Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2011 Páx. 10921

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 12 de abril de 2011, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convocan, para vinculación temporal, por concurso de méritos, prazas de diversas especialidades de persoal licenciado sanitario.

A Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, en virtude do establecido na Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para vinculación temporal, por concurso de méritos, de prazas de diversas especialidades de persoal licenciado sanitario.

A citada resolución estará exposta na mesma data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Área Sanitaria de Ferrol e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A solicitude poderá presentarse no prazo de 15 días naturais desde o seguinte a esta publicación.

Ferrol, 12 de abril de 2011.

Luis Verde Remeseiro
Director da Área Sanitaria de Ferrol