DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2011 Páx. 1.641

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se aproba a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, con indicación das causas de exclusión, das probas selectivas para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

De conformidade co establecido na base I.4, da Resolución de 6 de agosto de 2010 do director xeral de Administración Local pola que se convoca proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, esta dirección xeral, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 15º.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, en relación coa Orde do 12 de setembro de 2005, sobre delegación de competencias,

DISPÓN:

Primeiro.-Aprobar a listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as ás devanditas probas e que figuran no anexo I. No caso dos aspirantes excluídos/as, nas ditas listaxes expresaranse as causas que motivaron a súa exclusión.

Igualmente, a dita listaxe provisional de aspirantes admitidos exporase ao público no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Administración Local e na páxina web (http://www.eidolocal.es).

Segundo.-Os/as interesados/as disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formularen as alegacións que consideren oportunas, que irán dirixidas á Dirección Xeral de Administración Local, praza de Europa, 5 A, 4º, polígono das Fontiñas. Xunto coas ditas alegacións presentarase, se for o caso, a documentación necesaria.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

Transcorrido o prazo, a dirección ditará resolución definitiva, que se fará pública no Diario Oficial de Galicia, e nela decidirase acerca das alegacións presentadas polos solicitantes sobre a exclusión ou omisión nas listas provisionais, e a súa publicación servirá de notificación aos/as interesados/as, na cal se sinalarán o lugar de celebración da proba, así coma os lugares onde ser exporán ao público as listaxes definitivas.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2011.

José Norberto Uzal Tresandí

Director xeral de Administración Local

Ver referencia pdf "01900D006P021.PDF"