DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Luns, 04 de abril de 2011 Páx. 5.939

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de marzo de 2011 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e o proceso de admisión ás tres universidades do sistema universitario de Galicia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31º, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro, transferiulle á comunidade autónoma a competencia en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola Comunidade Autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo. A Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia (LOSUG), determina a constitución do sistema universitario de Galicia con tres universidades: a de Santiago de Compostela, a da Coruña e a de Vigo.

A Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia (LOSUG), establece no seu artigo 10º o sistema universitario de Galicia como unha realidade material e humana planificada e coordinada que aplica o principio do distrito único para os estudantes, o que supón que se incorporan a calquera centro de ensino universitario de Galicia con independencia do lugar da comunidade onde cursasen os estudos de secundaria ou realizasen as probas de acceso.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 38º que o acceso aos estudos universitarios exixirá, ademais da posesión do título de bacharel, a superación dunha proba que permita valorar, xunto coas cualificacións obtidas no bacharelato, a madureza académica, os coñecementos e a capacidade dos estudantes para seguiren con éxito as ensinanzas universitarias. Atribúeselle ao Goberno o establecemento das características básicas da proba de acceso á universidade, logo de consulta coas comunidades autónomas e informe previo da Conferencia Xeral de Política Universitaria e do Consello de Universidades. Tamén establece que esta proba terá en conta as modalidades de bacharelato e as vías que poden seguir os estudantes e versará sobre as materias de segundo de bacharelato e que as administracións educativas e as universidades organizarán a proba e deberán garantir a súa adecuación ao currículo do bacharelato, así como a coordinación entre as universidades e os

centros que imparten bacharelato para a súa organización.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece na súa disposición adicional vixésimo quinta que o Goberno, logo do informe do Consello de Universidades, regulará as condicións básicas para o acceso á universidade dos maiores de vinte e cinco anos que non posúan o título de bacharel establecido pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, ou título equivalente. Esta lei tamén establece no seu artigo 42º.4, coa redacción dada no artigo 43º da Lei 4/2007, do 12 de abril, que o Goberno, logo do informe do Consello de Universidades, regulará os procedementos para o acceso á universidade de quen, non podendo acreditar unha determinada experiencia laboral ou profesional, non dispoña da titulación académica legalmente requirida para o efecto con carácter xeral e superase unha determinada idade.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece no seu artigo 42º que as universidades, de acordo coa normativa básica que estableza o goberno logo de informe da Conferencia Xeral de Política Universitaria e do Consello de Universidades e tendo en conta a programación da oferta de prazas dispoñibles, establecerán os procedementos para a admisión dos estudantes que soliciten ingresar nos seus centros, sempre con respecto aos principios de igualdade, mérito y capacidade. Tamén dispón que o Consello de Universidades velará para que as universidades programen os seus procedementos de admisión de xeito que os estudantes poidan concorrer a universidades diferentes.

Esta orde, de acordo co Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, regula as probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e o proceso de admisión ás tres universidades do sistema universitario de Galicia. No capítulo I establécense as disposicións xerais para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia. No capítulo II defínese a proba de acceso á universidade para os estudantes que se atopen en posesión do título de bacharel ou equivalentes. Establécese unha fase xeral que ten por obxecto valorar a madureza e as destrezas básicas do estudante, cuxa superación terá validez indefinida, e unha fase específica, de carácter voluntario, que permite mellorar a cualificación obtida na fase xeral e que ten por obxecto a avaliación dos coñecementos nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos vinculados á rama de coñecemento que se quere cursar. A validez dos ditos coñecementos non pode ser indefinida, polo que

se considera que, como máximo, esta se poida manter para os dous cursos académicos seguintes á superación da proba. No capítulo III, e de acordo co disposto no Real decreto 558/2010, do 7 de maio, defínese a fase específica da proba de acceso á universidade para os estudantes que se atopen en posesión dun título de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior e equivalentes, que terá a mesma estrutura e contidos que a fase específica da proba de acceso de bacharelato e que terá por finalidade que estes estudantes poidan mellorar a nota de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao. No capítulo IV regúlase a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e a proba de acceso á universidade para maiores de 45 anos. No capítulo V regúlase o proceso de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia.

De conformidade co exposto e facendo uso das autorizacións expresadas na disposición derradeira sexta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e na disposición derradeira terceira da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto:

1. Regular as distintas probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e, na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril.

2. Regular o proceso de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia, nas condicións determinadas polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro.

Artigo 2º.-Principios.

1. O acceso á universidade desde calquera dos supostos previstos nesta orde realizarase desde o pleno respecto aos dereitos fundamentais e aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

2. Así mesmo, teranse en conta os principios de accesibilidade universal e deseño para todos, segundo o establecido na Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non-discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

Artigo 3º.-Requisitos para o acceso.

Poderán acceder ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia as persoas que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

a) Ter superada a proba de acceso á universidade para aqueles que se encontren en posesión do título de bacharel ou equivalente, establecida no Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, ou segundo normativas anteriores, estando en posesión de calquera dos títulos e certificados que se indican a continuación:

-Título de bacharel establecido pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

-Título de bacharel establecido pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

-Certificado acreditativo de ter superado o curso de orientación universitaria.

-Certificado acreditativo de ter superado o curso preuniversitario.

-Calquera outro título que o Ministerio de Educación declare equivalente, para estes efectos, ao título de bacharel regulado pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

-Título homologado ao título español de bacharel para estudantes de sistemas educativos estranxeiros.

b) Cumprir os requisitos exixidos para o acceso á universidade nos sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou doutros Estados con que España subscribise acordos internacionais nesta materia, segundo o previsto no artigo 38º.5 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

c) Posuír un título de técnico superior de formación profesional, ensinanzas de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou títulos equivalentes.

d) Posuír un título universitario oficial de grao ou título equivalente.

e) Posuír un título universitario oficial de diplomado, mestre, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, correspondentes á anterior ordenación das ensinanzas universitarias, ou título equivalente.

f) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, prevista na disposición adicional vixésimo quinta da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, ou tela superada, no sistema universitario de Galicia, segundo normativas anteriores.

g) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 45 anos, prevista no artigo 42º.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril.

h) Estar en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións educativas anteriores á establecida polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, non recollidas nas alíneas anteriores.

Artigo 4º.-Comisión Interuniversitaria de Galicia.

1. A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) é un órgano interuniversitario, sen personalidade xurídica, formado pola delegación de competencias propias das universidades do sistema universitario de Galicia en materia de acceso.

2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nomeará os membros da CiUG, de acordo co establecido no convenio asinado polos reitores das universidades do sistema universitario de Galicia en presenza do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria o 12 de marzo de 2001. No caso de que algúns dos membros designados non poidan desempeñar a súa función, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria designará a persoa ou persoas que os substitúan no seu labor dentro da CiUG.

3. Para as probas de acceso á universidade establecidas nos capítulos II e III desta orde, a CiUG estará composta polos delegados dos reitores das universidades do sistema universitario de Galicia e por tres profesores ou profesoras de educación secundaria nomeados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Para o resto dos procedementos, estará composta polos delegados dos reitores.

4. Os membros da CiUG, para desenvolver as atribucións a que fai referencia o artigo 16º do Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, terán, para efectos académicos e administrativos, a consideración e as atribucións que lles permitan o cumprimento das obrigas correspondentes á citada función.

Capítulo II

Proba de acceso á universidade (PAU) para os estudantes que estean en posesión do título de bacharel ou equivalentes

Artigo 5º.-Finalidade.

1. A proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao ten por finalidade valorar, con carácter obxectivo, a madureza académica do estudante, así como os coñecementos e capacidades adquiridos no bacharelato e a súa capacidade para seguir con éxito as ensinanzas universitarias oficiais de grao.

2. A valoración a que se refire o número anterior expresarase cunha cualificación numérica, que permita a ordenación das solicitudes de admisión para a adxudicación das prazas ofertadas nos centros universitarios públicos.

Artigo 6º.-Participación.

1. Poderán presentarse á PAU aqueles estudantes que estean en posesión do título de bacharel establecido pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, ou título equivalente para estes efectos.

2. Os estudantes realizarán a PAU na universidade á cal estea adscrito, para os efectos indicados, o centro de educación secundaria en que obtivesen o título de bacharel ou equivalentes.

3. Os estudantes que obtivesen o título de bacharel ou equivalentes en convocatorias anteriores tamén poderán realizala na universidade á cal estea adscrito o centro de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.

4. No suposto de realizar a PAU en máis dunha universidade na mesma convocatoria, quedarán anuladas todas elas.

Artigo 7º.-Estrutura.

1. A PAU estrutúrase en dúas fases denominadas, respectivamente, fase xeral e fase específica.

2. A fase xeral ten por obxecto valorar a madureza e as destrezas básicas que debe alcanzar o estudante ao finalizar o bacharelato para seguir as ensinanzas universitarias oficiais de grao, especialmente no que se refire á comprensión de mensaxes, o uso da linguaxe para analizar, relacionar, sintetizar e expresar ideas, a comprensión básica dunha lingua estranxeira e os coñecementos ou técnicas fundamentais dunha materia de modalidade.

3. A fase específica, de carácter voluntario, ten por obxecto a avaliación dos coñecementos e a capacidade de razoamento nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretenden cursar e permite mellorar a cualificación obtida na fase xeral.

Artigo 8º.-Fase xeral.

A fase xeral consta dos exercicios seguintes:

1. O primeiro exercicio consistirá nun comentario, por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo ou divulgativo, relacionado coas capacidades e contidos da materia de lingua castelá e literatura.

2. O segundo exercicio consistirá nun comentario, por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo ou divulgativo, relacionado coas capacidades e contidos da materia de lingua galega e literatura.

Estarán exentos da realización deste exercicio os estudantes con exención da materia de lingua galega e literatura nalgún dos dous cursos do bacharelato, así como os estudantes que non realizasen algún dos dous cursos do bacharelato en Galicia.

3. O terceiro exercicio versará sobre as capacidades e contidos dunha das seguintes materias comúns do segundo curso do bacharelato: historia de España ou historia da filosofía. Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecementos e capacidades que deban ser avaliados e cun formato de resposta que garantirá a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados.

4. O cuarto exercicio será de lingua estranxeira e terá como obxectivo valorar a comprensión lectora e a expresión escrita. Na realización do exercicio non se poderá empregar o dicionario nin ningún outro material didáctico. O estudante elixirá a lingua estranxeira en que se examinará; poderá elixir entre alemán, francés, inglés, italiano ou portugués.

5. O quinto exercicio versará sobre os contidos dunha materia de modalidade do segundo curso do bacharelato. Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecementos e capacidades que deban ser avaliados e cun formato de resposta que garanta a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados.

Artigo 9º.-Cualificación da fase xeral.

1. Cada un dos exercicios da fase xeral cualificarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais.

2. A cualificación da fase xeral será a media aritmética das cualificacións de todos os exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.

3. A cualificación da fase xeral terá validez indefinida, sempre que se supere a PAU segundo o disposto no número 2 do artigo 13º desta orde.

Artigo 10º.-Fase específica.

1. Na fase específica cada estudante poderá examinarse dun máximo de catro materias de entre as de modalidade do segundo curso de bacharelato que deberán ser distintas da materia de modalidade elixida para a fase xeral, sempre que o estudante se examine da fase xeral e da fase específica na mesma convocatoria.

2. Os exercicios de cada unha das materias elixidas polo estudante consistirán na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecemento e capacidades que deban ser avaliadas e cun formato de resposta que garanta a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados.

Artigo 11º.-Cualificación das materias da fase específica.

1. Cada unha das materias das cales se examine o estudante na fase específica cualificarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais. Considerarase superada a materia cando se obteña unha cualificación igual ou superior a cinco puntos.

2. A cualificación das materias da fase específica terá validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á súa superación.

Artigo 12º.-Exercicios.

1. O estudante realizará os exercicios da PAU nos lugares que determine a CiUG.

2. O exercicio de cada materia será único e determinado por sorteo público pola CiUG a partir de, cando menos, seis propostas presentadas por cada director ou directora do grupo de traballo da materia correspondente. Non haberá anulación da proba como primeira resolución, senón suspensión e/ou aprazamento dun determinado exercicio, sempre que se dese o caso.

3. Os exercicios adecuaranse ao currículo do bacharelato e versarán sobre as materias do segundo curso. As materias son as establecidas nos artigos 6º e 7º do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Os exercicios presentarán dúas opcións diferentes entre as cales os estudantes deberán elixir unha.

5. Cada un dos exercicios terá unha duración máxima dunha hora e media. Deberá establecerse un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte.

6. Para a realización dos exercicios, os candidatos poderán empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, os exercicios correspondentes a lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura e lingua estranxeira deberán realizarse nos seus respectivos idiomas.

7. Os protocolos dos exercicios deberán incluír necesariamente:

a) Os criterios xerais de corrección, especificando tanto o valor asignado a cada unha das partes do currículo como aqueloutras consideracións que poidan ser necesarias para realizar unha valoración obxectiva.

b) Os criterios específicos de corrección que servirán de base para a avaliación dos exercicios e para a resolución das reclamacións das probas que soliciten os estudantes.

8. Os criterios xerais de avaliación deberán ser coñecidos polos membros das comisións delegadas e polos estudantes no momento da realización das probas. Os criterios específicos de corrección faranse públicos, unha vez realizadas estas, nos centros onde os estudantes finalizasen os seus estudos de bacharelato.

Artigo 13º.-Cualificación da PAU.

1. A cualificación da PAU obterase como resultado da media ponderada do 60 por cento da nota media do bacharelato e o 40 por cento da cualificación da fase xeral. Expresarase en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

2. Considerarase superada a PAU cando o estudante obteña nela unha cualificación igual ou superior a cinco puntos e sempre que obteña un mínimo de catro puntos na cualificación da fase xeral.

3. A nota media do bacharelato será a media aritmética das cualificacións de todas as materias, expresada con dúas cifras decimais, arredondada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior. Para o cálculo da nota media non se computará, para os efectos de acceso á universidade, a cualificación obtida nas ensinanzas de relixión, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

A nota media do bacharelato dos estudantes aos cales lles fosen validados estudos de sistemas educativos estranxeiros polos de primeiro de bacharelato, será calculada a partir da nota media do curso validado e da de segundo de bacharelato. A nota media do curso validado será a que figure na credencial de validación ou no seu certificado complementario, calculada segundo a Resolución do 29 de abril de 2010, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, corrixida pola Resolución do 31 de maio de 2010, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional.

Artigo 14º.-Convocatorias.

1. Anualmente realizaranse dúas convocatorias da PAU: ordinaria e extraordinaria.

2. Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.

3. Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación de calquera das materias da fase específica. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior, e tendo en conta o período de validez de superación das materias de modalidade da fase específica establecido no número 2 do artigo 11º desta orde.

Artigo 15º.-Reclamacións.

1. Sobre a cualificación outorgada a cada materia despois da primeira corrección, cada estudante poderá presentar ante a presidencia do tribunal a solicitude dunha segunda corrección dos exercicios en que se considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais de avaliación e específicos de corrección e cualificación, aos cales se fai referencia no artigo 12º desta orde, ou a solicitude de reclamación ante a CiUG, e quedará excluída neste caso a posibilidade de solicitar a segunda corrección.

O prazo de presentación destas solicitudes será de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación das cualificacións.

2. Procedemento da reclamación:

Os exercicios sobre os cales se presente a solicitude de reclamación serán revisados por un profesor ou profesora especialista distinto ao que realizou a primeira corrección, co obxecto de verificar que todas as cuestións foron avaliadas cunha correcta aplicación dos criterios xerais de avaliación e específicos de corrección, así como a comprobación de que non existan erros materiais no proceso de cálculo da cualificación final.

A cualificación definitiva da materia será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior á outorgada despois da primeira corrección, agás nos casos de erros de suma, en que a cualificación será a que resulte correcta.

3. Procedemento da segunda corrección:

a) Os exercicios sobre os que se presente unha solicitude de segunda corrección serán corrixidos por un profesor ou profesora especialista distinto ao que realizou a primeira corrección.

A cualificación será a media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas correccións. No suposto de que existise unha diferenza de dous ou máis puntos entre as dúas cualificacións, o tribunal efectuará, de oficio, unha terceira corrección. A cualificación final será a media aritmética das tres cualificacións. Este procedemento deberá efectuarse no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir da data de finalización do prazo de tres días establecido no número 1 deste artigo.

b) Sobre a cualificación outorgada despois do proceso de segunda corrección establecido na alínea a) poderase presentar reclamación ante a CiUG, no prazo de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación da resolución da dobre corrección.

A cualificación definitiva da materia será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior á outorgada despois da segunda corrección.

4. As solicitudes de reclamación e segunda corrección poderán presentarse no lugar de entrega e recollida de documentación (LERD) no cal se entregou a solicitude de matrícula para a PAU, empregando os impresos específicos contidos nos sobres de matrícula, ou mediante o procedemento telemático establecido pola CiUG.

5. O estudante que presente solicitude de segunda corrección terá dereito a ver o exame corrixido unha vez finalizado na súa totalidade o proceso de corrección e reclamación establecido no número 3 deste artigo, no prazo de dez días e na data, o lugar e a hora que estableza a CiUG, sempre que se solicitara en tempo e forma.

6. Contra a resolución adoptada pola CiUG, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación ante a propia CiUG.

Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso potestativo de reposición.

Artigo 16º.-Estudantes con discapacidade.

1. A CiUG garantirá que os estudantes que presenten algún tipo de discapacidade poidan realizar os exercicios da PAU nas debidas condicións de igualdade. A CiUG poderá adoptar as seguintes medidas: adaptación de tempos, elaboración de modelos especiais de exame, posta á disposición do estudante dos medios materiais e humanos, asistencias, apoios e axudas técnicas que precise para a realización da PAU, así como a garantía de accesibilidade á información e comunicación dos procesos e do recinto ou espazo físico onde esta se desenvolva.

2. En todo caso, a determinación destas medidas farase baseándose nas adaptacións curriculares cursadas no bacharelato.

3. O tribunal poderá requirir informes e a colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración educativa, así como dos centros onde cursasen bacharelato os estudantes con discapacidade.

Artigo 17º.-Matrícula.

1. Os estudantes formalizarán a súa solicitude de matrícula para a PAU nas datas que determine a CiUG.

2. Os estudantes entregarán a solicitude na secretaría do centro en que superasen o segundo curso do bacharelato. Os que obtivesen o título de bacharel ou equivalentes en convocatorias anteriores presentarán a súa solicitude no LERD que lle corresponda ao seu centro ou no que lle corresponda ao centro máis próximo ao seu lugar de residencia, ou mediante o procedemento telemático establecido pola CiUG.

3. Os estudantes indicarán na súa solicitude os seus datos persoais e as materias elixidas para a realización da fase xeral e da fase específica, de acordo co disposto nos artigos 8º e 10º desta orde. Así mesmo, poderán solicitar a exención do exercicio de lingua galega e literatura previsto no número 2 do artigo 8º desta orde.

4. Os centros de educación secundaria informatizarán os datos persoais, académicos e de matrícula para a PAU dos seus estudantes, tamén facilitarán, se procede, as actas e as certificacións das cualificacións de bacharelato, nos prazos e segundo o procedemento que estableza a CiUG.

5. Os estudantes que desexen concorrer á PAU deberán aboar as taxas correspondentes, de acordo co disposto no decreto en que se fixen os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario. A CiUG facilitará aos centros de educación secundaria e aos LERD os impresos para o aboamento das taxas e a relación de entidades bancarias en que os estudantes poderán realizar o ingreso.

Artigo 18º.-Organización e documentación.

1. O calendario da PAU será fixado coordinadamente pola CiUG, as universidades do sistema universitario de Galicia e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Para os efectos administrativos, e tendo en conta a localización dos centros de educación secundaria, establécense lugares de entrega e recollida de documentación (LERD) territorializados, onde se instrúan os expedientes e se executen os procedementos administrativos e informáticos a nivel de usuario (solicitante-centro de educación secundaria) que van asociados á xestión do alumnado no acceso (captura de datos, matrícula, solicitudes, etc.).

3. A captura de datos, tanto académicos como persoais, será responsabilidade da CiUG a través das tres universidades, nos formatos para a xestión informática previamente acordados co servizo de apoio ao sistema universitario de Galicia.

4. O deseño dos documentos correspondentes á solicitude de matrícula para a proba de acceso é competencia da CiUG, tendo en conta as posibilidades informáticas do sistema.

5. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria porá á disposición das universidades unha aplicación informática para realizar a xestión da proba de acceso á universidade.

6. A custodia dos expedientes e das actas de cualificación dos estudantes que participen na PAU correspóndelle á universidade respectiva, segundo o LERD asignado a cada estudante. Nas actas de cualificación deberán figurar os datos necesarios para a certificación e o traslado. Cada estudante que desexe iniciar estudos noutro distrito presentará, para os efectos de traslado, a solicitude na universidade respectiva. Esta universidade será a encargada de tramitar o traslado, arquivar os datos correspondentes e comunicarllo á CiUG.

Artigo 19º.-Comisión organizadora.

1. As funcións da comisión organizadora a que se fai referencia no artigo 16 do Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, serán desempeñadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG), coincidindo a presidencia da comisión organizadora e os seus membros coa presidencia e membros da CiUG.

2. A CiUG terá atribuídas, entre outras, as seguintes competencias:

a) Coordinación entre as universidades e os centros en que se imparta bacharelato, para os únicos efectos de organización e realización da PAU.

b) Adopción das medidas necesarias para garantir o segredo do procedemento de elaboración e selección dos exercicios, así como o anonimato dos estudantes e dos centros durante o proceso de corrección dos exercicios.

c) Adopción das medidas necesarias para garantir que os estudantes poidan empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Definición dos criterios para a elaboración das propostas dos exercicios, garantindo a adecuación destes ao currículo do bacharelato.

e) Designación e constitución dos tribunais.

f) Convocatoria da PAU.

g) Establecemento dos criterios xerais de avaliación dos exercicios.

h) Resolución das reclamacións.

i) Establecer os mecanismos de información axeitados.

3. Para adoptar os acordos das letras d) e g) a CiUG contará co asesoramento do correspondente grupo de traballo de cada materia.

4. A CiUG ten competencias para resolver os asuntos comúns de organización, deseño, coordinación, elaboración e execución de directrices e procedementos xerais para o cumprimento do principio de distrito único, no ámbito das competencias que lle foron delegadas.

5. Ao inicio do curso académico de realización da PAU a CiUG fará públicos os criterios de organización, a estrutura básica dos exercicios, os criterios xerais de cualificación e os parámetros de ponderación das materias da fase específica.

6. A CiUG elaborará un informe anual da proba de acceso á universidade e elaborará as recomendacións para a mellora da proba. Este informe seralle remitido á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 20º.-Tribunal cualificador.

1. O tribunal único da proba de acceso será nomeado pola CiUG para avaliar os coñecementos dos estudantes, e estará constituído por:

a) Un presidente, un secretario e, se é o caso, un vicepresidente.

b) Comisións delegadas para actuaren en cada un dos centros en que se realice a PAU e que estarán territorializadas segundo o criterio de proximidade do alumnado. A CiUG establecerá o número destas comisións, determinará a súa composición e funcións, así como a localización destas, tendo en conta a prioridade de utilización de centros universitarios.

c) Comisións de avaliación de cada materia obxecto de exame na PAU, presididas polos directores ou directoras dos grupos de traballo e constituídas, así mesmo, por vogais especialistas da materia en número suficiente para o seu correcto funcionamento.

2. Para a constitución do tribunal único consideraranse os seguintes criterios:

a) O presidente e o secretario do tribunal único e os presidentes e secretarios das comisións delegadas serán nomeados pola CiUG entre o persoal docente das universidades.

b) Os vogais das comisións delegadas serán nomeados pola CiUG, entre o persoal docente das universidades e o profesorado dos corpos de catedráticos e profesores de secundaria e dos corpos de catedráticos e profesores de artes plásticas e deseño que impartan docencia en bacharelato, nun grao superior de formación profesional, nun grao superior de artes plásticas e deseño ou nun grao superior de ensinanzas deportivas, establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

c) Os vogais das comisións de avaliación serán nomeados pola CiUG entre o persoal docente das universidades e o profesorado dos corpos docentes das ensinanzas a que se refire o artigo 26º do Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, das especialidades que, de acordo coa lexislación vixente, poida impartir docencia nas materias de bacharelato.

d) Na designación dos vogais das distintas comisións procurarase unha composición equilibrada entre mulleres e homes, agás que non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas, debidamente motivadas. Así mesmo, deberase garantir para cada materia a participación de polo menos o 40 por cento de docentes de universidade e o 40 por cento de profesorado de educación secundaria que imparta bacharelato.

e) Os vogais integrantes das comisións delegadas e das comisións de avaliación serán designados entre o profesorado que o solicite ao presidente da CiUG, dentro do prazo que esta determine.

3. Co obxecto de garantir a imparcialidade do proceso e tendo en conta o disposto nos artigos 28º e 29º da citada Lei 30/1992, o profesorado que forme parte das comisións delegadas e de avaliación non poderá examinar ou avaliar os estudantes do seu centro de procedencia. Un vogal proposto por cada centro e nomeado polo presidente da CiUG incorporarase á comisión delegada correspondente como representante do centro.

Artigo 21º.-Grupos de traballo.

1. Constitúense grupos de traballo das diferentes materias obxecto de exame na proba, coa finalidade de asesorar a CiUG na definición dos criterios para a elaboración das propostas de exame e no establecemento dos criterios xerais de avaliación da PAU.

2. A CiUG, xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, establecerá o número de grupos de traballo e nomeará os seus compoñentes.

3. Cada grupo de traballo estará composto polos seguintes especialistas na materia ou materias correspondentes:

a) Un profesor ou profesora de universidade, que desempeñará a función de director ou directora do grupo, que poderá estar asistido por un subdirector ou subdirectora e serán nomeados ambos os dous pola CiUG.

b) Un membro da Inspección Educativa que será nomeado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

c) Un representante da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

d) Un máximo de catro profesores ou profesoras de educación secundaria que estean impartindo a materia no segundo curso do bacharelato e que serán nomeados conxuntamente pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a CiUG.

4. Os directores e directoras dos grupos de traballo elaborarán os exercicios da PAU. Poderán contar coa colaboración de especialistas, e seralles de aplicación o disposto nos artigos 28º e 29º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, referentes ao réxime de abstención e recusación.

5. O director ou directora do grupo de traballo enviará, á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través da CiUG, unha memoria final das actividades desenvolvidas polo grupo de traballo, antes da data que sinale a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Capítulo III

Fase específica da proba de acceso á universidade (pau) para os estudantes que estean en posesión dun título de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior e equivalentes

Artigo 22º.-Finalidade.

A fase específica da proba de acceso á universidade para os estudantes que estean en posesión dun título de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, ou títulos equivalentes, ten por finalidade que estes estudantes poidan mellorar a nota de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao.

Artigo 23º.-Participación.

1. Poderán presentarse á fase específica da PAU aqueles que estean en posesión dun título de técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño ou técnico deportivo superior a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou títulos equivalentes.

2. Os estudantes realizarán a PAU na universidade á cal estea adscrito, para os efectos indicados, o centro de educación secundaria en que obtivesen o título de técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño ou técnico deportivo superior, ou equivalentes.

3. Os estudantes que obtivesen o título de técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño ou técnico deportivo superior, ou equivalentes en convocatorias anteriores, tamén poderán realizala na universidade á cal estea adscrito o centro de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.

4. No suposto de realizar a PAU en máis dunha universidade na mesma convocatoria, quedarán anuladas todas elas.

Artigo 24º.-Exercicios.

1. Na fase específica cada estudante poderá realizar un máximo de catro exercicios á súa elección. O contido dos temarios sobre os que versarán os exercicios será o establecido para o currículo das materias de modalidade de segundo de bacharelato, determinadas no artigo 7º do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Os exercicios de cada unha das materias elixidas polo estudante consistirán na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecemento e capacidades que deban ser avaliadas e cun formato de resposta que garanta a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados. Os exercicios presentarán dúas opcións diferentes entre as cales o estudante deberá elixir unha.

3. A realización dos exercicios rexerase polo disposto nos números 1, 2, 4, 5, 6, 7 e 8 do artigo 12º desta orde.

Artigo 25º.-Cualificación dos exercicios.

1. Cada un dos exercicios dos cales se examine o estudante nesta fase específica cualificarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais. Considerarase superado o exercicio cando se obteña unha cualificación igual ou superior a 5 puntos.

2. A cualificación das materias da fase específica terá validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á súa superación.

Artigo 26º.-Convocatorias.

1. Anualmente realizaranse dúas convocatorias da fase específica da PAU: ordinaria e extraordinaria.

2. Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación de calquera dos exercicios da fase específica. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior, e tendo en conta o período de validez de superación das materias de modalidade da fase específica establecido no número 2 do artigo 25º desta orde.

Artigo 27º.-Matrícula.

1. Os estudantes formalizarán a súa solicitude de matrícula para a fase específica da PAU nas datas e nos lugares que determine a CiUG.

2. Os estudantes entregarán a solicitude no LERD que lle corresponda ao seu centro ou mediante o procedemento telemático establecido pola CiUG.

3. Os estudantes indicarán na súa solicitude os seus datos persoais e os exercicios elixidos para a realización da fase específica, de acordo co disposto no artigo 24º desta orde.

4. Para realizar a matrícula será suficiente con presentar unha certificación académica oficial en que conste:

a) Para os ciclos formativos de grao superior de formación profesional, a superación de todos os módulos que compoñen o ciclo formativo de que se trate, a excepción do de formación en centros de traballo e, se é o caso, o módulo de proxecto.

b) Para os ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño, a superación de todos os módulos que compoñen o ciclo formativo de grao superior de que se trate, a excepción da formación práctica en empresas, estudo e talleres e o módulo de proxecto integrado.

c) Para as ensinanzas deportivas, a superación dos módulos que compoñen o ciclo de grao superior de que se trate, a excepción dos módulos de formación práctica e de proxecto final.

A certificación terá, en todo caso, o carácter de documentación provisional, e non se poderá proceder á admisión nos estudos universitarios de grao ata a consecución e entrega da documentación acreditativa de estar en posesión do correspondente título.

5. Os centros de educación secundaria informatizarán os datos persoais e académicos dos seus estudantes, nos prazos e segundo o procedemento que estableza a CiUG.

6. Os estudantes que desexen concorrer á fase específica da PAU deberán aboar as taxas correspondentes, de acordo co disposto no decreto en que se fixen os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario. A CiUG facilitará aos LERD os impresos para o aboamento das taxas e a relación de entidades bancarias en que os estudantes poderán realizar o ingreso.

Artigo 28º.-Referencias a outros artigos desta orde.

1. As reclamacións rexeranse polo establecido no artigo 15º desta orde.

2. Para os estudantes que presenten algún tipo de discapacidade observarase o disposto no artigo 16º desta orde. Substituírase, nos números 2 e 3, bacharelato polo ensino correspondente: grao superior de formación profesional, grao superior de artes plásticas e deseño ou grao superior de ensinanzas deportivas.

3. A organización da fase específica e a captura, informatización, tratamento e custodia dos expedientes dos estudantes, rexeranse polo establecido no artigo 18º desta orde.

4. As comisións organizadoras rexeranse polo establecido no artigo 19º desta orde.

5. Os tribunais cualificadores rexeranse polo establecido no artigo 20º desta orde.

6. Os grupos de traballo serán os establecidos no artigo 21º desta orde.

Capítulo IV

Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e a proba de acceso á universidade para maiores de 45 anos

Artigo 29º.-Finalidade.

1. A proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao para maiores de 25 anos ten por finalidade permitir o acceso á universidade ás persoas maiores de 25 anos que non posúan o título de bacharel establecido pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, ou título equivalente.

2. A proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao para maiores de 45 anos ten por finalidade permitir o acceso á universidade ás persoas maiores de 45 anos que non posúan ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por outras vías nin poidan acreditar experiencia laboral ou profesional.

Artigo 30º.-Participación.

1. Poderán presentarse á proba de acceso para maiores de 25 anos as persoas que cumpran os 25 anos de idade antes do día 1 de outubro do ano natural en que teña lugar a proba.

2. Aos estudantes que realicen a proba de acceso para maiores de 25 anos no sistema universitario de Galicia correspóndenlles preferentemente, para efectos de ingreso, aquelas ensinanzas universitarias ofertadas polas súas universidades.

3. Poderán presentarse á proba de acceso para maiores de 45 anos as persoas que cumpran os 45 anos de idade antes do día 1 de outubro do ano natural en que teña lugar a proba.

4. Os estudantes que realicen a proba de acceso para maiores de 45 anos no sistema universitario de Galicia, poderán acceder unicamente a aquelas ensinanzas universitarias ofertadas polas súas universidades.

5. Os estudantes realizarán calquera destas probas na universidade da súa elección.

Artigo 31º.-Estrutura da proba de acceso para maiores de 25 anos.

1. A proba de acceso para maiores de 25 anos estrutúrase en dúas fases denominadas respectivamente fase xeral e fase específica.

2. A fase xeral ten como obxectivo apreciar a madurez e idoneidade dos candidatos para seguiren con éxito estudos universitarios, así como a súa capacidade de razoamento e de expresión escrita.

3. A fase xeral comprenderá os catro exercicios seguintes:

a) Comentario dun texto ou desenvolvemento dun tema xeral de actualidade.

b) Lingua castelá.

c) Lingua galega.

d) Lingua estranxeira, que se elixirá entre alemán, francés, inglés, italiano ou portugués.

O estudante poderá solicitar a exención do exercicio de lingua galega. A CiUG establecerá e fará públicos os criterios para concedela e comunicará aos candidatos ou candidatas, por correo ordinario e con aviso de recepción, a concesión ou non desta.

4. A fase específica terá por finalidade valorar as habilidades, capacidades e aptitudes dos estudantes para cursaren con éxito as ensinanzas universitarias vinculadas a cada unha das ramas do coñecemento arredor das cales se organizan os estudos universitarios oficiais de grao.

5. A fase específica estrutúrase en cinco opcións vinculadas coas cinco ramas do coñecemento:

Opción A. Artes e humanidades.

Opción B. Ciencias.

Opción C. Ciencias da saúde.

Opción D. Ciencias xurídicas e sociais.

Opción E. Enxeñaría e arquitectura.

Os estudantes realizarán a fase específica na opción da súa elección.

6. A fase específica constará de dúas materias obrigatorias e unha optativa para cada opción:

Ver referencia pdf "06600D002P011.PDF"

Artigo 32º.-Cualificación da proba de acceso para maiores de 25 anos.

1. A cualificación de cada un dos exercicios da fase xeral e da fase específica expresarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais.

2. A cualificación da fase xeral será a media aritmética das cualificacións dos catro exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.

3. A cualificación da fase específica será a media aritmética das cualificacións dos tres exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.

4. A cualificación final da proba será a media aritmética das cualificacións obtidas na fase xeral e na fase específica, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

5. Entenderase que o estudante ten superada a proba cando obteña un mínimo de cinco puntos na cualificación final e non se poderá en ningún caso calcular a media cando non se obteña unha puntuación mínima de catro puntos tanto na fase xeral como na fase específica.

Artigo 33º.-Estrutura da proba de acceso para maiores de 45 anos.

1. A proba de acceso terá como obxectivo apreciar a madurez e idoneidade dos estudantes para seguiren con éxito estudos universitarios, así como a súa capacidade de razoamento e de expresión escrita.

2. A proba de acceso comprenderá os tres exercicios seguintes:

a) Comentario dun texto ou desenvolvemento dun tema xeral de actualidade.

b) Lingua castelá.

c) Lingua galega.

O estudante poderá solicitar a exención do exercicio de lingua galega. A CiUG establecerá e fará públicos os criterios para concedela e comunicará aos candidatos ou candidatas, por correo ordinario e con aviso de recepción, a concesión ou non desta.

Artigo 34º.-Cualificación da proba de acceso para maiores de 45 anos.

1. A cualificación de cada un dos exercicios da proba de acceso expresarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais.

2. A cualificación final da proba será a media aritmética das cualificacións obtidas nos tres exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

3. Entenderase que o estudante ten superada a proba cando obteña un mínimo de cinco puntos na cualificación final e non se poderá en ningún caso calcular a media cando non se obteña unha puntuación mínima de catro puntos en cada exercicio.

4. Os estudantes que superen a proba deberán realizar ademais unha entrevista persoal na data e lugar que determine a CiUG.

Do resultado da entrevista persoal deberá elevarse unha resolución de apto como condición necesaria para a posterior resolución favorable de admisión dos estudantes.

Artigo 35º.-Exercicios.

1. O estudante realizará os exercicios da proba nos lugares que determine a CiUG.

2. O exercicio de cada materia será único e determinado por sorteo público pola CiUG a partir de, cando menos, tres propostas presentadas por cada coordinador da materia correspondente. Non haberá anulación da proba como primeira resolución, senón suspensión ou aprazamento dun determinado exercicio, sempre que se dea o caso.

3. Os exercicios adecuaranse aos programas das materias publicados pola CiUG (ciug.cesga.es/).

4. Os exercicios presentarán dúas opcións diferentes entre as cales os estudantes deberán elixir unha.

5. Cada un dos exercicios das probas terá unha duración máxima dunha hora e media. Establecerase un intervalo mínimo de 30 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte.

6. Os estudantes poderán empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización dos exercicios. Non obstante, os exercicios correspondentes a lingua castelá, lingua galega e lingua estranxeira deberán realizarse nos seus respectivos idiomas.

7. Os protocolos dos exercicios deberán incluír necesariamente:

a) Os criterios xerais de corrección, especificando tanto o valor asignado a cada unha das partes do currículo como aqueloutras consideracións que poidan ser necesarias para realizar unha valoración obxectiva.

b) Os criterios específicos de corrección que servirán de base para a avaliación dos exercicios e para a resolución das reclamacións das probas que soliciten os estudantes.

8. Os criterios xerais de avaliación deberán ser coñecidos polos membros das comisións delegadas e polos estudantes no momento da realización das probas. Os criterios específicos de corrección faranse públicos, unha vez realizadas estas, nos LERD.

Artigo 36º.-Convocatorias.

1. Anualmente realizarase unha convocatoria para cada unha das probas.

2. Unha vez superada algunha das probas, os estudantes poderán presentarse de novo a esta en sucesivas convocatorias, coa finalidade de mellorar a súa cualificación. Terase en conta a cualificación obtida na nova convocatoria sempre que esta sexa superior á anterior.

Artigo 37º.-Reclamacións.

1. Os estudantes poderán presentar reclamación ás cualificacións provisionais dos exercicios despois da súa publicación, dentro do prazo establecido pola CiUG e mediante escrito razoado dirixido ao presidente do tribunal.

2. As solicitudes de reclamación poderán presentarse no lugar de entrega e recollida de documentación (LERD) no cal se entregou a solicitude de matrícula para a proba ou mediante o procedemento telemático establecido pola comisión organizadora.

3. Contra a resolución adoptada pola CiUG, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación ante a propia comisión.

Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso potestativo de reposición.

Artigo 38º.-Estudantes con discapacidade.

1. A CiUG garantirá que os estudantes que na solicitude de matrícula xustifiquen debidamente algunha discapacidade que lles impida realizar a proba de acceso cos medios ordinarios, poidan realizar a proba nas debidas condicións de igualdade.

2. A CiUG poderá adoptar as seguintes medidas: adaptación de tempos, elaboración de modelos especiais de exame, posta á disposición do estudante dos medios materiais e humanos, asistencias, apoios e axudas técnicas que precise para a realización da proba de acceso, así como na garantía de accesibilidade á información e á comunicación dos procesos e ao do recinto ou espazo físico onde esta se desenvolva.

Artigo 39º.-Matrícula.

1. Os estudantes formalizarán a súa solicitude de matrícula para calquera das probas nas datas que determine a CiUG.

2. Os estudantes entregarán a solicitude no LERD da súa elección.

3. Os estudantes que se matriculen na proba para maiores de 25 anos, indicarán na súa solicitude as materias elixidas para a realización da fase xeral e da fase específica, de acordo co disposto no artigo 31º desta orde. Así mesmo, os estudantes poderán solicitar a exención dos exercicios de lingua galega previstos no número 3 do artigo 31º e no número 2 do artigo 33º desta orde.

4. Os estudantes que desexen concorrer a calquera das probas deberán aboar as taxas correspondentes, de acordo co disposto no decreto en que se fixen os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario. A CiUG facilitará aos LERD os impresos para o aboamento das taxas e a relación de entidades bancarias nas cales os estudantes poderán realizar o ingreso.

Artigo 40º.-Organización e documentación.

1. O calendario das probas será fixado coordinadamente pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG), as universidades do sistema universitario de Galicia e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Para os efectos administrativos, establécense lugares de entrega e recollida de documentación (LERD) territorializados, onde se instrúan os expedientes e se executen os procedementos administrativos e informáticos no nivel de usuario que van asociados á xestión do alumnado no acceso (captura de datos, matrícula, solicitudes, etc.).

3. A captura de datos, tanto académicos como persoais, será responsabilidade da CiUG a través das tres universidades, nos formatos para a xestión informática previamente acordados co servizo de apoio ao sistema universitario de Galicia.

4. O deseño dos documentos correspondentes á solicitude de matrícula para a proba de acceso é competencia da CiUG, tendo en conta as posibilidades informáticas do sistema.

5. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria porá á disposición das universidades unha aplicación informática para realizar a xestión das probas.

6. A custodia dos expedientes e das actas de cualificación dos estudantes que participen nas probas correspóndelle á universidade respectiva, segundo o LERD elixido por cada estudante.

Artigo 41º.-Comisión organizadora.

1. As funcións da comisión organizadora a que se fai referencia no artigo 16º do Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, serán desempeñadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG).

2. A CiUG terá atribuídas, entre outras, as seguintes competencias:

a) Coordinación da proba de acceso.

b) Adopción das medidas necesarias para garantir o segredo do procedemento de elaboración e selección dos exercicios, así como o anonimato dos exercicios realizados polos aspirantes.

c) Adopción de medidas necesarias para garantir que os estudantes poidan empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Definición dos criterios para a elaboración das propostas dos exercicios, garantindo a adecuación destes aos seus programas.

e) Designación e constitución dos tribunais.

f) Convocatoria da PAU.

g) Establecemento dos criterios xerais de avaliación dos exercicios.

h) Resolución das reclamacións.

i) Establecer os mecanismos de información axeitados.

Capítulo V

Proceso de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia

Artigo 42º.-Organización.

1. A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) xestionará o proceso de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia cumprindo co principio de distrito único.

2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria prestará os servizos de apoio ao sistema universitario de Galicia, a través do Servizo de Apoio e Orientación aos estudantes universitarios da Secretaría Xeral de Universidades, e cubrirá os gastos que deriven da prestación destes servizos de apoio.

3. As universidades do sistema universitario de Galicia adoptarán todas as medidas que sexan necesarias para o desenvolvemento do proceso, tendo en conta as competencias delegadas na CiUG.

4. O calendario dos distintos procedementos elaborarase coordinadamente entre a CiUG, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades.

5. O proceso de acceso constará de dúas convocatorias de preinscrición: ordinaria e extraordinaria. En cada unha delas, a CiUG establecerá as datas para a entrega das solicitudes de acceso e das reclamacións á preinscrición, respectando os prazos mínimos que estableza para todas as universidades a Conferencia Xeral de Política Universitaria. As datas para a presentación das solicitudes de acceso serán as mesmas para todo o sistema universitario de Galicia e faranse públicas na sede da CiUG, nos lugares de entrega e recollida de documentación (LERD) e nas reitorías das tres universidades de Galicia, tendo efectos de notificación oficial aos interesados.

6. As universidades do sistema universitario de Galicia farán público o número máximo de prazas que oferten para cada ensinanza universitaria e centro. A CiUG publicará, en cada unha das convocatorias de preinscrición, o número de prazas que para cada ensinanza universitaria, centro e cota oferten as universidades.

7. O alumnado realizará todos os trámites administrativos do proceso de acceso no LERD que elixa, tendo en conta a territorialización destes nos campus das tres universidades de Galicia.

8. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria desenvolverá e porá á disposición das universidades unha aplicación informática para realizar a xestión do acceso ao sistema universitario de Galicia.

Establecerase un protocolo de intercambio de datos entre as aplicacións informáticas das universidades e a da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

9. A CiUG e o servizo de apoio ao sistema universitario de Galicia establecerán os formatos para a captura de datos. Os centros de educación secundaria facilitarán os datos persoais e académicos do seu alumnado necesarios para o proceso de acceso, no soporte informático correspondente, segundo as instrucións que se lle remitan e dentro dos prazos establecidos pola CiUG.

10. Os procedementos de acceso e a aplicación informática avaliaranse anualmente e, se é o caso, modificaranse, en función dos correspondentes informes técnicos das universidades, da CiUG e do Servizo de Apoio e Orientación aos estudantes universitarios da Secretaría Xeral de Universidades.

11. A custodia dos expedientes dos estudantes que soliciten o acceso á universidade é competencia da universidade onde se presente a solicitude de acceso.

Artigo 43º.-Normas para a solicitude de acceso.

1. A solicitude de acceso entregarase debidamente cuberta, dentro dos prazos establecidos pola CiUG, nalgún dos LERD ou mediante os procedementos telemáticos que se establezan.

2. O alumnado poderá indicar na súa solicitude de acceso ata cinco ensinanzas universitarias diferentes, cun máximo de dez peticións no caso de ensinanzas universitarias autorizadas en máis dun centro.

3. As universidades desestimarán as solicitudes de acceso que non cumpran cos requisitos exixidos nas convocatorias de preinscrición. Contra esta decisión, o alumnado poderá presentar reclamación ante o presidente da CiUG, no LERD elixido polo estudante para a entrega da súa solicitude de acceso e nos prazos establecidos para o efecto.

A resolución da reclamación correspóndelle á CiUG e será asinada polo delegado ou delegada do reitor da universidade en que se imparta a ensinanza universitaria que motivou a reclamación.

Artigo 44º.-Oferta de prazas.

1. O total de prazas que para cada título e centro oferten as universidades repartiranse entre a cota xeral e as cotas de reserva a que se refire o artigo 46º desta orde.

2. As prazas obxecto de reserva que queden sen cubrir acumularanse ás ofertadas polas universidades pola cota xeral, en cada unha das convocatorias de preinscrición, agás o disposto para os deportistas de alto nivel no Real decreto 971/2007, do 13 de xullo.

3. O total de prazas que, se é o caso, se oferten en cada ensinanza universitaria e centro na convocatoria extraordinaria, repartiranse atendendo ás porcentaxes dispostas no artigo 46º desta orde. Non obstante, deberase ter en conta que, se o novo número que resulte en cada cota de reserva é maior que as prazas que sobraron na devandita cota na convocatoria ordinaria, se tomará como oferta de prazas as que sobraron na convocatoria ordinaria.

4. Os estudantes que reúnan os requisitos para solicitar o acceso por máis dunha cota poderán facer uso da devandita posibilidade.

Artigo 45º.-Cota xeral.

As prazas da cota xeral adxudicaranse aos estudantes que reúnan algún dos requisitos establecidos nas alíneas a), b), c) e h), do artigo 3º desta orde.

Artigo 46º.-Cotas de reserva.

Reservarase unha porcentaxe do total de prazas que para cada título e centro oferten as universidades para as cotas de reserva que se sinalan a continuación:

a) Para os estudantes que superen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos de idade, reservarase o 2 por 100 das prazas totais de cada ensinanza universitaria.

b) Para os estudantes maiores de 40 anos que acrediten experiencia laboral ou profesional, reservarase o 1 por 100 das prazas totais de cada ensinanza universitaria

c) Para os estudantes que superen a proba de acceso á universidade para maiores de 45 anos de idade, reservarase o 2 por 100 das prazas totais de cada ensinanza universitaria.

d) Para os estudantes que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, así como para aqueles estudantes con necesidades educativas especiais permanentes asociadas a circunstancias persoais de discapacidade, que durante a súa escolaridade anterior precisasen de recursos e apoios para a súa plena normalización educativa, reservarase o 5 por 100 das prazas totais de cada ensinanza universitaria.

O certificado, ditame ou procedemento de valoración das discapacidades, será realizado polo órgano competente da comunidade autónoma de procedencia do interesado ou interesada.

Non obstante, e en atención ás persoas con discapacidade, cando non se oferte unha ensinanza universitaria e centro na convocatoria extraordinaria, por terse cuberto a totalidade das prazas na convocatoria ordinaria e algunha das prazas desta cota de reserva fose acumulada á cota xeral na convocatoria ordinaria por non concorrer en solicitantes suficientes, as universidades poderán aumentar as prazas, ata completar o 5 por 100, para que accedan os estudantes con discapacidade que participen na convocatoria extraordinaria.

e) Para os deportistas de alto nivel ou de alto rendemento que acrediten esta condición, reservarase o 3 por 100 das prazas totais de cada ensinanza universitaria, agás nos casos das ensinanzas universitarias oficiais de grao en ciencias da actividade física e do deporte e grao en fisioterapia en que se reservará un 8 por cento do total.

As cotas de reserva de prazas para os deportistas de alto nivel ou alto rendemento manteranse nas diferentes convocatorias de preinscrición que se realicen ao longo do ano.

Os deportistas de alto nivel ou alto rendemento estarán exentos da realización das probas específicas de acceso ao grao en ciencias da actividade física e do deporte.

f) Para as persoas que estean en posesión dunha ensinanza universitaria oficial ou equivalente, reservarase o 2 por 100 das prazas totais de cada ensinanza universitaria.

Artigo 47º.-Orde de prelación na adxudicación das prazas.

Para a admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao en que se produza un procedemento de concorrencia competitiva, é dicir, en que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas, as universidades adxudicarán as prazas atendendo aos seguintes criterios:

a) En primeiro lugar, adxudicaranse prazas aos estudantes que reúnan os requisitos académicos para o acceso á universidade na convocatoria ordinaria do ano en curso ou en convocatorias ordinarias ou extraordinarias de anos anteriores.

b) En segundo lugar, adxudicaranse prazas aos estudantes que reúnan os requisitos académicos para o acceso á universidade na convocatoria extraordinaria do ano en curso.

c) En todo caso, deberase ter en conta que o alumnado que presente na convocatoria extraordinaria a súa solicitude de admisión para o ingreso, terá prioridade de setembro na adxudicación de prazas, aínda que superase a proba de acceso á universidade ou os estudos que o habiliten para acceder á universidade na convocatoria ordinaria do ano en curso ou en anos anteriores.

Artigo 48º.-Criterios de valoración para a adxudicación de prazas.

As solicitudes que, atendendo aos criterios recollidos no artigo anterior, estean en igualdade de condicións, ordenaranse en función da nota de admisión que corresponda, expresada con tres cifras decimais e arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior, tendo en conta o disposto nos puntos deste artigo.

a) Estudantes que superen a proba de acceso á universidade para os estudantes que estean en posesión do título de bacharel regulada polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, e estean en posesión de calquera dos títulos ou certificados relacionados na alínea a) do artigo 3º desta orde.

A nota de admisión calcularase coa seguinte fórmula:

Nota de admisión= 0,6 * NMB + 0,4*CFX + a*M1 + b*M2

NMB= nota media do bacharelato ou do certificado.

CFX= cualificación da fase xeral.

M1, M2= as cualificacións dun máximo de dúas materias superadas da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión.

A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias superadas na fase específica sempre que estas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título que se solicite, de acordo co disposto no anexo I desta orde.

a, b = parámetros de ponderación das materias da fase específica, serán igual a 0,1. As universidades poderán elevar este parámetro ata 0,2 naquelas materias que consideren máis idóneas para, de acordo coa finalidade da proba a que se refire o artigo 5º desta orde, seguir con éxito as ditas ensinanzas universitarias oficiais de grao.

b) Estudantes que teñan superada a proba de acceso á universidade segundo normativas anteriores á establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A nota de admisión será a cualificación definitiva da proba de acceso que obtiveron no seu momento.

Non obstante o anterior, poderanse presentar á fase específica. Neste caso a nota de admisión calcularase coa seguinte fórmula:

Nota de admisión= CDA + a*M1 + b*M2

CDA= cualificación definitiva da proba de acceso anterior á establecida nesta orde.

M1, M2= as cualificacións dun máximo de dúas materias superadas da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión.

A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias superadas na fase específica sempre que estas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título que se solicite, de acordo co disposto no anexo I desta orde.

a, b= parámetros de ponderación das materias da fase específica, serán igual a 0,1. As universidades poderán elevar este parámetro ata 0,2 naquelas materias que consideren máis idóneas para, de acordo coa finalidade da proba a que se refire o artigo 5º desta orde, seguir con éxito as ensinanzas universitarias oficiais de grao.

c) Estudantes procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou doutros Estados con que España subscribise acordos internacionais nesta materia, segundo o previsto no artigo 38º.5 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, sempre que cumpran os requisitos exixidos no seu respectivo país para o acceso á universidade.

A nota de admisión será a cualificación que conste na credencial expedida pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

Cando estes estudantes se presenten na UNED á fase específica da proba de acceso á universidade establecida polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, a nota de admisión calcularase coa seguinte fórmula:

Nota de admisión= CC+ a*M1 + b*M2.

CC= cualificación da credencial expedida pola UNED.

No caso de que na credencial expedida pola UNED non conste cualificación, a nota de admisión calcularase cunha cualificación de credencial de cinco puntos.

M1, M2= as cualificacións dun máximo de dúas materias superadas da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión.

A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias superadas na fase específica sempre que estas materias estean adscritas á rama do coñecemento do título que se solicite, de acordo co disposto no anexo I desta orde.

a, b= parámetros de ponderación das materias da fase específica, serán igual a 0,1. As universidades poderán elevar este parámetro ata 0,2 naquelas materias que consideren máis idóneas para, de acordo coa finalidade da proba a que se refire o artigo 5º desta orde, seguir con éxito as ensinanzas universitarias oficiais de grao.

d) Estudantes que superaron o curso de orientación universitaria con anterioridade ao curso 1974- 1975.

A nota de admisión será a nota media resultante de facer a media da nota media do bacharelato unificado polivalente ou, se é o caso, do bacharelato superior e do curso de orientación universitaria, calculada, se é o caso, de acordo co disposto na Resolución do 11 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Educación, pola que se establecen as normas para a conversión das cualificacións do expediente académico do alumnado de bacharelato de cualitativas en cuantitativas.

e) Estudantes con probas de madurez, que superaron o bacharelato superior e o curso preuniversitario.

A nota de admisión será a nota media resultante de facer a media da puntuación obtida, no seu día, nas probas de madurez e a nota media do expediente académico do bacharelato superior e do curso preuniversitario, calculada, de acordo co disposto na Resolución do 11 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Educación, pola que se establecen as normas para a conversión das cualificacións do expediente académico do alumnado de bacharelato de cualitativas en cuantitativas.

f) Estudantes de plans de estudos anteriores ao ano 1953.

A nota de admisión será a nota media do expediente académico do bacharelato, calculada de acordo co disposto na Resolución do 11 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Educación, pola que se establecen as normas para a conversión das cualificacións do expediente académico do alumnado de bacharelato de cualitativas en cuantitativas.

g) Estudantes que acrediten estar en posesión dun título de técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño ou técnico deportivo superior, a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación ou títulos equivalentes.

A nota media do expediente académico calcularase mediante a suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e dividindo o resultado obtido entre o número total destes. Para os efectos do cálculo da nota media, non será computado o módulo de formación en centros de traballo, nin aqueloutros módulos que fosen obxecto de validación. A nota media do expediente expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.

A nota media do expediente académico dos estudantes que posúan un título equivalente calcularase de acordo co disposto na orde EDU/1719/2010, do 21 de xuño, pola que se establece a adscrición dos títulos declarados equivalentes aos títulos de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior ás ramas de coñecemento e se adapta para eles a fórmula para o cálculo da nota de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao.

A nota media do expediente académico dos estudantes que validasen os seus estudos estranxeiros polos de formación profesional do sistema educativo español, calcularase de acordo co disposto na Resolución do 7 de maio de 1996 da Dirección Xeral de Investigación Científica e Ensino Superior.

A nota de admisión calcularase coa seguinte fórmula:

Nota de admisión= NMC + a*M1 + b*M2

NMC= nota media do ciclo formativo ou título equivalente.

M1, M2= as cualificacións dun máximo de dous exercicios superados da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión.

A nota de admisión incorporará as cualificacións dos exercicios da fase específica, no caso de que os temas sobre os cales versan estean adscritos á rama de coñecemento do título que se solicite, de acordo co disposto no anexo I desta orde.

a, b= parámetros de ponderación das materias da fase específica, serán igual a 0,1. As universidades poderán elevar este parámetro ata 0,2 naquelas materias que consideren máis idóneas para, de acordo coa finalidade da fase específica a que se refire o artigo 22º desta orde, seguir con éxito as ensinanzas universitarias oficiais de grao.

h) Estudantes que acrediten estar en posesión dun título universitario de grao.

A media do expediente académico de cada alumno calcularase de acordo co establecido no artigo 5º do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais de grao e no artigo 5º do Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Os resultados obtidos polo estudante en cada unha das materias do plan de estudos cualificaranse de 0 a 10, con expresión dun decimal.

A nota de admisión será o resultado da aplicación da seguinte fórmula: suma dos créditos obtidos polo estudante multiplicados cada un deles polo valor das cualificacións que correspondan, e dividida entre o número de créditos totais obtidos polo estudante.

Os créditos obtidos por recoñecemento de créditos correspondentes a actividades formativas non integradas no plan de estudos non serán cualificados numericamente nin computarán para efectos de cómputo da media do expediente académico.

i) Estudantes que acrediten estar en posesión dun título universitario oficial de diplomado, mestre, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente a estes.

As cualificacións cualitativas das materias converteranse en cuantitativas mediante a aplicación do seguinte baremo:

-Matrícula de honra. 10,00 puntos.

-Sobresaliente. 9,00 puntos.

-Notable. 7,50 puntos.

-Aprobado. 5,50 puntos.

A nota de admisión será o resultado da aplicación da seguinte fórmula: suma dos créditos obtidos polo alumno multiplicados cada un deles polo valor das cualificacións que correspondan, e dividida entre o número de créditos totais obtidos polo alumno.

Para os plans non estruturados en créditos, a nota de admisión será o resultado da aplicación da seguinte fórmula: suma das cualificacións das materias superadas polo estudante, dividida entre o número total de materias superadas polo estudante.

l) Estudantes que superen a proba de acceso á universidade de maiores de 25 anos regulada polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro ou segundo normativas anteriores.

A nota de admisión será a cualificación final obtida na proba.

m) Estudantes que superen a proba de acceso á universidade de maiores de 45 anos regulada polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro.

A nota de admisión será a cualificación final obtida na proba.

Artigo 49º.-Preferencia para a adxudicación de prazas.

Nos casos de empate na nota de admisión, terán opción preferente na adxudicación de prazas da:

1. Cota xeral.

a) Os estudantes que na fase xeral da proba de acceso á universidade elixisen unha materia de modalidade vinculada á rama do coñecemento do ensino a que se solicita acceder, tendo en conta o disposto no anexo I desta orde.

b) Os estudantes que superasen as probas de acceso á universidade, segundo normativas anteriores, por unha opción ou vía de acceso vinculada á rama do coñecemento do ensino a que se solicita acceder, tendo en conta o disposto no anexo II desta orde.

c) Os estudantes que acrediten estar en posesión dun título de técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño ou técnico deportivo superior, establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación ou títulos equivalentes, adscritos ás ramas de coñecemento do ensino a que se solicita acceder, tendo en conta o disposto no anexo III desta orde.

2. Cota para os estudantes que superasen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos de idade.

a) Os estudantes que superen a proba de acceso á universidade de maiores de 25 anos regulada polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, nunha opción vinculada á rama do ensino de grao do sistema universitario de Galicia a que se pretende acceder, de acordo co disposto no anexo IV desta orde.

b) Os estudantes que teñan superada a proba de acceso á universidade de maiores de 25 anos segundo normativas anteriores á establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, nunha opción vinculada á rama do ensino de grao do sistema universitario de Galicia a que se pretende acceder, de acordo co disposto no anexo V desta orde.

Artigo 50º.-Asignación de prazas.

1. A CiUG asignará as prazas ofertadas en cada ensinanza universitaria en cada un dos prazos de matrícula que se establezan. A cada estudante asignaráselle a ensinanza universitaria de maior preferencia que lle corresponda en función da cota pola cal se solicita o acceso e tendo en conta, en todo caso, a orde de prelación, os criterios de valoración e a preferencia para a adxudicación de prazas a que se fai referencia nos artigos 47º, 48º e 49º desta orde.

2. En cada prazo de matrícula publicarase a relación de estudantes admitidos para matricularse en cada ensinanza universitaria, indicando os lugares e as datas para formalizar a matrícula. Os estudantes admitidos para matricularse na ensinanza universitaria solicitada en primeiro lugar de preferencia, deberán matricularse no prazo establecido para o efecto; de non facelo perderán os seus dereitos de matrícula nesa convocatoria. Enténdese por primeira preferencia aquela que o alumnado solicite en primeiro lugar, ou en lugares sucesivos se as ensinanzas universitarias solicitadas por enriba dela esgotaron as súas prazas.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitirá telematicamente a cada universidade os datos persoais e académicos dos estudantes admitidos a matricularse nela en cada prazo. Finalizado o prazo de matrícula, cada universidade remitirá telematicamente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a relación de estudantes matriculados.

3. Na convocatoria extraordinaria non se ofertarán prazas nas ensinanzas universitarias que teñan a matrícula cuberta na convocatoria ordinaria, ou aquelas nas cales a CiUG considere que existen datos obxectivos que permitan prever esa circunstancia. En todo caso, non se poderán deixar prazas vacantes previamente ofertadas mentres existan solicitudes formalizadas dentro dos prazos establecidos.

4. As universidades poderán establecer condicións ou probas especiais para o acceso a determinadas ensinanzas.

Estas condicións ou probas especiais deberán ser incluídas polas universidades na memoria do plan de estudos verificado e autorizado, de acordo co disposto no Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

5. O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas no LERD en que presentou solicitude de acceso e dirixida ao presidente da CiUG.

A resolución da reclamación correspóndelle á CiUG e será asinada polo delegado do reitor da universidade en que se imparta a ensinanza universitaria obxecto da reclamación.

O resultado comunicaráselle ao interesado ou interesada a través das listaxes de asignación de prazas ou dunha notificación persoal e indicarase, se é o caso, o prazo para matricularse.

Contra a resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante a propia CiUG, que porá fin á vía administrativa. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso potestativo de reposición.

No caso de presentar recurso contencioso-administrativo, a Administración demandada será a universidade responsable da ensinanza universitaria en que o estudante solicita o ingreso. No caso de demanda, a responsabilidade en materia de persoal corresponderá a cada universidade.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Secretaría Xeral de Universidades e á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para que, dentro das súas respectivas competencias, diten as disposicións que sexan precisas para a execución do establecido nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2011.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "06600D002P011.PDF"