DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2010 Páx. 5.971

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 61, do 31 de marzo de 2010, cómpre facer as seguintes correccións:

1. Na páxina 4.692, no artigo 7.2 c) 2. onde di: «Monetarizar o seu plan industrial, que consistirá en multiplicar o número de megawatt que foron adxudicados polo rateo €/MW que foi tido en conta para avaliar o proxecto industrial, ingresando a citada cantidade no fondo de capital-risco (Sogida) do Igape co fin de financiar proxectos industriais de igual ou análoga natureza. Será de aplicación a Lei 25/2005, do 24 de novembro, reguladora das entidades de capital risco, respecto aos dereitos e as achegas dos que realicen os partícipes ao dito fondo.

O prazo para proceder ao ingreso no fondo de capital-risco (Sogiga) do Igape efectuarase no prazo dun mes desde a posta en funcionamento do/s parque/s».

Debe dicir:

«Monetarizar o seu plan industrial, que consistirá en multiplicar o número de megawatt que foron adxudicados polo rateo €/MW que foi tido en conta para avaliar o proxecto industrial, ingresando a citada cantidade no fondo de capital-risco (Sodiga) do Igape co fin de financiar proxectos industriais de igual ou análoga natureza. Será de aplicación a Lei 25/2005, do 24 de novembro, reguladora das entidades de capital risco, respecto aos dereitos e as achegas dos que realicen os partícipes ao dito fondo.

O prazo para proceder ao ingreso no fondo de capital-risco (Sodiga) do Igape efectuarase no prazo dun mes desde a posta en funcionamento do/s parque/s».

2. Na páxina 4.692, no artigo 9.1º, onde di: «A avaliación das solicitudes será realizada por unha Comisión de Valoración que estará constituída por un presidente e cinco vogais coa seguinte distribución:

Presidente: nomeado polo conselleiro de Economía e Industria.

Vogais: cinco vogais designados polos titulares das consellerías con competencias en materia de:»,

Debe dicir:

«A avaliación das solicitudes será realizada por unha Comisión de Valoración que estará constituída por un presidente e seis vogais coa seguinte distribución:

Presidente: nomeado polo conselleiro de Economía e Industria.

Vogais: seis vogais designados polos titulares das consellerías con competencias en materia de:».

3. Na páxina 4.711, onde di: «II-9-5 da ADE Malpica (P.E. Pemalsa)», debe dicir: «II-8-12 da ADE Malpica (P.E. Pemalsa)».

4. Na táboa da páxina 4.696, elimínase a fila 40, correspondente á Área de Desenvolvemento Eólico I-5-2 (Montouto), que está incluída na táboa de ADE tipo II (acoutadas) da páxina 4.698, coa identificación II-5-6.

5. Na táboa da páxina 4.698, na fila 49, onde di:

«II-9-5 Malpica (P.E. Pemalsa) 9 10 Malpica»

Debe dicir:

«II-8-12 Malpica (P.E. Pemalsa) 8 10 Malpica»

6. Na páxina 4.717 no anexo V, alínea a) onde di: «Nivel tecnolóxico e eficiencia enerxética das instalacións que conforman os parques eólicos (máximo: 6 puntos)»,

Debe dicir:

«Nivel tecnolóxico e eficiencia enerxética das instalacións que conforman os parques eólicos (máximo: 3 puntos)».

7. Na páxina 4.718, no anexo V, epígrafe A.2, parágrafo segundo, onde di: «Os datos de velocidade media anual a 80 metros de altura incluídos neste atlas agruparanse en rangos de amplitude 0,5 m/s (6,0 m/s

Debe dicir:

«Os datos de velocidade media anual a 80 metros de altura incluídos neste atlas agruparanse en rangos de amplitude 0,5 m/s (6,0 m/s

8. No anexo V, epígrafe D.1, no coeficiente K1. sector industrial no que se desenvolve o plan industrial, onde di:

Ver referencia pdf "07100D008P064.PDF"