DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 24 de xullo de 2009 Páx. 12.635

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ORDE do 13 de xullo de 2009 sobre a aprobación definitiva do documento de cumprimento da orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 16 de maio de 2008, sobre a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vigo (Pontevedra).

O Concello de Vigo eleva, de conformidade co previsto no artigo 85.5º da Lei 9-2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para a súa aprobación definitiva, o expediente correspondente aos ámbitos concretos do Plan Xeral de Ordenación Municipal excluídos do ámbito de afección da aprobación definitiva do PXOM de Vigo (Orde da CPTOPT de data 16-5-2008).

De acordo coa proposta elevada pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo nesta mesma data, o cal se subscribe nos seus xustos termos, fanse as seguintes consideracións ao respecto daquelas cuestións que quedaron en suspenso na Orde autonómica do 16-5-2008; e que se recollen no expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal agora remitido polo Concello de Vigo para a súa aprobación definitiva.

O prazo para resolver a aprobación definitiva do plan xeral, de conformidade co disposto no artigo 85 da LOUG é de tres meses, contados desde a entrada do expediente completo no rexistro desta consellería.

I. Antecedentes.

Mediante Orde do 16 de maio de 2008, publicada no Diario Oficial de Galicia en data 3-6-2008, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes acordou, de conformidade co artigo 85.5º a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, outorgar a aprobación definitiva con carácter parcial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vigo.

De conformidade co precepto legal sinalado, a aprobación do planeamento xeral poderá ser parcial, cando as deficiencias só afecten áreas ou determinacións tan concretas que, prescindindo delas, o planeamento se poida aplicar con coherencia; quedando en suspenso as áreas, determinacións e documentos obxecto de reparos no corpo da orde, ata que o concello emende as deficiencias e cumpra as condicións sinaladas nesta; e lle remita á consellería o documento corrixido para a súa aprobación definitiva.

En relación co anterior, as modificacións introducidas que agora se someten a consideración, e que afectan exclusivamente os ámbitos que quedaron en suspenso, foron recollidas no documento de cumprimento da Orde da CPTOPT do 16 de maio de 2008 sobre aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vigo.

Nese sentido, esta orde da CMATI de 13-7-2009, refírese exclusivamente a este documento reformado.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 30-3-2009, acorda aprobar a proposta de cumprimento da Orde de 16-5-2008.

O expediente municipal foi remitido a esta consellería para resolver sobre a súa aprobación definitiva mediante escrito que tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia o 14-4-2009 (número de rexistro 81.238).

O sinalado documento de cumprimento da Orde da CPTOPT do 16 de maio de 2008 sobre aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vigo, consta de:

-Tomo I.-Memoria xustificativa do cumprimento das observacións da Orde do 16 de maio de 2008 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes sobre os aspectos que se relacionan nela, relativos a:

II.1. Cumprimento das observacións da Orde do 19-1-2007 sobre o contido do PXOM:

-Cualificación dos terreos destinados a sistemas xerais.

-Clasificación do solo de núcleo rural.

-Ámbitos que deben incluírse na categoría de solo urbano non consolidado.

-Cuestións relacionadas coa normativa do plan.

II.2. Cumprimento das observacións da Orde do 19-1-2007, relativas aos informes previstos na lexislación de carácter sectorial:

-Informe da Dirección Xeral de Urbanismo en materia de costas.

II.3. Modificacións introducidas con posterioridade á Orde do 19-1-2007:

-Erros materiais detectados.

II.4. Infraestruturas de incidencia supramunicipal:

-Variante do trazado do tramo O Porriño-Vigo.

Anexo A. Cadros que na actualización dos números do plan xustifican o cumprimento dos estándares legais de sustentabilidade e estándares resultantes:

1. Cumprimento do artigo 47.2º da LOUG.

2. Xustificación de estándares por distrito.

3. Coeficientes e valores de repercusión por usos, por ámbitos e sectores.

4. Vivenda acollida a algún réxime de protección pública (VPA) por distritos e por diferenzas respecto das exixencias legais.

5. Resumo de magnitudes.

Anexo B. Fichas de planeamento.

Anexo C. Listaxe de planos substituídos no documento do plan xeral, tras os cambios introducidos no cumprimento das observacións da orde.

-Anexo Tomo I.-Área de ordenación detallada do ámbito identificado como APR- A-3-21, Alfageme.

-Anexo I Tomo III.-Áreas de ordenación pormenorizada:

AOP-01 Ordenanza 16. Privada Moderna.

AOP-09 Ordenanza 16. San Gregorio.

AOP-10 Ordenanza 16. Castro Castriño.

AOP-11 Ordenanza 16. Tomás Alonso 91- 111.

AOP-14 Ordenanza 16. Coruxo Costa.

AOP-21 Ordenanza 16. Cordelerías Mar.

AOP-23 Ordenanza 16. Romil.

-Tomo VII.-Estudo do medio rural e análise do modelo de asentamento poboacional: memoria, planos, fichas gráficas e paramétricas corrixidos.

NR-01. Fragoselo (Coruxo).

NR-02. As Chans (Bembrive).

NR-03. San Cibrao (Bembrive).

NR-04. Miraflores (Bembrive).

NR-05. Xestoso (Bembrive).

NR-07. Cidáns (Zamáns).

NR-08. Igrexa (Zamáns).

NR-09. Marcosende (Zamáns).

NR-10. Vilariño (Zamáns).

NR-11. Vilaverde (Zamáns).

-Planos.

-Caixa 2: Planos nº 2, 3, 5, 6, 9, 11, 12, 15, 17, 19, 20, 21 e 22 (escala 1/5.000) para substituír, serie 1, de clasificación de solo e categorías de solo rústico.

-Caixa 3: Planos nº 1-Q, 2-Q, 2-N, 2-O, 3-N, 3-Q, 8-K, 8-N, 9-I, 10-I, 10-J, 12-O, 13-O, 13-P, 13-Q, 13-R, 14-O, 14-P, 14-Q, 14-R, 15-O, 15-P, 15-Q, 15-R, 16-P, 16-Q, 16-R, 17-P, 17-Q, 18-Q, 19-G, 20-G, 20-H, 23-O, 23-P, 24-P, 24-Q, 25-O, 25-P, 25-Q, 25-R, 26-P, 26-Q, 26-R e 27-Q (escala 1-1.000), para substituír, serie 2, de ordenación pormenorizada dos solos urbanos e de núcleo rural.

-Encadernación deses mesmos planos a escala 1/2.000.

II. Consideracións e fundamentación.

Primeiro.-Na Orde do 16-5-2008, de aprobación definitiva parcial do PXOM do Concello de Vigo, as áreas ou determinacións obxecto de reparos referíanse a:

1. Cualificación de terreos destinados a sistemas xerais.

2. Clasificación do solo de núcleo rural, en concreto en canto á acreditación do carácter tradicional das vivendas; e en canto a áreas de expansión que afectaban terreos que debían ser clasificados como solo rústico de especial protección, superaban a distancia máxima exixida na LOUG e ou non se xustificaba a súa necesidade.

3. Ámbitos de solo urbano consolidado que non tiñan acreditada a concorrencia das circunstancias legalmente exixidas para esa categorización.

4. Normas que contraviñan prescricións da lexislación urbanística estatal ou autonómica.

5. Determinacións do informe da Dirección Xeral de Urbanismo en materia de costas, relativas á integración de terreos no dominio público marítimo-terrestre e á súa clasificación como solo rústico de protección de costas.

6. Erros materiais en fichas de ámbitos de xestión, con referencia a convenios non incorporados ao PXOM.

7. Falla da «Variante de trazado. Tramo O Porriño-Vigo», cuxo estudo informativo e incidencia supramunicipal foi aprobado definitivamente por resolución do secretario de Estado de Infraestruturas do Ministerio de Fomento o 20-10-2007 (BOE do 25-10-2007).

Segundo.-No documento agora achegado, aprobado polo Concello Pleno en sesión do 30 de marzo pasado, analízanse con detalle cada un dos puntos obxecto de reparos na Orde autonómica do 16-5-2008, procedendo, segundo os casos, a incorporar as xustificacións requiridas ou a emendar as deficiencias detectadas na referida orde.

En consecuencia, examinado o documento de cumprimento da Orde da CPTOPT do 16 de maio de 2008 sobre aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vigo púidose observar o cumprimento do disposto na Orde da CPTOPT do 16 de maio de 2008, xa que coas modificacións introducidas se emendan as deficiencias observadas e se incorporan as xustificacións oportunas anteriormente instadas.

De conformidade co artigo 89 da LOUG, e co artigo 1 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos Plans Xerais de Ordenación Municipal correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

III. Resolución.

Visto canto antecede, de conformidade co disposto no artigo 85.5º a) da LOUG,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o documento de cumprimentación da Orde da CPTOPT do 16 de maio de 2008, sobre aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vigo.

Segundo.-De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá proceder á publicación regulamentaria no BOP.

Terceiro.-Notifíquese esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2009.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas