1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Dirección de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.
2) Enderezo: edificio administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4) Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas), 881 54 27 69 (cuestións técnicas de obra) e 986 21 91 14 (cuestións técnicas de explotación).
5) Telefax: 881 54 27 62.
6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
7) Data límite de obtención de documentación e información: para obtención de documentación ata o 2-8-2010 e para solicitar información, segundo o artigo 115.2º da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, durante os trinta (30) días naturais seguintes ao último anuncio de licitación publicado.
d) Número do expediente: AB-SER3-10-016.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: concesión de obras públicas.
b) Descrición do obxecto: concesión de obras públicas do novo hospital de Vigo para a redacción do proxecto técnico, financiamento, construción e explotación de determinados servizos non clínicos do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
c) División por lotes e número: non procede.
d) Lugar de execución: Vigo.
e) Prazo de execución: 277 meses.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 71541000-2, 45215100-8, 39370000-6, 45259000-7, 50313000-2, 255100000-1, 77311000-3, 79710000-4 90911200-8, 90920000-2, 98311100-7.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.
4. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 1.168.605.489 euros constantes do 2010 (sen IVE).
5. Garantías exixidas.
a) Provisional: catro millóns de euros (4.000.000 ).
b) Definitiva: dezaoito millóns setecentos dezaoito mil cincocentos oitenta e un euros con cincuenta céntimos (18.718.581,50 ). É o 5% do orzamento total estimado da licitación de obra (PTEL=374.371.630 ).
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.
c) Outros requisitos específicos:
d) Contratos reservados: non.
7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: ata as catorce horas do día 2-8-2010.
b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.
c) Lugar de presentación.
1) Dependencia: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2) Enderezo: edificio administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
d) Admisión de variantes: non se admite.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: seis (6) meses, contados desde a apertura das ofertas.
8. Apertura de ofertas.
a) Enderezo: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: ver no perfil do contratante da páxina www.sergas.es.
9. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario.
10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7 de maio de 2010.
11. Outras informacións: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderanse obter no perfil do contratante http://www.sergas.es a partir do día 12-5-2010.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2010.
Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos