DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 02 de marzo de 2011 Páx. 3.450

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ORDE do 10 de febreiro de 2011 de modificación da Orde do 1 de febreiro de 2005, pola que se regula o procedemento de elección para a renovación de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

A Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia, crea no seu artigo 5º a Comisión Galega de Artesanía, adscrita á consellería competente en materia de artesanía, establece que a representación das administracións e dos artesáns e das artesás será paritaria e que os seus representantes serán a partes iguais por designación das asociacións artesanais legalmente constituídas e por elección democrática de todos os artesáns e todas as artesás inscritos/as na sección correspondente do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

O Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía, no seu artigo 2º, establece en catro o número de membros da comisión elixidos entre todos os artesáns e todas as artesás inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

A Orde do 1 de febreiro de 2005 regulou o procedemento de elección democrática de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás de cada provincia inscritos/as na sección terceira do devandito rexistro.

O Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, atribuíu o exercicio da planificación, coordinación e control das competencias en materia de artesanía á Dirección Xeral de Comercio. Este cambio competencial, xunto coa necesidade de introducir melloras de tipo procedemental no proceso electoral regulado pola dita Orde do 1 de febreiro de 2005, motivan a necesidade de adaptación do seu texto ás novas circunstancias.

En virtude do exposto, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Modificación do artigo 3º da Orde do 1 de febreiro de 2005, pola que se regula o procedemento de elección para a renovación de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Modifícase o artigo 3º da Orde do 1 de febreiro de 2005, que quedará redactado nos seguintes termos:

«Artigo 3º.-Apertura do proceso electoral e exposición do censo.

1. A dirección xeral competente en materia de artesanía determinará mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia a apertura do proceso electoral, así como os lugares e os prazos en que estará exposto o censo electoral. Como mínimo, o censo estará exposto durante un prazo de 10 días nos servizos centrais da consellería competente en materia de artesanía, na súa páxina web e nas súas xefaturas territoriais.

2. A dirección xeral competente en materia de artesanía elaborará o censo electoral, que agrupará os artesáns e as artesás por provincia, ordenados alfabeticamente, coa indicación do enderezo e do número de inscrición no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

3. Desde a data en que se inicie a exposición do censo e ata 5 días despois do vencemento do prazo sinalado para a súa exposición, as persoas interesadas poderán presentar reclamacións ante a dirección xeral competente en materia de artesanía por calquera das formas sinaladas no artigo 38º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. A dirección xeral competente en materia de artesanía resolverá as reclamacións formuladas nun prazo máximo de dez días, contados a partir da data de vencemento do período aberto para a presentación das ditas reclamacións.

5. Contra as resolucións da dirección xeral competente en materia de artesanía poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de artesanía».

Artigo 2º.-Modificación do artigo 5º da Orde do 1 de febreiro de 2005, pola que se regula o procedemento de elección para a renovación de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Modifícase o artigo 5º da Orde do 1 de febreiro de 2005, que quedará redactado nos seguintes termos:

«Artigo 5º.-Presentación de candidaturas.

1. Resoltas, de ser o caso, as reclamacións previstas nos números 3 e 4 do artigo 3º desta orde ou transcorrido o prazo para a súa presentación sen que se formulase ningunha reclamación, a dirección xeral competente en materia de artesanía anunciará no Diario Oficial de Galicia a publicación do censo electoral definitivo e mais o prazo de presentación de candidaturas, que non poderá ser inferior a 15 días naturais.

2. As candidaturas deberán presentarse conforme o modelo oficial que se publica como anexo I. Coas candidaturas deberá achegarse unha fotocopia do documento nacional de identidade da persoa candidata, en sobre pechado e certificado, ao seguinte enderezo:

Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio. Presentación de candidaturas para vogais da Comisión Galega de Artesanía. Edificio administrativo San Caetano s/n, bloque 5. 15781 Santiago de Compostela».

Artigo 3º.-Modificación do artigo 6º da Orde do 1 de febreiro de 2005, pola que se regula o procedemento de elección para a renovación de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Modifícase o artigo 6º da Orde do 1 de febreiro de 2005, que quedará redactado nos seguintes termos:

«Artigo 6º. -Proclamación de persoas candidatas.

