Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 11 de maio de 2011 Páx. 9129

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Samos

ANUNCIO de publicación de bases que rexerán o proceso de selección de persoal.

No BOP n.º 74, do 1 de abril de 2011, publicáronse as bases que rexerán o proceso de selección, mediante concurso-oposición, de catro plazas de persoal laboral fixo para operario de servizos múltiples, auxiliar de axuda no fogar e xerente de vivenda comunitaria.

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaránse no BOP e no taboleiro de anuncios deste concello, segundo dispoñan en cada caso as bases.

Samos, 5 de abril de 2011.

Julio Gallego Moure
Alcalde