DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 13 de agosto de 2010 Páx. 14.670

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ORDE do 3 de agosto de 2010 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 5 de marzo de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia, e se procede á súa convocatoria. (IN218A-presentación electrónica).

A Orde do 5 de marzo de 2010, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 49, do 12 de marzo, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia e se procede á súa convocatoria (IN218A-presentación electrónica).

No seu artigo 2, precísase a aplicación orzamentaria e o importe económico previsto para o financiamento das devanditas subvencións e no seu número 1º sinálase que o importe inicial se entenderá máximo sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria.

Co obxecto de poder amparar todas as solicitudes, e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, tramítase o correspondente expediente de ampliación de crédito, polo que cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas subvencións.

Por todo o que antecede,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na orde desta consellería do 5 de marzo de 2010, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 49, do 12 de marzo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia e se procede á súa convocatoria (IN218A-presentación electrónica).

2. O incremento da dotación será de 200.000 euros, con cargo a aplicación orzamentaria 08.03.751-A.770.3 Fomento do comercio rural.

Unha vez efectuado este incremento, o importe total da dotación orzamentaria ascende a 1.880.000 euros.

3. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición adicional

Única.-A ampliación de crédito prevista no artigo único desta orde non afecta o prazo da presentación de solicitudes establecido na Orde do 5 de marzo de 2010.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2010.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria