DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 20 de abril de 2009 Páx. 7.593

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 31 de marzo de 2009 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (Diario Oficial de Galicia número 185, do 24 de setembro).

De acordo co disposto no artigo 30 do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG nº 185, do 24 de setembro), recoñécense oficialmente como actividades artesás os traballos e actividades que figuran no anexo IV do referido decreto, para os efectos da súa inclusión na sección de actividades artesás do rexistro xeral de Artesanía de Galicia.

O artigo 31 do mesmo texto legal sinala que a relación de actividades artesás poderá ser obxecto de revisión periódica pola Comisión Galega de Artesanía, de oficio ou por instancia de parte interesada. A revisión levarase a cabo mediante orde da consellería competente en materia de artesanía por proposta do citado órgano colexiado.

Logo da solicitude por instancia da parte interesada da inclusión na sección de actividades artesás do rexistro xeral de Artesanía de Galicia das actividades de centón (retallos) e bixutaría, o Pleno da Comisión Galega de Artesanía, na súa reunión de data 23 de xullo de 2008, acordou que ambas as dúas actividades tiñan particularidades propias que as diferenciaban notablemente dos oficios artesanais recollidos no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, propoñendo, por unanimidade dos seus membros, a inclusión das devanditas actividades na sección de actividades artesás do referido rexistro xeral de Artesanía de Galicia.

Con base no anterior e de acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 218/2001, do 7 de setembro,

RESOLVO:

Primeiro.-A inclusión das actividades de centón (retallos) e bixutaría na relación de actividades artesás recollida no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, conforme o disposto no anexo I desta orde.

Segundo.-Actualizar o devandito anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, conforme o disposto no anexo I desta orde.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2009.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria

Ver referencia pdf "07500D005P009.PDF"