DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 28 de abril de 2009 Páx. 8.062

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Orde conxunta do 14 de abril de 2009, das consellerías do Medio Rural e de Sanidade, pola que se regula a formación das persoas que realizan actividades relacionadas coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea a Comisión Técnica de Produtos Fitosanitarios.

Advertidos erros na orde conxunta do 14 de abril de 2009, das consellerías do Medio Rural e de Sanidade, pola que se regula a formación das persoas que realizan actividades relacionadas coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea a Comisión Técnica de Produtos Fitosanitarios, publicada no DOG nº 77, do 22 de abril de 2009, cómpre facer a seguinte rectificación:

Na páxina 7.741, no artigo 7.1, referido ao persoal docente dos cursos de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios, onde di: “d)”, debe dIcir: “c)”.

Na páxina 7.743, na disposición transitoria cuarta, onde se di: «… no artigo 7º alínea c) da presente disposición ...», debe dicir: «no artigo 7.1 alÍnea c) da presente disposición ...».