Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2011 Páx. 14223

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura da lista para a contratación temporal de persoal laboral da categoría 104, do grupo III (intérprete de linguaxe de signos), regulada polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Por resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 11 de outubro de 2001 (DOG n.º 208, do 26 de outubro) dispúxose a elaboración da lista coas persoas interesadas na cobertura con carácter temporal, de postos de traballo reservados á categoría de intérprete de linguaxe de signos (104), do grupo III do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Por Resolución do 31 de marzo de 2009 (DOG n.º 69, do 13 de abril) adaptouse a dita lista á nova regulación da contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, operada polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG n.º 48, do 9 de marzo).

A Resolución do 31 de marzo de 2009 non abriu prazo de presentación de novas solicitudes de incorporación á lista, que tamén permaneceu pechada durante o ano 2010.

Tendo en conta o número actual de integrantes da lista da categoría 104 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, as previsións de chamamentos e as necesidades urxentes de cobertura de prazas en determinadas unidades, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. A apertura do prazo de presentación de novas solicitudes de incorporación á lista correspondente á categoría de intérprete de linguaxe de signos (104), do grupo III do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Segundo. O modelo de solicitude de inscrición, así como os modelos de modificación de datos persoais, de modificación de ámbitos e de suspensión de chamamentos estarán ao dispor dos interesados na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na sección de listas de contratación temporal (xeración de solicitudes).

Terceiro. O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de xullo deste ano.

Cuarto. As instancias poderán presentarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos demais lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela consonte o disposto nos artigos 46 e 14.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2011.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública