DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 26 de xuño de 2009 Páx. 11.160

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 336/2009, do 11 de xuño, polo que se nomean os vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias.

O artigo 20 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia e o artigo 6 do Decreto 223/2007, do 5 de decembro, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega de Emerxencias, establecen a composición do Consello Reitor, determinando que estará formado, entre outras polas seguintes vogalías:

a) A persoa titular da secretaría xeral da consellería competente en materia de protección civil e xestión de emerxencias.

b) A persoa titular da dirección xeral competente en materia de interior.

c) Un representante, con categoría, cando menos, de director xeral, da consellería competente en materia de voluntariado.

d) Un representante, con categoría, cando menos, de director xeral, da consellería competente en materia de urbanismo e transportes.

e) Un representante, con categoría, cando menos, de director xeral, da consellería competente en materia de montes e incendios forestais.

f) Un representante, con categoría, cando menos, de director xeral, da consellería competente en materia de sanidade.

g) Un representante, con categoría, cando menos, de director xeral, da consellería competente en materia de pesca e asuntos marítimos.

h) Un representante, con categoría, cando menos, de director xeral, da consellería competente en materia de ambiente.

i) Tres vogais designados pola presidencia do consello reitor entre persoas expertas e de prestixio en materia de emerxencias.

j) Catro representantes dos concellos de Galicia, designados pola Federación Galega de Municipios e Provincias.

A condición de vogal representante dos concellos estará vinculada a súa representatividade posuída, e perderase ao desaparecer aquela.

k) Un representante da Administración do Estado, nomeado pola persoa titular da Delegación do Goberno en Galicia.

Os vogais serán nomeados e cesados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta da persoa titular da consellería competente en materia de protección civil e xestión de emerxencias.

De conformidade con iso, mediante o Decreto 232/2007, do 13 de decembro, e o Decreto 40/2008, do 6 de marzo, designáronse os vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias.

Con posterioridade, as modificacións introducidas nas estruturas orgánicas dos departamentos da Xunta de Galicia, fixadas definitivamente polo Decreto 83/2009, do 21 de abril, outorgando unha nova denominación a algúns dos cargos a que se facía mención nos anteditos decretos, aconsellan adaptar a composición do Consello Reitor da Axega ás novas circunstancias.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de xuño de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear como vogais representantes da Xunta no Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias a:

-Beatriz Cuíña Barja, secretaria xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

-Ovidio Rodeiro Tato, director xeral e Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar.

-Miguel Rodríguez Bugarín, director xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infrestruturas

-Tomás Fernández Couto-Juanas, director xeral de Montes da Consellería de Medio Rural

-Nieves Domínguez González, directora xeral de Asistencia Sanitaria da Consellería de Sanidade.

-Pablo Ramón Fernández Asensio, director xeral de Ordenación e Xestión de recursos mariños da Consellería do Mar.

-Isabel Vila Barbosa, directora xeral de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Nomear como vogais en representación dos concellos, logo de designación pola Federación Galega de Municipios e Provincias, a:

-José Luis García García, alcalde de Brión.

-José Antonio Dono López, alcalde da Estrada.

-Francisco Javier Caínzos Vázquez, alcalde de Curtis.

-Martiño Noriega Sánchez, alcalde de Teo.

Nomear como vogais na súa condición de expertos en materia de emerxencias a:

-Manuel Bao Iglesias.

-Cesáreo Rey Noya.

-Juan José González Fernández.

Nomear en representación da Administración do Estado, logo de designación pola Delegación do Goberno en Galicia, a:

-José Luis Ucieda Somoza, xefe da unidade de Protección Civil da Delegación do Goberno en Galicia.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogados o Decreto 232/2007, do 13 de decembro, e o Decreto 40/2008, do 6 de marzo, polos que se designaron os vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de xuño de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza