condicionais e da técnica.

-Explicar mediante os resultados dunha análise biomecánica o control do adestramento da técnica dunha modalidade deportiva concreta.

-Aplicar os coñecementos, procedemento e ferramentas biomecánicas ao estudo da técnica dunha determinada modalidade ou especialidade deportiva.

Módulo de adestramento do alto rendemento deportivo

Obxectivos formativos

-Coñecer e afondar na planificación, programación e control do adestramento e a súa aplicación no alto rendemento deportivo.

-Aplicar os métodos de planificación e control do adestramento das capacidades físicas básicas e as perceptivo-motrices nos/as deportistas de alto rendemento.

-Coñecer os fenómenos da fatiga, a recuperación e o sobreadestramento e aplicar os controis necesarios para evitar os efectos destes fenómenos nos/as deportistas de alto rendemento.

-Coñecer en profundidade os conceptos necesarios sobre metabolismo e as necesidades de produción e consumo de enerxía en función do esforzo.

Contidos

-A carga e os seus compoñentes: volume, intensidade e densidade. Combinacións e variacións aplicadas ao alto rendemento.

-Os modelos de planificación e programación do adestramento no alto rendemento deportivo.

-Os sistemas avanzados para o desenvolvemento das capacidades físicas e perceptivo-motrices nos/as deportistas de alto rendemento.

-Os métodos de control e valoración do adestramento das capacidades físicas e perceptivo-motrices.

-Os fenómenos de fatiga e sobreadestramento. Métodos e procedementos para a súa detección.

-A recuperación. Pautas e avaliación.

-A programación do adestramento en altura.

-Adestramento en condicións especiais (calor, frío, humidade...).

-O metabolismo en función das necesidades enerxéticas no esforzo.

-A capacidade e a potencia en relación coas necesidades enerxéticas do esforzo.

Criterios de avaliación

-Establecer e distribuír as cargas nunha sesión ou nun microciclo, en función dos obxectivos de rendemento.

-Realizar a planificación e programación do adestramento das capacidades físicas e as perceptivo-motrices, argumentando a elección do sistema escollido.

-Dirixir diferentes fases do adestramento das capacidades físicas e as perceptivo-motrices.

-Aplicar os métodos de control e valoración do adestramento.

-Recoñecer e detectar precozmente as manifestacións de fatiga e do sobreadestramento.

-Dirixir as pautas de recuperación de fatiga e do sobreadestramento.

-Efectuar a programación dun adestramento en condicións especiais, situando esta dentro da planificación.

Módulo de fisioloxía do esforzo

Obxectivos formativos

-Coñecer en profundidade os aspectos necesarios sobre metabolismo e as necesidades de produción e consumo de enerxía en función do esforzo.

-Coñecer os fundamentos da valoración funcional con vistas ao alto rendemento.

-Interpretar resultados da valoración funcional.

-Interpretar os resultados da valoración nutricional do/a deportista.

-Colaborar co/coa especialista na determinación da dieta e axudas ergoxénicas dos/as deportistas.

-Aproveitar as vantaxes fisiolóxicas e evitar os problemas do adestramento en altitude e en condicións especiais.

-Familiarizarse cos aparellos dun laboratorio de fisioloxía do esforzo.

-Recoñecer os efectos patolóxicos que o deporte de alto rendemento pode ter sobre os diferentes aparellos e sistemas.

Contidos

-As avaliacións das capacidades ligadas ao metabolismo.

-A metodoloxía da valoración funcional do rendemento físico.

-A composición corporal.

-O estado nutricional.

-As respostas patolóxicas ao esforzo.

-As adaptacións endócrinas ao exercicio de alto rendemento.

-A fisioloxía da actividade física en altitude e en condicións especiais.

-O exercicio e o estrés térmico.

-Os procesos fisiolóxicos da recuperación física no alto rendemento deportivo e a súa aplicación.

-A dopaxe: as substancias prohibidas, os métodos e procedementos.

-Normativa sobre o control da dopaxe.

Criterios de avaliación

-Interpretar, sobre datos reais, resultados da avaliación das capacidades ligadas ao metabolismo e dos factores de execución da acción motriz.

-Coñecer os aparellos utilizados na valoración da condición física.

-Describir os compoñentes básicos da valoración funcional no ámbito do alto rendemento deportivo.

-Determinar os métodos e os test máis utilizados na valoración do rendemento físico.

-Definir os métodos para a determinación da composición corporal.

-Interpretar, sobre datos reais, os resultados do estudo de composición corporal e relacionar estes co rendemento do/a deportista.

-Interpretar, sobre datos reais, os resultados da valoración do estado nutricional do/a deportista.

-Seleccionar as distintas axudas ergoxénicas en función dos obxectivos do rendemento deportivo.

-Describir os efectos fisiolóxicos do adestramento en condicións especiais e a súa repercusión no rendemento deportivo.

-Caracterizar as substancias, os grupos farmacolóxicos catalogados como produtos dopantes e os métodos e procedementos prohibidos.

-Describir os mecanismos de acción farmacolóxica dos principais grupos de produtos considerados dopantes.

-Describir a regulamentación española e internacional sobre as substancias, métodos e procedementos considerados dopantes.

Módulo de xestión do deporte

Obxectivos formativos

-Recoñecer a normativa aplicable aos/ás deportistas profesionais.

-Empregar as técnicas de xestión e organización no ámbito do deporte.

-Coñecer a normativa que regula o deporte de alto rendemento, no ámbito do Estado e na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Coñecer a normativa en relación co patrocinio deportivo.

-Coñecer as medidas de prevención da violencia no deporte.

Contidos

-Teoría xeral da xestión.

-Modelos de planificación e xestión do deporte.

-A fiscalidade no campo do deporte.

-O desenvolvemento regulamentario sobre o deporte de alto rendemento.

-O patrocinio deportivo: leis relacionadas.

-A regulación da relación laboral de carácter especial dos/as deportistas profesionais e a aplicación do dereito comunitario.

-O desenvolvemento regulamentario sobre a lexislación referida á prevención da violencia no deporte.

Criterios de avaliación

-Describir os aspectos fundamentais dos réximes laboral e fiscal dos/as deportistas profesionais.

-Deseñar, nun suposto práctico, un proxecto de creación, financiamento e xestión durante unha tempada dunha entidade deportiva.

-Deseñar, nun suposto práctico convenientemente caracterizado, a organización dun evento deportivo.

-A partir dun programa de actividades:

-Describir a estrutura organizativa máis axeitada.

-Definir os recursos humanos necesarios para a execución do programa e a súa forma de contratación.

-Definir os recursos materiais necesarios para a execución do programa.

-Elaborar un orzamento axustado para a realización do programa.

Módulo de psicoloxía do alto rendemento deportivo

Obxectivos formativos

-Coñecer e identificar as necesidades psicolóxicas dos/as deportistas de alto rendemento.

-Aplicar as estratexias psicolóxicas para optimizar o rendemento dos/as deportistas.

-Adquirir os coñecementos e as habilidades psicolóxicas necesarias para dirixir a outros/as adestradores/as e traballar con especialistas das ciencias do deporte.

-Identificar as competencias específicas do/a psicólogo/a do deporte, diferenciándoas do rol psicolóxico do adestrador ou adestradora.

Contidos

-As necesidades psicolóxicas dos/as deportistas do alto rendemento.

-A psicoloxía do adestramento deportivo no alto rendemento.

-As principais habilidades psicolóxicas no deporte de alto rendemento.

-A preparación específica de competicións no alto rendemento.

-A relación do/a adestrador/a co/coa psicólogo/a deportivo/a.

-O funcionamento psicolóxico do/a adestrador/a.

Criterios de avaliación

-Elaborar exemplos nos que se utilicen estratexias psicolóxicas para mellorar a motivación básica dun/dunha deportista de alto rendemento.

-Indicar, ante un suposto práctico, as principais situacións potencialmente estresantes do deporte de alto rendemento e sinalar as directrices que deben seguirse polo/a adestrador/a para controlar as devanditas situacións.

-Discriminar, a partir de exemplos concretos, o estilo de liderado máis apropiado a unha determinada situación.

-Sinalar, a partir dun caso práctico, os aspectos positivos da conduta do/a adestrador/a e os cambios que serían aconsellables para o mellor funcionamento do grupo.

-Elaborar un esquema de traballo colectivo definindo os roles dos/das colaboradores/as (adestradores/as e expertos/as das ciencias do deporte) e a dinámica de funcionamento entre todos eles.

-Deseñar un programa de traballo que recolla a interacción do traballo psicolóxico do/a adestrador/a co do/da psicólogo/a deportivo/a.

Módulo de socioloxía do deporte de alto rendemento

Obxectivos formativos

-Identificar os problemas inherentes á práctica deportiva de alto rendemento.

-Coñecer os problemas de adaptación dos/as deportistas ás novas condicións de vida unha vez terminada a súa etapa deportiva.

-Apreciar a transcendencia social do deporte espectáculo de alto rendemento e a súa incidencia no/na deportista.

-Coñecer os métodos de investigación social aplicados ao deporte.

-Empregar as técnicas para a identificación das tendencias da sociedade en relación á práctica deportiva.

Contidos

-Os factores extrínsecos e intrínsecos que afectan o rendemento dos/as deportistas.

-Os problemas sociais dos/as deportistas de alto rendemento.

-As técnicas de investigación social aplicadas ao deporte.

-As técnicas sociolóxicas para a identificación das tendencias na práctica deportiva.

Criterios de avaliación

-Describir os factores sociais que afectan o rendemento do/a deportista de alto rendemento.

-Determinar os problemas máis significativos do/a deportista de alto rendemento na súa vida deportiva.

-Describir as técnicas de investigación social aplicadas ao deporte.

-Identificar as tendencias da práctica deportiva na España do século XXI, realizando un seguimento dos medios de comunicación social.

Bloque específico

Módulo de desenvolvemento profesional III

Obxectivos

-Coñecer e delimitar as competencias, funcións, tarefas e responsabilidades do/da técnico deportivo superior en balonmán.

-Coñecer as responsabilidades civís e penais do/da técnico deportivo superior en balonmán, derivadas do exercicio da súa profesión.

-Identificar o papel do/a adestrador/a de balonmán no traballo con outros profesionais da actividade física.

-Aplicar os criterios de organización e xestión dunha pequena empresa.

-Coñecer a normativa de dopaxe española e internacional do balonmán.

-Organizar eventos e actividades de balonmán.

-Aplicar os sistemas para a elaboración e execución de proxectos de equipos de balonmán.

-Coñecer a organización, funcións e requisitos para o profesorado dos centros autorizados de Galicia para impartir as titulacións deportivas de balonmán.

Contidos

-O ámbito profesional do/a adestrador/a de balonmán.

-Competencias do/da técnico deportivo superior en balonmán.

-As responsabilidades civís e penais do/da técnico deportivo superior en balonmán derivadas do exercicio da súa profesión.

-A relación do/a adestrador/a de balonmán cos outros profesionais da actividade física.

-A xestión, a dirección e a administración de organizacións dedicadas ao ensino e/ou o adestramento do balonmán.

-Os proxectos deportivos.

-A dirección e coordinación de técnicos deportivos.

-A organización de eventos e competicións.

-A dopaxe.

-A Escola Nacional de Adestradores.

-As ensinanzas especiais: os ciclos formativos de balonmán.

-Aspectos socioculturais do balonmán.

-O asociacionismo no balonmán.

-A investigación en balonmán.

Criterios de avaliación

-Describir as funcións e tarefas propias do/da técnico deportivo superior en balonmán en relación ás competencias de:

* Adestrador/a de equipos de competición.

* Programación e dirección do ensino do balonmán.

* Dirección e coordinación de técnicos deportivos de balonmán.

* Dirección dunha escola de balonmán.

-Describir o papel do/a adestrador/a de balonmán na colaboración con outros profesionais da actividade física.

-Deseñar, nun suposto práctico convenientemente caracterizado, a organización dun evento deportivo de balonmán:

* Describir a estrutura organizativa do evento.

* Definir os recursos humanos e materiais necesarios para a súa execución e a súa forma de contratación.

* Elaborar un orzamento axustado para a realización do programa.

* Definir a forma de financiamento do evento.

-Definir a información necesaria para realizar un plan de actividades ligadas ao desenvolvemento do balonmán, nun club ou sección de agrupación deportiva, así como os criterios e procedementos para a súa elaboración.

-A partir dun programa de actividades perfectamente caracterizado:

* Describir a estrutura organizativa que máis se adecua ao programa.

* Definir os recursos humanos necesarios para a súa execución e a súa forma de contratación.

* Definir os recursos materiais necesarios para a execución do programa.

* Elaborar un orzamento axustado para a realización do programa.

* Aplicar os sistemas de planificación, programación e organización das actividades ligadas ao balonmán.

-Explicar, ante un suposto práctico de competición de balonmán, a aplicación da normativa nacional e internacional sobre a dopaxe nas competicións.

-Aplicar os sistemas de planificación e organización da actividade mercantil e deportiva de entidades dedicadas ao ensino ou o adestramento do balonmán.

Módulo de dirección de equipos II

Obxectivos

-Elixir e aplicar os modelos para a formación, cohesión e dirección de equipos.

-Coñecer os aspectos fundamentais da dirección dos adestramentos e os partidos de equipos de alto nivel.

Contidos

-A formación dun equipo de colaboradores/as.

* Os recursos humanos dispoñibles.

* O traballo en equipo.

-A formación dun equipo de xogadores/as.

* Os criterios de selección.

* A xestión de recursos dispoñibles.

* A organización do grupo.

-A organización do adestramento.

* A dirección do adestramento.

* O control e avaliación do adestramento.

-A dirección de partidos e competicións.

* A preparación do partido.

* A intervención do adestrador ou adestradora antes, durante e despois da competición.

* A avaliación e control do partido.

-A construción de modelos de xogo ofensivos e defensivos.

-As novas tecnoloxías como medios auxiliares para o adestramento.

-Toma e análise de datos durante o adestramento e o partido.

-Os procesos de innovación e os novos estudos en balonmán.

Criterios de avaliación

-Determinar as características dun equipo de técnicos colaboradores do/a adestrador/a de balonmán definindo, á súa vez, as funcións dos integrantes.

-Determinar, nun suposto teórico dun/dunha adestrador/a dun equipo de balonmán de características dadas:

* Os criterios de selección dos/das xogadores/as.

* Os criterios para a xestión dos recursos necesarios para organizar e desenvolver un adestramento.

* As actuacións para propiciar a cohesión, a comunicación e a motivación dentro do grupo.

* Os métodos de dirección e organización do grupo deportivo.

* Os métodos de control e avaliación do adestramento.

-Definir, nun suposto teórico dun/dunha adestrador/a dun equipo de balonmán de características dadas:

* As actuacións determinantes para a correcta preparación do partido.

* As actuacións e intervencións do adestrador ou adestradora antes, durante e despois da competición, en función das características e do desenvolvemento do partido.

* Os criterios para a construción do xogo ofensivo e defensivo en función de conceptos obxectivables.

-Ser capaz de recoller e analizar datos significativos para tomar as decisións axeitadas na dirección dun equipo.

-Coñecer as diferentes publicacións especializadas onde aparezan os novos estudos en balonmán.

Módulo de formación técnica e táctica individual

do balonmán III

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento da técnica e táctica individual.

-Interpretar os estudos biomecánicos realizados sobre xogadores/as de balonmán.

-Empregar as ferramentas que brinda a biomecánica para o control do rendemento dos xogadores e xogadoras.

-Analizar e interpretar os xestos técnicos do balonmán.

-Identificar os factores que determinan o rendemento dos xogadores e xogadoras nas diferentes accións técnicas e de táctica individual, e os criterios para o seu control en equipos de balonmán de alto nivel.

Contidos

-A técnica e táctica individual no balonmán de alto rendemento.

-A biomecánica para o control do rendemento dos/das xogadores/as de balonmán.

-Análise dos xestos técnicos do balonmán na práctica de alto rendemento.

-O ataque no balonmán de alto rendemento.

* Obxectivos e consideracións xerais sobre o xogo ofensivo.

* Exixencias técnico-tácticas dos diferentes xestos.

* Os lanzamentos. Metodoloxía práctica e traballo nos diferentes postos específicos.

* O transporte de balón: adaptación, manexo, pase, recepción e bote.

* Os postos específicos ofensivos. Exixencias técnico-tácticas e bases de intervención.

* Os medios tácticos individuais.

* Visión ofensiva do xogo 1x1.

-A defensa no balonmán de alto rendemento.

* Obxectivos e consideracións xerais sobre o xogo defensivo.

* A actuación fronte ao/á adversario/a: os desprazamentos defensivos, a marcaxe e a acción cara ao balón.

* Os postos específicos defensivos. Exixencias técnico-tácticas e bases de intervención.

-O/A porteiro/a.

* As actuacións fronte aos lanzamentos.

* Outras actuacións defensivas do/a porteiro/a.

* As actuacións ofensivas do/a porteiro/a.

Criterios de avaliación

-Interpretar, nun estudo biomecánico real dos xestos motores específicos do balonmán, as análises biomecánicas.

-Detectar, en imaxes de xogadores/as de balonmán de alto rendemento, os erros de execución técnica, explicar as súas causas e propoñer exercicios para a mellora da execución.

-Aplicar os criterios para avaliar a progresión técnica dos/das xogadores/as de balonmán dun equipo determinado.

-Programar adestramentos específicos de mellora da técnica e táctica individual en diferentes postos específicos en defensa e ataque.

Módulo de xogo colectivo ofensivo e defensivo III

Obxectivos formativos

-Coñecer os fundamentos da táctica ofensiva e defensiva do balonmán de alto rendemento.

-Analizar os diferentes sistemas de xogo ofensivo e defensivo e a súa aplicación ao balonmán de alto rendemento.

-Aplicar a metodoloxía da planificación do adestramento táctico ofensivo e defensivo do balonmán para a práctica de alto rendemento.

Contidos

Xogo colectivo ofensivo III

-A lóxica de construción do xogo colectivo ofensivo.

* Os principios xerais e específicos do xogo de ataque como determinantes da conduta do xogador ou xogadora.

* Análise das condutas do xogador ou xogadora no xogo colectivo.

* Os medios tácticos colectivos.

* Os procedementos tácticos.

* A táctica colectiva complexa e os sistemas de xogo.

-Os medios tácticos simples: a circulación do balón, a circulación dos/das xogadores/as. Bases de intervención en función do posto específico e do sistema empregado.

-Os medios tácticos básicos: as penetracións sucesivas, o pase e vai, o cruce, a cortina, a permuta, o bloqueo, a pantalla. Bases de intervención en función do posto específico e do sistema empregado.

-Os medios tácticos complexos: as circulacións complexas, os procedementos tácticos. Bases de intervención en función do posto específico e do sistema empregado.

-Os modelos tácticos de máxima complexidade: sistemas de xogo.

* O sistema de ataque 3:3 con un pivote.

* O sistema de ataque 3:3 con dous pivotes.

* O sistema de ataque 2:4 con dous pivotes.

* A transformación de modelos de sistemas: o sistema 3:3 e 2:4.

-Os modelos de máxima complexidade nas desigualdades numéricas.

-A integración de modelos simples e complexos nos sistemas de xogo.

-A utilización de modelos tácticos en situacións especiais.

* As combinacións tácticas de golpe franco.

* As combinacións tácticas derivadas do xogo aéreo.

* Combinacións tácticas en momentos fixos do xogo.

-A primeira e a segunda fase do xogo ofensivo. O contraataque.

-As concepcións xerais de ataque ante diversas formacións defensivas.

* Os principios e consideracións de base do ataque ante defensas zonais.

* Ataques contra unha defensa 6:0, 5:1, 4:2, 3:3 e 3:2:1.

* Ataques contra unha defensa combinada.

Xogo colectivo defensivo III

-A lóxica de construción do xogo colectivo defensivo.

-Os principios xerais e específicos do xogo de defensa.

* As condutas do/a xogador/a no xogo.

* Os medios básicos tácticos colectivos.

* As distintas formas do xogo defensivo.

* A estratexia operativa.

-Os medios tácticos preventivos: a basculación, a cobertura. Bases de intervención en función do posto específico e do sistema empregado.

-Os medios tácticos reactivos: a axuda, a dobraxe, a defensa do pase e vai, o cambio de opoñente, o deslizamento, o contrabloqueo, as barreiras defensivas. Bases de intervención en función do posto específico e do sistema empregado.

-Os medios tácticos activos de iniciativa defensiva:

* A flotación.

* O ataque ao impar.

* O dous contra un.

-Os medios defensivos derivados da colaboración grupal entre os/as xogadores/as de campo e o/a porteiro/a.

-Os sistemas de xogo.

* O sistema defensivo 6:0 e variantes do sistema.

* O sistema defensivo 3:2:1 e variantes do sistema.

* O sistema defensivo 4:2 e variantes do sistema.

* O sistema defensivo 5:1 e variantes do sistema.

* O sistema defensivo 3:3 e variantes do sistema.

* Os sistemas de xogo mixtos ou combinados.

* Os sistemas defensivos individuais.

-Os modelos operativos complexos nas desigualdades numéricas:

* A defensa en superioridade numérica.

* A defensa en inferioridade numérica.

-As respostas tácticas en situacións especiais:

* Ante golpes francos.

* En momentos concretos do xogo.

-A alternancia de sistemas defensivos durante un encontro.

-O repregamento defensivo.

Criterios de avaliación

-Coñecer os conceptos e obxectivos dos medios tácticos defensivos e ofensivos.

-Comprender o concepto de situación especial e os modelos operativos que se van utilizar.

-Describir e explicar os distintos sistemas de xogo empregados no balonmán de alto rendemento moderno, caracterizándoos e establecendo o papel dos/das xogadores/as en cada un dos sistemas e a súa aplicabilidade ás distintas condicións do xogo.

-Determinar e xustificar, nun suposto práctico dun equipo de balonmán que compite contra outro cun sistema de xogo dado, a organización do xogo ofensivo e defensivo, definindo o sistema que se vai empregar.

-Enumerar as distintas variantes dos sistemas de xogo máis empregados no balonmán de alto rendemento moderno.

-Determinar os criterios para a planificación do adestramento do xogo colectivo e dos sistemas de xogo ofensivos e defensivos.

-Realizar, para un equipo de balonmán de alto rendemento, unha planificación do adestramento táctico e dos sistemas de xogo ofensivos e defensivos, en función dos obxectivos deportivos establecidos, vinculando esta á planificación do adestramento da técnica e da preparación física.

Módulo de metodoloxía do adestramento do balonmán

Obxectivos formativos

-Planificar o adestramento a longo prazo de equipos de balonmán en función dos obxectivos deportivos.

-Efectuar o adestramento técnico e táctico de equipos de balonmán de cara ao alto rendemento.

-Establecer os criterios para a realización do seguimento e control de xogadores/as de balonmán.

-Coñecer os parámetros fisiolóxicos, físicos, antropométricos e psíquicos, que interveñen na práctica do balonmán.

-Aplicar os sistemas avanzados de planificación do adestramento deportivo específico para balonmán.

Contidos

-A relación entre adestramento e competición no balonmán.

-A planificación do adestramento e o seu deseño nos diferentes niveis.

* As funcións.

* Os elementos.

* Os factores que inflúen.

* Os modelos de deseño.

-O desenvolvemento da planificación segundo as etapas de formación.

-O xogo no balonmán de alto rendemento.

* Análise das exixencias motoras do balonmán.

* Análise metodolóxica desde o punto de vista da dificultade.

-Aspectos metodolóxicos específicos dos contidos do adestramento.

* O adestramento técnico.

* O adestramento táctico.

* O adestramento integrado: físico-técnico-táctico.

* A optimización do adestramento técnico-táctico no alto rendemento.

* Metodoloxías especiais: o adestramento individual.

* Recursos didácticos e estratexias de innovación.

-O adestramento con mozos e mozas.

-O adestramento no alto rendemento.

* As características do alto rendemento.

* Os factores determinantes.

* Os modelos e medios de adestramento en alto rendemento.

-A avaliación da condición física do/a xogador/a do balonmán.

-A avaliación e control do adestramento no alto rendemento.

Criterios de avaliación

-Nun suposto dun equipo de balonmán de alto rendemento:

* Fixar os obxectivos deportivos a curto e medio prazo.

* Planificar o adestramento para un período olímpico.

* Planificar o adestramento para un período dunha tempada deportiva.

* Fixar os principais parámetros do adestramento individual.

-Determinar e xustificar, nun suposto dun equipo de balonmán de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cuns obxectivos deportivos establecidos, un programa de:

* Adestramento integrado: físico-técnico-táctico.

* Descanso e métodos de recuperación.

Módulo de preparación física específica II

Obxectivos formativos

-Aplicar os sistemas avanzados de planificación, organización e control da preparación física do xogador ou xogadora de balonmán de alto rendemento.

-Coñecer os métodos e medios para o desenvolvemento das capacidades físicas específicas do balonmán de alto rendemento.

-Coñecer os parámetros antropométricos, fisiolóxicos e psicosociais que interveñen na práctica do balonmán de alto rendemento.

-Determinar os medios e métodos de recuperación da fatiga no balonmán de alto rendemento.

-Aprender a planificar, organizar e controlar o adestramento do balonmán.

Contidos

-O modelo do balonmán no alto rendemento.

* As etapas do xogador ou xogadora.

* A preparación física.

* O rendemento do equipo.

-As necesidades motoras e enerxéticas do balonmán.

* Análise das accións globais e por postos específicos do balonmán en competición.

* Análise do gasto enerxético na competición.

* A avaliación dos parámetros motores e fisiolóxicos do xogador ou xogadora de balonmán.

-A fatiga no balonmán.

* Tipos, características e incidencia no rendemento.

* Medios obxectivos e subxectivos de avaliación.

* Os métodos e medios de recuperación.

-A planificación, organización e control do adestramento do balonmán.

* Variables que inciden na planificación do adestramento.

* Deseño da planificación anual.

* Sistemas e medios de control da condición física e do rendemento en cada período.

-Os métodos e medios para o desenvolvemento, mantemento e control no balonmán de:

* A velocidade específica, con especial incidencia na capacidade de aceleración.

* A forza específica.

* A resistencia específica.

* A flexibilidade específica.

Criterios de avaliación

-Nun suposto práctico dun equipo de balonmán de alto rendemento dunhas determinadas características:

* Elaborar e xustificar a planificación do acondicionamento físico dunha tempada deportiva.

* Establecer no tempo o plan de acción da tempada, determinando os obxectivos e os contidos dos ciclos para o acondicionamento físico dos/das xogadores/as, tendo en conta os períodos de adestramento e a participación na competición.

* Determinar os criterios para o control do rendemento físico dos xogadores e xogadoras.

* Propoñer unha metodoloxía para o seguimento do rendemento dos/das xogadores/as do equipo.

* Elixir métodos e medios para o desenvolvemento, mantemento e control das capacidades físicas específicas no balonmán de alto nivel.

Módulo de regras do xogo III

Obxectivos formativos

-Coñecer todas as regras de xogo nacionais e internacionais e as súas últimas modificacións.

-Utilizar as regras do xogo para o mellor aproveitamento táctico e estratéxico.

-Interpretar as regras do xogo para favorecer o desenvolvemento dos partidos.

Contidos

-As regras do xogo do balonmán:

* Os obxectivos do regulamento.

* As regras de situación.

-O ciclo regulamentario e a toma de decisións.

-As sancións técnicas.

-As sancións disciplinarias e a progresividade.

-O xogo e o tempo de xogo. O xogo pasivo.

-A acta: o equipo, o/a xogador/a e os/as oficiais.

-Os/As xogadores/as de campo.

-O/A porteiro/a, a área de portaría e o saque de portaría.

-As formas de xogarse o balón. Pasos e dobres.

-Execución de saques e lanzamentos. Golpes francos finais do partido.

-Os/As árbitros/as, o/a anotador/a e o/a cronometrador/a.

-Regulamento da zona de cambios.

-As tendencias regulamentarias e as súas progresivas modificacións.

-O regulamento da IHF (International Handball Federation).

Criterios de avaliación

-Comprender e interpretar as regras de xogo.

-Establecer e xustificar, nun suposto práctico dun equipo de balonmán de categoría nacional, a estratexia das accións atacantes e defensivas baseadas na utilización táctica das regras do xogo.

-Analizar, nun suposto práctico de observación dun partido de balonmán de dous equipos de alto rendemento, a utilización correcta do regulamento como elemento táctico.

-Coñecer as tendencias regulamentarias a nivel europeo e a nivel mundial.

Módulo de seguranza en balonmán II

Obxectivos formativos

-Previr as lesións máis frecuentes no balonmán de alto rendemento.

-Coñecer as características dos materiais empregados na fabricación de instalacións e útiles de balonmán e a súa posible implicación na xeración de lesións.

-Determinar as medidas de seguranza aplicables ao adestramento dos/das xogadores/as de balonmán de alto rendemento.

-Definir o grao de participación dos/das adestradores/as no tratamento das lesións dos/das xogadores/as.

-Determinar os que se van empregar na correcta nutrición e hidratación dos/as deportistas.

-Coñecer as lesións máis frecuentes en balonmán, así como os medios para previlas.

Contidos

-As lesións por sobrecarga, axentes directos e indirectos máis frecuentes no balonmán de alto rendemento.

-Os materiais empregados na fabricación de instalacións e útiles do balonmán. Influencia na xeración de lesións.

-A participación do/a adestrador/a no tratamento das lesións.

-Prevención de lesións.

-Nutrición, hidratación e axudas ergoxénicas no xogador ou xogadora de alto rendemento.

Criterios de avaliación

-Indicar para as lesións máis frecuentes no balonmán.

* Aspectos que se terán en conta para a súa prevención.

* As causas que as producen.

* Os síntomas.

* As normas de actuación.

* Os factores que predispoñen.

-Describir as situacións de risco que se poden presentar no desenvolvemento de sesións de adestramento.

-Describir as necesidades de hidratación e nutrición dos/das xogadores/as de balonmán en períodos de adestramento e competicións.

-Determinar as lesións por sobrecarga, axentes directos e indirectos máis frecuentes no balonmán de alto rendemento, os mecanismos de produción, a forma de previlas e os exercicios de compensación aplicables a estas.

-Coñecer os materiais empregados na fabricación de instalacións para o xogo do balonmán e a súa implicación na xeración de lesións.

-Definir o papel do adestrador ou adestradora na atención de lesións producidas no transcurso de adestramentos de balonmán.

-Indicar, nun suposto dado dunha lesión diagnosticada por un/unha médico, a participación do/da técnico na recuperación de lesionados/as.

Bloque complementario

Módulo de lingua estranxeira: inglés

Obxectivos formativos

-Amosar un nivel básico de inglés.

-Coñecer as principais estruturas gramaticais.

-Expresarse basicamente de forma oral e escrita.

-Identificar nesta lingua algúns termos relacionados co deporte.

Contidos

-Os números ordinais e cardinais.

-Os substantivos e os adxectivos cualificativos: singular e plural.

-Os artigos determinados, indeterminados e as preposicións.

-Os pronomes persoais e a súa función.

-O verbo: o presente simple, o auxiliar, a negación e a interrogación.

-Colocación das palabras na oración: substantivos, adxectivos, artigos, pronomes, verbos..

-Expresión oral e escrita.

-Termos básicos relacionados co mundo do deporte.

Criterios de avaliación

-Realizar exercicios escritos sobre numeración, substantivos, adxectivos, pronomes e verbos.

-Elaborar oracións correctas desde un punto de vista gramatical.

-Saber aplicar na lingua escrita e falada os pronomes persoais, os verbos, os adxectivos, os substantivos e os artigos.

-Coñecer termos vinculados ao mundo do deporte e aplicalos en situacións dadas.

Bloque de formación práctica

Obxectivos

O bloque de formación práctica do técnico deportivo superior en balonmán ten como finalidade, ademais das indicadas no artigo 6 deste decreto, que o alumnado desenvolva de forma práctica as competencias adquiridas durante o período de formación, aplicando en situacións reais os coñecementos e habilidades adquiridos na formación teórica e práctica e obteñan a experiencia necesaria para realizar con eficacia:

-A programación e dirección do adestramento de xogadores/as de balonmán e equipos de balonmán e a súa participación en competicións de alto nivel.

-A programación e dirección do acondicionamento físico de xogadores/as de balonmán de alto rendemento.

-A programación e dirección do ensino deportivo do balonmán.

-A programación e coordinación da actividade dos/das técnicos deportivos de nivel inferior.

-A dirección dun departamento, sección ou escola de balonmán.

Desenvolvemento

A formación práctica do/da técnico deportivo superior en balonmán consistirá na asistencia continuada, durante un período de tempo previamente fixado, realizando as actividades propias do/da técnico deportivo superior en balonmán, baixo a supervisión dun/dunha titor/a asignado/a e con grupos designados para tal efecto. Este período deberá conter no seu desenvolvemento:

-Sesións de adestramento de xogadores/as de balonmán, entre un 25% e un 30% do total do tempo do bloque de formación práctica.

-Sesións de acondicionamento físico de xogadores/as de balonmán, entre un 10% e un 20% do total do tempo do bloque de formación práctica.

-Sesións de dirección de equipos, entre un 20% e un 25% do total do tempo do bloque de formación práctica.

-Sesións de programación e dirección da ensinanza deportiva do balonmán, entre un 20% e un 25% do total do tempo do bloque de formación práctica.

-Sesións de programación e coordinación de técnicos deportivos de nivel inferior, entre un 15% e un 20% do total do tempo do bloque de formación práctica.

-Sesións de dirección dunha escola de balonmán, entre un 10 e un 15% do total do tempo do bloque de formación práctica.

O bloque de formación práctica constará de tres fases: fase de observación, fase de colaboración e fase de actuación supervisada.

Ao termo das tres fases o alumnado realizará unha memoria de prácticas, a cal deberá ser avaliada polo titor ou titora e polo centro onde realizou a súa formación.

Criterios de avaliación

No bloque de formación práctica só se concederá a cualificación de apto/a ou non apto/a. Para acadar a cualificación de apto/a o alumnado terá que:

-Ter asistido como mínimo ao 80% das horas establecidas para cada unha das fases.

-Participar de forma activa nas sesións de traballo.

-Acadar os obxectivos formativos en cada unha das sesións.

-Utilizar unha linguaxe clara e unha correcta terminoloxía específica.

-Presentar correctamente a memoria de prácticas.

-Estruturar a memoria de prácticas polo menos nos puntos seguintes:

* Descrición da estrutura e funcionamento do centro, das instalacións e os espazos das prácticas e do grupo ou grupos cos que teña realizado o período de prácticas.

* Desenvolvemento das prácticas: fichas de seguimento das prácticas de cada sesión agrupadas por fases.

* Informe de autoavaliación das prácticas.

* Informe de avaliación do titor ou titora.

Proxecto derradeiro

Obxectivo

-O proxecto derradeiro ten como obxectivo comprobar que o alumnado asimilou e é capaz de integrar, sincretizar e aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos durante o proceso formativo e, en consecuencia, de desempeñar unha actividade profesional no campo propio do/da técnico deportivo superior en balonmán.

Contido

-O proxecto final consistirá na concepción e elaboración dun traballo monográfico que versará sobre algún dos aspectos seguintes da súa formación:

* O adestramento de xogadores/as e equipos de balonmán.

* A dirección técnica de equipos de balonmán.

* O acondicionamento físico de xogadores/as de balonmán.

* A dirección de técnicos deportivos.

* A dirección de escolas de balonmán.

* O ensino do balonmán.

-O proxecto final constará das seguintes partes:

* Introdución, que establecerá os obxectivos do traballo, a súa relación con outros traballos precedentes se os houber e o seu enfoque xeral.

* Núcleo do proxecto.

* Referencias bibliográficas e iconográficas utilizadas para a elaboración do traballo.

Avaliación

O proxecto final será cualificado seguindo a escala numérica dun a dez puntos, sen decimais. Consideraranse positivas as cualificacións iguais ou superiores a cinco puntos, ambos inclusive; e negativas, as restantes.

-Valorarase no proxecto:

* A realización dun traballo orixinal.

* A utilización dunha linguaxe clara e unha correcta terminoloxía específica.

* A presentación e estruturación correcta do proxecto.

* A pertinencia e a viabilidade do proxecto.

* A realización dunha completa revisión bibliográfica.

ANEXO IV

Correspondencias e acceso a outros estudos

Módulos de formación que poderán ser obxecto

de correspondencia coa práctica deportiva de alto nivel

(Real decreto 1467/1997), do 19 de setembro, sobre deportistas de alto nivel)

A práctica dos/as deportistas que obtiveran a consideración de deportistas de alto nivel en balonmán poderá ser obxecto de correspondencia formativa cos módulos de formación técnica e táctica individual do balonmán.

Acceso a outros estudos.

-O título de técnico deportivo superior de balonmán dará acceso aos seguintes estudos universitarios:

* Mestre/a (todas as especialidades).

* Diplomado/a en educación social.

* Diplomado/a en ciencias empresariais.

* Diplomado/a en enfermaría.

* Diplomado/a en fisioterapia.

* Diplomado/a en terapia ocupacional.

* Diplomado/a en traballo social.

* Diplomado/a en turismo.

* Licenciado/a en ciencias da actividade física e do deporte.

ANEXO V

Requisitos mínimos dos centros de formación dos técnicos

de balonmán

1. Requisitos de instalacións xerais.

-Espazos de uso administrativo e docente xenérico. Os centros deberán dispor:

* Sala ou aula de uso múltiple para o desenvolvemento de actividades comúns do centro, cunha capacidade suficiente para o número de prazas autorizadas, conforme a relación 60 m2/35 alumnos/as.

* Polo menos unha aula cunha dimensión mínima de 50 m2, para unha capacidade máxima de 35 alumnos/as.

* Unha unidade de seminario cunha dimensión mínima de 60 m2, con servizos e fondos que garantan a consulta de libros, revistas e documentos en soporte audiovisual; estarán dotados tamén de medios audiovisuais necesarios para a docencia.

* Espazos independentes para os órganos de goberno e os servizos administrativos do centro, secretaría e sala de profesores/as, todo iso axeitado á capacidade do centro, cunha dimensión mínima de 50 m2.

* Aseos e servizos hixiénico-sanitarios tanto para alumnado como para profesorado, en número axeitado á capacidade do centro, conforme o que dispoña a lexislación que, en cada caso, sexa de aplicación.

* Dependencias para a almacenaxe do material adecuado ás necesidades do centro.

* Zona de vestiarios axeitada á capacidade do centro, conforme o que dispoña a lexislación que, en cada caso, sexa de aplicación.

-Requisitos das instalacións e equipamentos docentes deportivos.

a) Os centros de formación de técnicos deportivos de balonmán disporán do espazo suficiente e o equipamento docente necesario nas súas aulas para atender o alumnado inscrito en cada nivel e grao de formación na correspondente especialidade.

b) Unha sala deportiva polivalente cuberta, debidamente equipada, para impartir os contidos teórico-prácticos dos distintos módulos. As dimensións deberán ser suficientes para atender simultaneamente aos alumnado inscrito nun módulo de formación determinada, respectando o número máximo de alumnado por profesor/a.

c) Un pavillón cuberto que poida albergar ao tempo un campo de balonmán marcado e dous campos de minibalonmán. Cada un dos campos deberá incluír dúas portarías con medidas regulamentarias.

d) En calquera caso, o número de campos dispoñibles e a superficie utilizable para impartir as clases de contido teórico-práctico, permitirá unha adecuada distribución do tempo dispoñible para a práctica, en relación co número de alumnado autorizado para o centro.

e) O número mínimo de balóns dispoñibles será de un por alumno/a. Disporase así mesmo de encerados e outros elementos necesarios para a mellor transmisión de coñecementos.

2. Requisitos no caso de unha rede de centros cunha mesma titularidade.

No caso dunha rede de centros que se sitúe no ámbito de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, e a titularidade dos cales sexa única, todas as sedes haberán de reunir os requisitos de instalacións e profesorado que estean directamente relacionados coa actividade docente. Pola súa vez, a consellería competente en materia de educación, á vista do informe que poida solicitar ao titular da rede, ditará os criterios que se deben seguir sobre os requisitos que estean directamente relacionados coa súa dirección e administración.

3. Requisitos de seguranza e responsabilidade.

Os centros deberán dispor de:

* Un servizo médico ou, de ser o caso, un concerto de asistencia médica de urxencia.

* Un plan de evacuación de persoas enfermas e accidentadas.

* Un seguro que cubra a responsabilidade civil que puidese ser reclamada ao centro, en razón da súa propia actividade.

* Cinco manequíns de recuperación cardiopulmonar.

Ver referencia pdf "05100D002P021.PDF"

Ver referencia pdf "05100D003P062.PDF"

a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DE PESCA

E ASUNTOS MARÍTIMOS