Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2011 Páx. 12976

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado por Cacumen Lugo, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Cacumen Lugo, S.L.U.

3. Data:

Do 6 ao 27 de xuño de 2011.

4. Lugar de celebración:

Cacumen Lugo, S.L.U.

R/ Concepción Arenal, 18, 1.º, 27004 Lugo.

5. Número de prazas:

Máximo 20 alumnos.

6. Horario:

Das 9.00 ás 14.00 h.

7. Duración:

20 horas teórico/prácticas e 1 hora proba de avaliación.

8. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

9. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de solicitude de inscrición.

10. Programa:

6.6.2011

9.00 – 11.00 h

Praguicidas. Descrición e clasificación dos distintos tipo de praguicidas. Riscos derivados da manipulación de praguicidas.

11.00 – 14.00 h

Principais pragas. Pragas ambientais. Loita contra as pragas

ambientais. Métodos de loita antivectorial.

13.6.2011

9.00 – 11.00 h

Técnicas de aplicación de praguicidas. Praguicidas e ambiente. Problemas de destrución de envases.

11.00 – 14.00 h

Hixiene e seguridade na manipulación de praguicidas. Intoxicación, prevención, diagnóstico e primeiros auxilios.

20.6.2011

9.00 – 14.00 h

Prácticas: as principais pragas e métodos de loita. Métodos de prevención contra pragas.

27.6.2011

9.00 – 11.00 h

Prácticas: uso axeitado dos medios de protección persoal. Aplicación de distintos métodos de loita contra as pragas ambientais. Técnicas de aplicación de praguicidas. Destrución de envases.

11.00 – 14.00 h

Prácticas: actuación e primeiros auxilios ante intoxicacións por praguicidas.

14.00 – 15.00 h

Exame tipo test.

11. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente con que poderá solicitarlle á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2011.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora:

Cacumen Lugo, S.L.U.

Datas:

Do 6 ao 27 de xuño de 2011.

Lugar de realización do curso:

Instalacións de Cacumen Lugo, S.L.U.

R/ Concepción Arenal, 18, 1.º, 27004 Lugo.

Duración:

20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario:

Das 9.00 ás 14.00 h.

N.º de prazas:

Máximo 20 alumnos.

Información e inscricións:

Cacumen Lugo, S.L.U., r/ Concepción Arenal, 18, 1.º, 27004 Lugo. Tel.: 982 24 39 44, fax: 982 28 41 61, e-mail: cacumen@cacumenlugo.com

Criterio de selección:

Por rigorosa orde de solicitude.