DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 29 de maio de 2009 Páx. 9.331

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 306/2009, do 28 de maio, polo que se nomea director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia a Alfonso Sánchez Izquierdo.

De conformidade co establecido no artigo 10.1º da Lei de Galicia 9/1984, do 11 de xullo, de creación da Compañía de Radio Televisión de Galicia, oído o Consello de Administración desta, dado cumprimento ao establecido no artigo 16 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, e trala comparecencia do candidato ante a Comisión 1ª do Parlamento de Galicia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de maio de dous mil nove,

Nomeo director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia a Alfonso Sánchez Izquierdo.

Santiago de Compostela, vinte e oito de maio de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza