DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 17 de novembro de 2010 Páx. 18.757

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 187/2010, do 11 de novembro, polo que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais nas universidades do sistema universitario de Galicia para o curso 2010-2011.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31º, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro, transferiulle á comunidade autónoma competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola comunidade autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, establece no seu artigo 8º.2 que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola comunidade autónoma, ben por propia iniciativa, co acordo do Consello de Goberno da Universidade, ben por iniciativa da universidade mediante proposta do Consello de Goberno, en ambos os casos con informe previo favorable do Consello Social.

O artigo 35º.2 da Lei orgánica 6/2001 establece que, ademais do recollido no parágrafo anterior, as universidades deberán obter a verificación do Consello de Universidades de que o oportuno plan de estudos se axusta ás directrices e condicións establecidas polo Goberno. Na súa virtude, polo Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, estableceuse a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. A verificación positiva dos plans de estudo das titulacións que se autorizan neste decreto foi acordada polo Consello de Universidades.

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, e o Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia, e no Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo que se establece o procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao conducentes ao título de máster ou de doutor, téndose acordado no Consello Galego de Universidades do 5 de novembro de 2007 unhas liñas xerais para a implantación dos estudos de grao e de posgrao no sistema universitario de Galicia (SUG).

No artigo 3º do Decreto 259/1994, do 29 de xullo, establécese que a autorización para a implantación de estudos no ámbito territorial propio da comunidade autónoma farase por decreto do Consello da Xunta de Galicia. Previamente terá que recibir o informe do Consello Galego de Universidades, de acordo co previsto no artigo 5º j) da Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades. No Decreto 150/2010, do 16 de setembro, autorízase a implantación de diversos títulos de grao e posgrao para o curso 2010-2011. Rematado o proceso de verificación dos títulos pendentes, faise necesario un novo decreto co que se remata o proceso de transformación da oferta actual do SUG.

Por todo isto, en aplicación do artigo 8º.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e do artigo 3º.3 do Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta dos consellos de Goberno das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, cos informes previos favorables dos consellos sociais respectivos, verificados positivamente os planos de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable do Consello Galego de Universidades en exercicio das competencias sinaladas na Lei 2/2003, do 22 de maio, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do once de novembro de dous

mil dez

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Universidade de Santiago de Compostela.

1.1. Estudos de grao.

Campus de Lugo.

1. Concédese autorización para que na Escola Politécnica Superior se implanten os estudos conducentes ao título de grao en enxeñaría civil.

2.2. Estudos de posgrao.

1. Máster universitario.

-Máster universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega (interuniversitario).

-Máster universitario en Erasmus Mundus en Literatura Alemá na Idade Media Europea (interuniversitario).

2. Doutoramento.

-Doutor ou doutora dentro do programa de doutoramento en Estudos Franceses (interuniversitario).

Artigo 2º.-Universidade da Coruña.

1.1. Estudos de grao.

Campus da Coruña.

1. Concédese autorización para que na Facultade de Informática se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Informática.

2. Concédese autorización para que na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo.

3. Concédese autorización para que na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Mariña.

4. Concédese autorización para que na Escola Técnica Superior de Arquitectura se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Arquitectura.

5. Concédese autorización para que na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil.

6. Concédese autorización para que na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría de Obras Públicas.

Campus de Ferrol.

1. Concédese autorización para que na Escola Politécnica Superior e na Escola Universitaria Politécnica se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.

2. Concédese autorización para que na Escola Politécnica Superior e na Escola Universitaria Politécnica se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Mecánica.

3. Concédese autorización para que na Escola Politécnica Superior e na Escola Universitaria Politécnica se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Eléctrica.

4. Concédese autorización para que na Escola Politécnica Superior e na Escola Universitaria Politécnica se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática.

5. Concédese autorización para que na Escola Politécnica Superior e na Escola Universitaria Politécnica se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Arquitectura Naval.

6. Concédese autorización para que na Escola Politécnica Superior e na Escola Universitaria Politécnica se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque.

2.2. Estudos de posgrao.

1. Máster universitario.

-Máster universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega (interuniversitario).

-Máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada (interuniversitario).

-Máster universitario en Ciencias Documentais no Contorno Dixital.

-Máster universitario en Computación de Altas Prestacións (interuniversitario).

-Máster universitario en Lingüística Galega (interuniversitario).

-Máster universitario en Metodoloxía da Investigación en Ciencias Sociais. Innovacións e Aplicacións.

-Máster universitario en Patrimonio Cultural. A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Artigo 3º.-Universidade de Vigo.

1.1. Estudos de posgrao.

1. Máster universitario.

-Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que, no ámbito das súas competencias, dite as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-A implantación polas universidades do sistema universitario de Galicia dos plans de estudos conducentes á obtención dos títulos que se autorizan neste decreto realizarase coa temporalidade prevista no correspondente plan de estudos verificado polo Consello de Universidades.

Terceira.-A efectiva impartición das ensinanzas autorizadas neste decreto queda condicionada ao procedemento establecido no artigo 35º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e no capítulo VI do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

Cuarta.-A implantación e posta en funcionamento das titulacións que se recollen neste decreto será efectuada polas universidades do sistema universitario de Galicia con cargo aos seus recursos e dispoñibilidades orzamentarias. En todo caso, a participación económica da Xunta de Galicia será a fixada anualmente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do Plan de financiamento do SUG.

Quinta.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de novembro de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria