Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 30 de maio de 2011 Páx. 12264

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes

EDICTO (185/2010).

Neste xulgado séguense autos de xuízo ordinario 185/2010 en que, con data do 21 de marzo de 2011, José Manuel Pérez Maside ditou sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que estimando integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. González Gancedo, en nome e representación de José María Bello Gaudioso, contra Antonio, Pilar e Asunción Bello Botana, María del Carmen Gil Veiras, José Antonio Bello Gil, María José Bello Gil e os herdeiros ou habentes causa descoñecidos e incertos de Antonio Bello Pérez e Francisco Bello Botana, debo declarar e declaro:

Que José María Bello Gaudioso (antes Gaudioso Calvo) é herdeiro forzoso do seu pai Antonio Bello Pérez.

A preterición intencional de José María Bello Gaudioso (antes Gaudioso Calvo) na herdanza do seu pai Antonio Bello Pérez, procedendo a redución da institución de herdeiros, legados e demais disposicións testamentarias en canto prexudiquen a lexítima de José María Bello Gaudioso (antes Gaudioso Calvo) na citada herdanza.

Condeno os demandados ao pagamento da lexítima do demandante (una quinceava parte da herdanza).

Impóñenselles as custas procesuais aos demandados.

Esta resolución non é firme e contra ela poderase interpor ante este xulgado, por escrito, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña».

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos herdeiros descoñecidos e incertos de Antonio Bello Pérez e Francisco Bello Botana, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ordes, 4 de abril de 2011.