DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 24 de novembro de 2010 Páx. 19.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2010, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 2010 polo que se autoriza a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación radiofónica, de carácter comercial, para a localidade de Cedeira (A Coruña), na frecuencia 101.3 MHz en favor de Radio Publi, S.L.

Adoptado acordo do Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 1 de outubro de 2010, polo que se autoriza a transmisión dunha licenza para a prestación do servizo de comunicación radiofónica, de carácter comercial, resulta necesario dar publicidade ao mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan na Lei 7/2010, de 31 de marzo, xeral de comunicación audiovisual.

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 1 de outubro de 2010, polo que se outorga autorización para a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación radiofónica, de carácter comercial, da localidade de Cedeira, na frecuencia 101.3 MHz, en favor da sociedade Radio Publi, S.L.

A transmisión non altera as condicións da licenza ou a súa data do vencemento, o 29 de xullo de 2025.

A transmisión está sometida ao pagamento das taxas preceptivas previstas na lexislación vixente unha vez aprobada polo Consello da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2010.

Alfonso Cabaleiro Durán

Secretario xeral de Medios