DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2010 Páx. 20.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual do Plan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística do conxunto histórico artístico de Pontevedra (PEPRICA) para museización de restos arqueolóxicos achados nas prazas do Peirao e Valentín García Escudero e rúas Mestre Mateo e Santa María.

O Pleno da Corpoación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 22 de outubro de 2010, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva á 3ª modificación puntual do Plan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística do conxunto histórico artístico de Pontevedra (PEPRICA), promovida por este concello para museización de restos arqueolóxicos aparecidos nos eidos dos subsolos das rúas Mestre Mateo-Sta. María e prazas do peirao e Valentín García Escudero, instrumento urbanístico redactado polo arquitecto xefe da Oficina Municipal de Planeamento e Xestión Urbanística, Carlos García Velasco, datado en maio de 2010, que introduce as modificacións subsecuentes aos informes da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 21 de outubro de 2009 e do 5 de maio de 2010, desestimando as alegacións formuladas polo Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación, por Patricia Eirín Carreira, por Alejandro Pedras Lorda en representación da Comunidade de Veciños do Edifico de Vivendas do número 30 da rúa de Arcebispo Malvar desta cidade, e por

Evelio E. Sánchez Juncal, con fundamento no informe emitido polo arquitecto xefe da Oficina Técnica de Planeamento e Xestión Urbanística o 2 de marzo de 2010, que se incorpora ao texto deste e lle serve de motivación consonte o artigo 89º.5 da Lei 30/1992, e nas consideracións expresadas neste acto.

Segundo.-Notificar este acordo ás persoas que formularon alegacións no trámite de información pública e aos demais interesados no procedemento con ofrecemento do réxime de recursos procedente e comunicalo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia con traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recae acordo de aprobación definitia, debidamente dilixenciados; dispoñéndose a publicación deste acordo, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia, facendo constar a remisión da documentación á consellería, e do documento que conteña a normativa e as ordenanzas no BOP para lograr a súa eficiacia e executividade, consonte o establecido nos artigos 92º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, e 70º.2 e 65º.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Faise constar que, con data do 5 de novembro de 2010, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, a documentación referida no punto 3 do artigo 92º da Lei 9/2002.

O que se fai público, a salvo dos termos que resulten da aprobación definitiva da acta, en cumprimento do ordenado e para os oportunos efectos.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10º e 46º da Lei 29/1998). Isto sen prexuízo de interpoñer outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Pontevedra, 9 de novembro 2010.

Miguel Anxo Fernández Lorez José Luis Mato Rodríguez

Alcalde Secretario xeral do Pleno