Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2011 Páx. 13397

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e a facer pública a composición do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres na Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 8 de abril de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 11 de abril), e pola que se fai pública a data, a hora e o lugar en que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos citados procedementos selectivos.

En cumprimento do sinalado na base común 7 da Orde do 8 de abril de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 11 de abril), pola que se convocaban os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos mencionados corpos da Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Nomear o tribunal que deberá xulgar a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres na Comunidade Autónoma de Galicia no anexo desta resolución.

Segundo. Indicar a data, hora e lugar en que se realizará a citada proba:

-Data: 18 de xuño de 2011.

-Hora: ás 10.00 horas.

-Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo 5, Santiago de Compostela (A Coruña).

Recórdase que, de conformidade coa Orde do 8 de abril de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 11 de abril), a proba se valorará coa cualificación de apto ou non apto, e quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas declaradas non aptas. Finalizada a realización da proba, e unha vez avaliada, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante no taboleiro de anuncios do centro en que se realizase.

Terceiro. Quedan autorizadas as comisións de servizos dos membros do tribunal que necesiten desprazarse para o exercicio de tal función, que terán dereito a percibir as axudas e gastos de viaxes de acordo coa lexislación vixente. Os medios de locomoción usados serán calquera dos previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 18 de xullo), e deberá entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2011.

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Titulares

Posto

NIF

Nome

Presidente/a titular

33783681-Q

González Moreiras, Jesús Pablo

Vogal titular 1º

35544660-T

García Bugarín, Leandro

Vogal titular 2º

33238798-A

Rivas Troiteiro, María das Dores Lucía

Vogal titular 3º

36044724-K

Álvarez Ruiz, Lourenzo

Vogal titular 4º

35286281-A

Ares Rodríguez, María Carmen

Suplentes

Posto

NIF

Nome

Presidente/a suplente

Vogal suplente 1º

33832204-D

Pereiro Gómez, Luis

Vogal suplente 2º

35450548-G

García Sumay, María Cruz

Vogal suplente 3º

35318235-X

Gulías Troitiño, Xoán Carlos

Vogal suplente 4º

52434162-G

Seara Domínguez, María Teresa