Transcorridos 15 días naturais desde que finalice o prazo de presentación de candidaturas, a dirección xeral competente en materia de artesanía procederá a examinar as candidaturas presentadas e a proclamar as persoas candidatas. Excluiranse as que non reúnan os requisitos do artigo 4º e aqueloutras presentadas fÓra do prazo. Todo isto farase público mediante a inserción dun anuncio no Diario Oficial de Galicia».

Artigo 4º.-Modificación do artigo 7º.3 da Orde do 1 de febreiro de 2005, pola que se regula o procedemento de elección para a renovación de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Modifícase o parágrafo terceiro do artigo 7º da Orde do 1 de febreiro de 2005, que quedará redactado nos seguintes termos:

«3. A documentación enviarase por correo certificado, ao seguinte enderezo postal:

Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio. Elección de vogais para a Comisión Galega de Artesanía. Edificio administrativo San Caetano s/n, bloque 5. 15781 Santiago de Compostela».

Artigo 5º.-Modificación do artigo 8º.1 da Orde do 1 de febreiro de 2005, pola que se regula o procedemento de elección para a renovación de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Modifícase o número 1 do artigo 8º da Orde do 1 de febreiro de 2005, que quedará redactado nos seguintes termos:

«1. Transcorridos 10 días naturais desde o remate do prazo para votar, efectuarase a apertura dos sobres que conteñan os votos, en acto público, mediante convocatoria exposta nos taboleiros de anuncios das xefaturas territoriais e dos servizos centrais da consellería, así como na súa páxina web. No acto, presidido pola persoa titular da dirección xeral competente en materia de artesanía ou persoa en quen delegue, estarán presentes dous funcionarios ou funcionarias do correspondente centro directivo designados/as por aquela, e unha persoa en representación da Comisión Galega de Artesanía, que será designada por esta de entre os vogais e as vogais en representación do sector artesanal.

Do acto redactarase acta, indicando os votos válidos, nulos e en branco, así como os correspondentes a cada candidato ou candidata».

Artigo 6º.-Modificación do artigo 9º da Orde do 1 de febreiro de 2005, pola que se regula o procedemento de elección para a renovación de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Modifícase o artigo 9º da Orde do 1 de febreiro de 2005, que quedará redactado nos seguintes termos:

«Artigo 9º.-Proclamación de vogais electos.

1. Unha vez finalizado o escrutinio dos votos, a consellería competente en materia de artesanía fará públicos os resultados definitivos das eleccións e proclamará os vogais electos no Diario Oficial de Galicia.

2. Os vogais electos serán nomeados pola persoa titular da dirección xeral competente en materia de artesanía, na súa calidade de presidente/a da Comisión Galega de Artesanía, que lle entregará a cada unha das persoas elixidas a credencial que xustifique a súa condición de membro electo.

A condición de vogal terá una vixencia de catro anos e poderán presentarse á reelección.

3. Perderase a condición de membro da Comisión Galega de Artesanía:

a) Cando desaparezan calquera dos requisitos legais de elixibilidade que concorreron para a súa elección.

b) Por resolución administrativa ou xudicial firme que anule a súa elección ou proclamación como vogal.

c) Pola falta de asistencia inxustificada ás sesións do Pleno, por tres veces consecutivas ou catro veces non consecutivas, logo da incoación do expediente administrativo en que se lle dará audiencia ao Pleno da Comisión Galega de Artesanía.

d) Por dimisión ou renuncia, ou calquera causa que incapacite para o desempeño do cargo.

e) Por falecemento.

4. Producida unha vacante, procederase a designar o seguinte candidato ou candidata máis votado/a nas correspondentes eleccións na forma prevista no artigo 8º desta orde, polo tempo que reste para cumprir o mandato durante o cal se producise a vacante».

Artigo 7º.-Modificación do artigo 10º da Orde do 1 de febreiro de 2005, pola que se regula o procedemento de elección para a renovación de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Modifícase o artigo 10º da Orde do 1 de febreiro de 2005, que quedará redactado nos seguintes termos:

«Artigo 10º.-Resolución de controversias.

As reclamacións e controversias que se produzan ao longo do proceso electoral sobre o seu desenvolvemento presentaranse perante a dirección xeral competente en materia de artesanía e serán resoltas por ela.

Contra as resolucións da dirección xeral competente en materia de artesanía poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de artesanía».

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2011.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria

Ver referencia pdf "04200D001P006.PDF"