Por Resolución do 5 de agosto de 2010, do director xeral de Administración Local, convocouse proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de secretaría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.
Por Resolución do 7 de outubro de 2010, do director xeral de Administración Local, resolveuse o recurso de reposición á dita convocatoria.
Por Resolución do 20 de outubro de 2010, da Dirección Xeral de Cooperación Local, dáse publicidade á convocatoria de probas selectivas para o acceso á categoría superior da subescala de secretaría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal efectuada pola Comunidade Autónoma de Galicia.
Por Resolución do 20 de xaneiro de 2011, do director xeral de Administración Local, aprobouse a relación provisional de admitidos e excluídos ás ditas probas con indicación das causas de exclusión, e fixouse un prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para formular as alegacións que considerasen oportunas.
Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base I.4.2 da convocatoria, esta dirección xeral, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 15.1.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, en relación coa Orde do 12 de setembro de 2005, sobre delegación de competencias,
RESOLVE:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de admitidos e excluídos ás ditas probas e que figuran no anexo I.
Igualmente, a dita listaxe definitiva de aspirantes admitidos (non hai excluídos) exporase ao público no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Administración Local e na páxina web (http://www.eidolocal.es).
Segundo. Convocar os aspirantes admitidos para a realización do exercicio práctico, o día 30 de xuño de 2011, ás 9.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas; rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña).
Terceiro. Nomear as persoas que se relacionan no anexo II como membros do tribunal cualificador do dito proceso.
Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, e notificaranllo á Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria e, igualmente, se colaborasen durante ese período dalgún modo con centros de preparación de opositores.
Este tribunal terá a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.
Os aspirantes deberán presentarse, para a realización do exercicio, provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal. Para o desenvolvemento deste exercicio poderán consultarse textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá interporse directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2.º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1.º do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2011.
P.D. (Orde do 12.9.2005; DOG n.º 177, do 14 de setembro)
José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local
ANEXO I
Listaxe definitiva de admitidos
|
Admitidos/as |
DNI |
Quenda |
|
Alonso Fernández, Silvia |
34955380A |
Libre |
|
Alonso Losada, Cristina |
32821915H |
Libre |
|
Álvarez Mendoza, Carmen Inés |
78402052C |
Libre |
|
Álvarez Montoto, Jesús |
71633812J |
Libre |
|
Antelo Martínez, Alejandro Ramón |
11961159D |
Libre |
|
Ares Álvarez, Ana María |
35314376S |
Libre |
|
Arnau Esteller, Alberto José |
20243355C |
Libre |
|
Ballina Díaz, Diego |
10901764V |
Libre |
|
Barreiro García, Adamantino |
35297759G |
Discapacit. |
|
Berrocal Hernández, Agustín |
07955092J |
Libre |
|
Bouzada Romero, Javier |
35430570J |
Libre |
|
Burón Álvarez, Fernando |
12761026M |
Libre |
|
Cacharro López, María Socorro |
34977069A |
Libre |
|
Cacharrón Castelos, Ana María |
32763208F |
Libre |
|
Carro Asorey, José Antonio |
07233414Y |
Libre |
|
Cobos Climent, Jesús |
30818161R |
Libre |
|
Corces Casado, Amada |
32881439H |
Libre |
|
Costas Romero, Paula |
36114391K |
Libre |
|
De Galdo Casado, Emilio José |
07232524J |
Libre |
|
Del Barrio Berbel, Rafael José |
48368969S |
Libre |
|
Del Cerro del Río, Ana Isabel |
35303590Q |
Libre |
|
Duart Rosa, Yolanda |
20822456G |
Libre |
|
Estévez Torres, Anxelo |
53530525A |
Libre |
|
Fernández Castro, Francisco Gaspar |
36107440Q |
Libre |
|
Fernández Fernández, Ricardo |
11425142F |
Libre |
|
Fraga Díaz, Virginia |
76967703C |
Libre |
|
García Ardila, Francisco Miguel |
74836992Y |
Libre |
|
García Rosa, Mirta |
09434971A |
Libre |
|
González García, José Manuel |
77404022Y |
Libre |
|
González González, Iván |
44261177T |
Libre |
|
Iglesias Martínez, Miguel |
34897065Q |
Libre |
|
Laborda Farrán, Mónica Miriam |
73197657L |
Libre |
|
Lacasa Tribo, Alfredo |
43676345N |
Libre |
|
Lili Salazar, María Aránzazu |
30616225M |
Libre |
|
Llorente Crespo, Álvaro |
22747287B |
Libre |
|
Lobán González, Víctor Manuel |
71637476C |
Libre |
|
Losa Muñiz, Virginia |
44427789T |
Libre |
|
Márquez Caramés, Adrián Juan |
46902629V |
Libre |
|
Marquina Fuentes, Juan |
76711621C |
Libre |
|
Martínez Martínez, Raúl |
09786877D |
Libre |
|
Miranda Castán, Ana Victoria |
28497037Z |
Libre |
|
Núñez Orjales, Marina |
32820109Y |
Libre |
|
Orquín Serrano, Juan José |
24389219L |
Libre |
|
Pérez Pérez, Nuria Isabel |
10853040F |
Libre |
|
Portela Fernández, Pablo |
36146429C |
Libre |
|
Ramírez Bernal, Carmen Rocío |
31864241H |
Libre |
|
Ramos Ramos, Ana |
34897339Z |
Libre |
|
Rey Fernández, Pedro Daniel |
08836906F |
Libre |
|
Ricoy Riego, José Marcelo |
32417003K |
Libre |
|
Rojo Fernández-Matinot, Ignacio |
50410675B |
Libre |
|
Rubiera Álvarez, Ana María |
10856275E |
Libre |
|
Ruíz Fernández, Teresa |
09398083F |
Libre |
|
Sabariz Rolán, Luis Ángel |
35430697W |
Libre |
|
Salcedo Benavente, Paloma |
44858779Q |
Libre |
|
Sardón Blanco, Asunción C. |
32815782A |
Libre |
|
Seoane Bouzas, María del Carmen |
46906254P |
Libre |
|
Tambo Calvo, Daniel |
46016961X |
Libre |
|
Vázquez Pita, José María |
33345782Z |
Libre |
|
Vicente Díaz, Violeta |
09380324G |
Libre |
ANEXO II
Tribunal cualificador
Presidente: Luis Míguez Macho, decano da Facultade de Dereito. Universidade de Santiago de Compostela.
Suplente presidente: Javier D’Amorín Viéitez, conselleiro do Consello Consultivo.
1.º vogal e secretario: José Liñeira Piñeiro, letrado da Xunta de Galicia.
1.º vogal suplente do secretario: Juan Roberto Barcia Casanova, letrado da Xunta de Galicia.
2.º vogal: Juan Carlos Carballal, maxistrado.
2.º vogal suplente: Sonia Rodríguez-Campos González, profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Vigo.
3.º vogal: Francisco Cacharro Gosende, secretario xeral da Deputación Provincial de Ourense.
3.º vogal suplente: Luis María Bermúdez de la Puente Villalba, secretario xeral do Pleno do Concello de Ourense.
4.º vogal titular: Concepción Campos Acuña, secretaria da Administración Municipal do Concello de Vigo.
4.º vogal suplente: José Ramón Alonso Fernández, vicesecretario do Concello de Santiago de Compostela.

