DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 08 de setembro de 2009 Páx. 14.545

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 28 de agosto de 2009 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2009 e 2010 de programas integrados para o emprego.

A Orde do 30 de decembro de 2008 (DOG nº 12, do 19 de xaneiro), establece na súa disposición adicional primeira que as accións incluídas nesta orde se financiarán con cargo ás consignacións orzamentarias que figuran no proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 e que as ditas consignacións estarán supeditadas ás modificacións orzamentarias que se poidan realizar como consecuencia de incrementos das cantidades asignadas á comunidade autónoma pola Administración do Estado.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 30 de decembro de 2008, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2008 nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009:

48.05.322B.481.1 polo importe de 1.075.000 euros, código proxecto 2006 00481.

48.05.322B.460.0 polo importe de 925.000 euros, código proxecto 2006 00481.

Segundo.-Esta modificación non afecta ao prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2009.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar