Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 30 de maio de 2011 Páx. 12166

I. Disposicións xerais

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia n.º 58, do mércores 23 de marzo de 2011, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 4.894 as referencias feitas no artigo 28 aos artigos 6, 3 e 4 entenderanse realizadas aos artigos 7, 4 e 5 respectivamente. Así mesmo, nesta mesma páxina as referencias feitas no artigo 29 aos artigos 6 e 3 entenderanse realizadas aos artigos 7 e 4 respectivamente.

Na páxina 4.895 as referencias feitas no artigo 31 aos artigos 5 e 7.3 entenderanse realizadas aos artigos 6 e 8.3 respectivamente. Así mesmo, nesta mesma páxina as referencias feitas no artigo 32 ao artigo 14.4 e aos capítulos II e III entenderanse realizadas ao artigo 15.4 e ao capítulo II respectivamente.

Na páxina 4.896 as referencias feitas na disposición transitoria única aos artigos 3, 4 e 8.1 entenderanse realizadas aos artigos 4, 5 e 9.1 respectivamente.