DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 07 de marzo de 2011 Páx. 3.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior no ámbito da U.A. 24 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra, entre as rúas Francisco Tomás y Valiente e Conde de Bugallal, promovido por este concello.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 20 de xaneiro de 2011, adoptou por unanimidade o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ao Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Actuación nº 24 do Plan Xeral de Ordenación urbana deste termo municipal, polígono abranguido entre as rúas Francisco Tomás y Valiente e Conde Bugallal, formulado polo Concello de Pontevedra, instrumento urbanístico redactado polo arquitecto xefe de Oficina de Planeamento e Xestión Urbanística, Carlos García Velasco, datado en abril de 2010 e, simultaneamente, ao Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello o 10 de maio de 2010, para a construción dun novo edificio xudicial, convenio que formará parte das determinacións e documentación do referido plan.

Segundo.-Notificar este acordo aos titulares e entidades propietarias afectadas polo ámbito do PERI, a ADIF do Ministerio de Fomento e as demais entidades e organismos interesados no procedemento, con ofrecemento do réxime de recursos procedente e comunicalo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia con traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recae acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados; dispoñéndose a publicación deste acordo, no prazo dun mes dende a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia, facendo constar a remisión da documentacion á consellería, e do documento que conteña a normativa e as ordenanzas no BOP para lograr a súa eficacia e executividade, consonte o establecido nos artigos 92º da Lei 9/2002, do 30 de decembro e 70º.2 e 65º.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime

local.

Faise constar que, con data do 1 de febreiro de 2011, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a documentación referida no punto 3 do artigo 92º da Lei 9/2002.

O que se fai público, a salvo dos termos que resulten da aprobación definitiva da acta, en cumprimento do ordenado e para os oportunos efectos.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10º e 46º da Lei 29/1998). Isto, sen prexuízo de interpoñer outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Pontevedra, 4 de febreiro de 2011.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde