O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por persoal funcionario docente que imparte ensinanzas en niveis non universitarios, dispón, no seu artigo 5, que se cubrirán en réxime de comisión de servizos, por concurso de méritos específicos entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, aquelas prazas que segundo as previsións contidas no artigo 59 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, teñan por obxecto fomentar a investigación, favorecer a elaboración de proxectos que inclúan innovacións curriculares, metodolóxicas, tecnolóxicas, didácticas e de organización de centros docentes.
Na súa virtude e sobre a base da autorización expresa que figura na disposición derradeira primeira dese decreto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
DISPÓN:
Artigo 1. Obxecto.
Convocar concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Artigo 2. Participantes e requisitos.
Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios.
Artigo 3. Lugar e prazo de presentación.
A instancia, así como a documentación correspondente, poderá presentarse no rexistro único, edificio administrativo San Caetano, nos departamentos territoriais ou en calquera das dependencias que sinala o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
No caso de que se presentase a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que sexa datada e selada pola/o funcionaria/o de Correos antes de ser certificada.
O prazo de presentación de instancias, que serán dirixidas ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 4. Solicitudes e documentación.
1. Solicitudes.
O persoal interesado en participar nesta convocatoria deberá presentar a súa solicitude mediante instancia axustada ao modelo que se publica no anexo III desta orde.
2. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:
a) Folla de alegación de méritos e autobaremación, axustada ao modelo que se atopará á disposición do persoal interesado no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/
b) Documentación acreditativa de que se posúen os requisitos exixidos para a praza que solicitan.
c) Documentación a que se refire o anexo II desta convocatoria, para acreditar todos os servizos e méritos alegados así como unha relación numerada, datada e asinada, dos documentos presentados seguindo a orde que aparece no citado anexo. Aqueles méritos alegados e non xustificados documentalmente non serán tidos en conta.
d) Proxecto de traballo, referido ás funcións que ten que realizar, cunha extensión máxima de 20 folios, tamaño DIN-A4 a unha soa cara, a dobre espazo e tamaño de letra de 12 puntos.
Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos de méritos alegados que fosen achegados polos concursantes para completar o seu expediente persoal na aplicación informática a través do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais
Artigo 5. Comisión de selección.
1. Este concurso será resolto por unha ou varias comisións de selección formadas polos seguintes membros:
Presidente:
O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou persoa en quen delegue, en función dos distintos postos que se vaian cubrir.
Vogais:
Ata un máximo de catro, coa categoría de subdirector xeral, xefe de servizo ou área da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- Un funcionario ou funcionaria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará como secretario ou secretaria con voz e sen voto.
Cada un dos sindicatos da mesa sectorial docente poderá nomear un representante para a asistencia ás sesións da comisión con voz e sen voto. Coa debida antelación, o nome do representante seralle comunicado ao presidente da comisión de selección.
2. A comisión poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica especializada para colaborar na valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coiden pertinentes.
Cada un dos sindicatos da mesa sectorial docente poderá nomear unha persoa representante para a asistencia ás sesións da subcomisión con voz e sen voto.
3. Os membros da comisión e da subcomisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo) e o Decreto 96/2011, do 5 de maio, estando cualificadas na categoría primeira.
Artigo 6. Proceso de selección.
O proceso de selección constará de dúas fases. Unha primeira en que se valorarán os méritos alegados e o proxecto presentado, e unha segunda en que se poderá realizar unha entrevista ao persoal aspirante que superen a primeira fase.
Primeira fase de selección:
1. A comisión fará públicas as puntuacións provisionais asignadas a cada aspirante, como resultado da aplicación do baremo que figura no anexo II. Estas listas publicaranse nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e dos departamentos territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/
2. O persoal aspirante poderá presentar as alegacións que estime conveniente contra a listaxe provisional, dirixidas ao presidente da comisión de selección, no prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación, por calquera dos procedementos recollidos no punto sexto 1.b) desta orde.
3. Unha vez estudadas e resoltas as alegacións presentadas, a comisión publicará a lista definitiva das puntuacións nas epígrafes de méritos e proxecto de traballo, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e nas xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como no enderezo electrónica http://www.edu.xunta.es/
Segunda fase de selección:
1. Todo o persoal aspirante que obteña unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto poderá ser convocado pola comisión de selección á celebración dunha entrevista para mellor apreciar as circunstancias que concorren nel, e que versará sobre o proxecto presentado.
2. O persoal aspirante que non acade unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto e de 4 puntos na entrevista, de ser o caso, non poderá ser proposto pola comisión. Será seleccionado aquel persoal aspirante que, obtendo as puntuacións mínimas sinaladas, acade as maiores puntuacións no total das epígrafes contidas no baremo establecido no anexo II, para a praza que solicitan.
3. No caso de producirse empates no total de puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nas epígrafes 6, 3.3, 1 e 5 do baremo.
Artigo 7. Proposta de nomeamento.
1. A relación provisional do persoal concursante seleccionado, farase pública nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/. Establecerase un prazo de dez días naturais para que o persoal interesado poida efectuar as posibles reclamacións ou renuncias ás prazas adxudicadas provisionalmente.
2. Unha vez resoltas as reclamacións e admitidas as posibles renuncias, a comisión remitiralle ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución desta convocatoria, xunto coa acta definitiva coa expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final das persoas seleccionadas con mención do posto que se adxudicará a cada unha delas.
Artigo 8. Resolución da convocatoria.
1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no DOG a resolución definitiva do concurso.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, o persoal interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o consellerio de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
2. O persoal docente que resulte seleccionado por esta convocatoria quedará adscrito aos postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2011, cesando nos seus postos con data do 31 de agosto do mesmo ano, e permanecerán neles en réxime de comisión de servizos, con reserva de posto de traballo de orixe, por un período dun ano, renovable ano a ano ata un máximo de seis, establecéndose un proceso de avaliación do exercicio da súa actividade que, no caso de ser positiva, determinará a súa continuidade.
A avaliación realizaraa unha comisión coa mesma composición establecida no artigo 5 desta orde, logo dos informes que estime oportunos.
3. De non publicarse a resolución definitiva no prazo de seis meses desde esta convocatoria, as solicitudes presentadas entenderanse desestimadas.
Artigo 9. Retribucións.
Para os efectos de retribucións, en concepto de complemento específico, o persoal funcionario docente que resulte seleccionado poderá percibir o complemento específico correspondente ao asesor técnico docente, segundo o establecido no anexo V, dous da Orde do 14 de xaneiro de 2011 (DOG do 21 de xaneiro) pola que se ditan instrucións para a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2011.
Disposición derradeira primeira.
Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.
Disposición derradeira segunda.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2011.
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
|
N.º posto |
Denominación da praza de asesor |
N.º de |
Requisitos |
Destino |
Funcións |
|
1 |
Innovación e desenvolvemento curricular |
1 |
Profesor/a de ensino secundario ou profesor técnico de formación profesional con atribución docente na familia profesional de electricidade e electrónica ou informática. |
Dirección Xeral de Educación, |
Coordinación das propostas curriculares e do seu desenvolvemento da formación profesional inicial. |
|
2 |
Ordenación e desenvolvemento |
1 |
Profesor/a de ensino secundario ou profesor técnico de formación profesional con atribución docente en ciclos formativos de formación profesional. |
Dirección Xeral de Educación, |
Coordinación das propostas curriculares e do seu desenvolvemento da formación profesional inicial. |
|
3 |
Desenvolvemento curricular |
1 |
Profesor/a de ensino secundario ou profesor técnico de formación profesional con atribución docente en ciclos formativos de formación profesional. |
Dirección Xeral de Educación, |
Coordinación de propostas curriculares e do seu desenvolvemento da formación profesional inicial e dos programas de cualificación profesional inicial. Coordinación de grupos de traballo de expertos de formación profesional. |
|
4 |
Coordinación de carnés e habilitacións profesionais |
1 |
Profesor/a de ensino secundario ou profesor técnico de formación profesional con atribución docente en ciclos formativos de formación profesional. Coñecementos avanzados de procesadores de textos, folla de cálculo, bases de datos e de ferramentas informáticas en contorno web. Coñecemento da normativa reguladora dos carnés e habilitacións profesionais. Experiencia na coordinación de grupos de traballo. |
Dirección Xeral de Educación, |
Organización e coordinación dos procedementos de xestión asociados aos carnés e habilitacións profesionais. Xestión e desenvolvemento dunha aplicación específica para os procedementos asociados a xestión dos carnés e habilitacións profesionais. Elaboración de estudos, informes e propostas sobre probas para obtención de carnés profesionais, probas de acceso, admisión e probas libres de formación profesional. Coordinación de grupos de traballo de expertos de formación profesional. |
|
5 |
Asesoría de emprendemento educativo |
2 |
Profesor/a de ensino secundario con atribución docente en ciclos de formación profesional. |
Dirección Xeral de Educación, |
Coordinar as accións necesarias para o impulso do espírito emprendedor no sistema educativo. |
|
6 |
Asesoría de desenvolvemento do proceso |
1 |
Profesor/a de ensino secundario con atribución docente en ciclos de formación profesional. |
Dirección Xeral de Educación, |
Coordinar o proceso de acreditación de competencias adquiridas a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais. |
|
7 |
Asesor/a de estatística en procesos de planificación e avaliación educativa |
1 |
Profesor/a de ensino secundario, especialidade de matemáticas. Coñecementos básicos de estatística. Coñecementos de ferramentas informáticas para o tratamento de datos estatísticos. Coñecemento básico de bases de datos. |
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa |
Deseño, planificación e execución de procesos de tratamento estatístico de datos. Elaboración e análise de estudos e informes de avaliación educativa. Aquelas outras que se lle encomenden no ámbito das súas competencias. |
|
8 |
Asesor/a de avalia- ción e calidade |
1 |
Profesor/a de ensino secundario, especialidade de matemáticas, informática, formación e orientación laboral ou no ámbito da orientación educativa. Coñecementos básicos de bases de datos e da análise estatística. |
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa |
Participación no deseño, planificación e execución das accións de avaliación e mellora do sistema educativo. Elaboración e análise de estudos e informes sobre avaliación e calidade. Aquelas outras que se lle encomenden no ámbito das súas competencias. |
|
9 |
Asesor/a de planificación educativa |
1 |
Profesor/a de ensino secundario Manexo das tecnoloxías informáticas e da comunicación e da súa aplicación no sistema educativo. |
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa |
Participación na planificación da rede da oferta educativa de niveis non universitarios. Xestión de accións para promover a excelencia no sistema educativo. Aquelas outras que se lle encomenden no ámbito das súas competencias. |
|
10 |
Asesor/a na avaliación de programas e institucións educativas |
1 |
Profesor/a de ensino secundario. Manexo de programas informáticos, tratamento textos, follas de cálculo e bases de datos. |
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa |
Colaborar no seguimento dos procesos de avaliación en que participe a inspección educativa. Colaborar coas redes de información e difusión educativas. Elaboración e análise de estudos e informes. Aquelas outras que se lle encomenden no ámbito das súas competencias. |
|
11 |
Asesor/a de calidade e xestión de novas tecnoloxías para a inspección educativa |
1 |
Profesor/a de ensino secundario, especialidade en matemáticas ou informática. Manexo no desenvolvemento de aplicacións web. |
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa |
Participación no desenvolvemento de aplicacións web para a coordinación de funcións de inspección educativa. Participación na organización de actividades de formación e perfeccionamento para os membros da inspección educativa. Calquera outra que lle sexa encomendada. |
|
12 |
Asesoría de innovación educativa |
2 |
Funcionario/a dos corpos de profesorado de ensino primario ou secundario. Experiencia no desenvolvemento de programas de innovación educativa. Coñecemento das ferramentas e tecnoloxías empregadas na internet e as súas posiblidades de utilización no contorno educativo. |
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa |
Convocatoria e resolución de plans, programas e premios de innovación educativa. Seguimento de planas e programas de innovación educativa. Promoción e difusión de experiencias innovadoras que se estean a realizar nos centros educativos. |
|
13 |
Asesoría de potenciación das linguas estranxeiras |
3 |
Funcionario/a dos corpos de profesorado de ensino primario ou secundario. Dominio oral e escrito de lenguas estranxeiras. Coñecemento das ferramentas e tecnoloxías empregadas na internet e as súas posiblidades de utilización no contorno educativo. |
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa |
Asesoramento e xestión dos programas de potenciación das linguas estranxeiras. Xestión das convocatorias de actividades de actualización do profesorado e do alumnado de linguas estranxeiras. Elaboración de informes e proposta de mellora sobre o desenvolvemento dos programas de potenciación das linguas estranxeiras. |
|
14 |
Asesoría de programas educativos |
4 |
Funcionario/a dos corpos de profesorado de ensino primario ou secundario. Experiencia na coordinación de programas educativos. Coñecemento das ferramentas e tecnoloxías empregadas na internet e as súas posibilidades de utilización no contorno educativo. |
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa |
Asesoramento e xestión dos distintos programas de apoio ao sistema educativo que se promoven desde a consellería. Elaboración de informes e propostas de mellora sobre o desenvolvemento dos distintos programas. |
|
15 |
Asesor/a de ensinanzas de idiomas de réxime especial |
1 |
Profesor/a de escolas oficiais de idiomas ou profesor de ensino secundario con especialidade en idiomas. Coñecemento da normativa das ensinanzas de idiomas de réxime especial. |
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa |
Coordinación e desenvolvemento das propostas curriculares e normativas das ensinanzas de idiomas de réxime especial. Elaboración de propostas para a formación do profesorado de idiomas. Coordinación de grupos de traballo de expertos de ensinanzas de idiomas. |
|
16 |
Asesor/a de música e artes escénicas |
1 |
Profesor/a de conservatorios profesionais de música ou de danza, ou profesor de ensino secundario con especialidade de música. Coñecemento da normativa das ensinanzas de música e artes escénicas, en todas as súas modalidades. |
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa |
Coordinación e desenvolvemento das propostas curriculares e normativas das ensinanzas de música e artes escénicas, en todas as súas modalidades. Elaboración de propostas de equipamentos didácticos para a impartición de ensinanzas nas distintas espcecilidades. Elaboración de propostas para a formación do profesorado de música e artes escénicas. |
|
17 |
Asesor/a de ensi-nanzas deportivas |
1 |
Profesor de ensino secundario con especialidade en educación física. Coñecemento da normativa das ensinanzas deportivas en todas as súas especialidades. |
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa |
Coordinación e desenvolvemento das propostas curriculares e normativas das ensinanzas deportivas. Elaboración de propostas de equipamentos didácticos para a impartición de ensinanzas deportivas. Elaboración de propostas para a formación do profesorado de educación física e técnico deportivo. |
|
18 |
Asesor/a para a educación e formación ao longo da vida |
1 |
Profesor de ensino secundario ou mestre con experiencia en formación e coordinación de ensinanzas de adultos presencial e a distancia. |
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa |
Asesoramento e coordinación para o desenvolvemento da formación ao longo da vida, nas modalidades presencial e a distancia. |
|
19 |
Asesor/a de estatística do SUG |
1 |
Coñecementos básicos de estatística. Coñecementos de ferramentas informáticas para o tratamento do datos estatísticos. Coñecemento básico de bases de datos. Coñecementos da normativa e estrutura do SUG. |
Secretaría Xeral de Universidades |
Deseño, planificación e execución de procesos de tratamento estatístico de datos do SUG. Coordinación da aplicación de incorporación do alumnado á universidade. Elaboración e análise de estudos e informes do SUG. Calquera outra que lle sexa encomendada. |
|
20 |
Asesor/a técnico praza museística pedagóxica |
2 |
1 Profesor/a de artes plásticas e deseño con coñecemento de conservación e restauración. 1 Profesor/a de ensino secundario con formación en biblioteconomía arquivística e documentación. |
Secretaría Xeral Técnica |
Traballos relacionados coa restauración, arquivo e documentación. |
|
21 |
Asesores Siega-Abalar de zona: apoio aos centros docentes na implantación das novas tecnoloxías e servizos educativos segundo o Proxecto Abalar |
3 |
Coñecementos das tecnoloxías informáticas no nivel de usuario avanzado incluíndo, entre outros, a capacidade de instalar e configurar equipamentos informáticos en rede e os seus dispositivos periféricos. Coñecemento das ferramentas informáticas incluíndo a súa instalación. Coñecemento das ferramentas e tecnoloxías empregadas na internet e as súas posibilidades de utilización no contorno educativo. |
Secretaría Xeral Técnica situados fisicamente en ubicacións das seguintes localidades: A Coruña, Lugo, A Pobra de Caramiñal |
Soporte in situ e asesoramento na instalación e utilización dos servizos educativos que se lles ofertan aos centros educativos. Soporte técnico in situ á infraestrutura informática e de comunicacións, resolvendo as incidencias dos centros docentes da súa zona en coordinación coa Unidade de Atención a Centros (UAC). Apoio e atención aos centros docentes da súa zona con relación a calquera aplicación de informática corporativa implantada ou que se pretende implantar neses centros. Asesoramento sobre as necesidades de formación do persoal dos centros docentes en relación cos servizos educativos ofertados. |
|
22 |
Asesoría Siega-Abalar Sistemas |
2 |
Experiencia na administración de plataformas de e-learning, publicación dinámica de contidos web, servizos de intranet. Coñecementos de contornos LAMP. Coñecementos de tecnoloxías de redes de datos a nivel de administrador. Coñecementos de sistemas informáticos a nivel de administrador. Experiencia en xestión e administración de sistemas de redes e seguridade. |
Secretaría Xeral Técnica (Santiago de Compostela) |
Administración e desenvolvemento de servizos no marco do Proxecto Abalar. Configuración e administración de equipamentos de rede e de seguridade. Configuración e administración de servidores. Asesoramento e formación de usuarios sobre servizos do Proxecto Abalar. |
|
23 |
Asesoría Siega-Abalar Desenvolvemento |
3 |
Experiencia en análise e programación de aplicacións web dinámicas. |
Secretaría Xeral Técnica (Santiago de Compostela) |
Análise e desenvolvemento de aplicacións web corporativas. Asesoramento e formación de usuarios sobre aplicacións web corporativas. |
|
24 |
Asesoría Siega-Abalar Estatística |
1 |
Coñecementos básicos de estatística. |
Secretaría Xeral Técnica (Santiago de Compostela) |
Recollida e depuración de datos estatísticos. Elaboración e explotación de datos estatísticos. Asesoramento aos centros no proceso de recollida de datos estatísticos. Asesoramento e formación de usuarios sobre procesos estatísticos. |
|
25 |
Asesoría Siega-Abalar XADE |
1 |
Coñecementos da lexislación e normativa do sistema educativo galego. |
Secretaría Xeral Técnica (Santiago de Compostela) |
Análise e desenvolvemento de aplicacións web corporativas para a xestión administrativa da educación. |
|
26 |
Apoio aos servizos educativos que se desenvolverán baixo o proxecto Siega-Abalar |
1 |
Amplo coñecemento de ferramentas informáticas de desenvolvemento e explotación e de sistemas informáticos e de comunicacións. |
Secretaría Xeral Técnica (situado fisicamente na Delegación Provincial de A Coruña) |
Asesoramento nos servizos educativos e multimedia que se ofertarán para a comunidade educativa baixo o proxecto Siega-Abalar. |
|
27 |
Apoio aos servizos educativos que se desenvolverán baixo o proxecto Siega-Abalar |
1 |
Amplo coñecemento de ferramentas informáticas de desenvolvemento e explotación e de sistemas informáticos e de comunicacións. |
Secretaría Xeral Técnica (situado fisicamente na Delegación Provincial de Lugo) |
Asesoramento nos servizos educativos e multimedia que se ofertarán para a comunidade educativa baixo o proxecto Siega-Abalar. |
|
28 |
Apoio aos servizos educativos que se desenvolverán baixo o proxecto Siega-Abalar |
1 |
Amplo coñecemento de ferramentas informáticas de desenvolvemento e explotación e de sistemas informáticos e de comunicacións. |
Secretaría Xeral Técnica (situado fisicamente na Delegación Provincial de Ourense) |
Asesoramento nos servizos educativos e multimedia que se ofertarán para a comunidade educativa baixo o proxecto Siega-Abalar. |
|
28 |
Apoio aos servizos educativos que se desenvolverán baixo o proxecto Siega-Abalar |
1 |
Amplo coñecemento de ferramentas informáticas de desenvolvemento e explotación e de sistemas informáticos e de comunicacións. |
Secretaría Xeral Técnica (situado fisicamente na Delegación Provincial de Pontevedra) |
Asesoramento nos servizos educativos e multimedia que se ofertarán para a comunidade educativa baixo o proxecto Siega-Abalar. |
ANEXO II
|
Conceptos |
Puntuación |
Total puntos máximo |
Documentos xustificativos |
|
1. Antigüidade: Por cada ano de servizo como funcionaria/o de carreira. Para estes efectos computaranse os servizos docentes recoñecidos conforme a Lei 70/1978, non se computarán os exixidos como requisito. |
0,50 puntos |
7 puntos |
Folla de servizos. |
|
2. Méritos académicos: 2.1. Polo título de doutora/doutor................................................................................... 2.2. Titulacións de segundo ciclo: por cada licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes....................................................................... 2.3. Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda diplomatura ou os 3 primeiros cursos dunha licenciatura.............................................................................................................. |
1,50 punto 1,00 puntos 0,25 puntos |
2 puntos |
Copia compulsada das titulacións alegadas. |
|
3. Formación e perfeccionamento: 3.1. Por cursos que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administración educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados).... 3.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos........................................................................................ 3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto de asesor a que se pretende acceder................................................................................... |
Ata 2 puntos Ata 1 punto Ata 3 puntos |
6 puntos |
Copia compulsada da documentación alegada. |
|
4. Por cada ano de servizo en postos da Administración educativa relacionados coas funcións do posto de asesor que solicita.......................................................................... |
0,20 puntos |
2 puntos |
Certificación de servizos ou nomeamento. |
|
5. Proxecto de traballo: O proxecto de traballo, ademais dos aspectos xerais do sistema educativo e dos sinalados no punto quinto desta orde, deberán conter os obxectivos, planificación xeral, actividades, xustificación e definición a que corresponde a praza que se solicita............ (puntuación mínima exixida por esta epígrafe: 4 puntos) |
Ata 6 puntos |
Ata 6 puntos |
Orixinal, cunha extensión máxima de 20 folios |
|
6. Entrevista sobre o proxecto presentado. (puntuación mínima exixida por esta epígrafe: 4 puntos) |
Ata 6 puntos |
Ata 6 puntos |
ANEXO III
DATOS DE IDENTIFICACIÓN
CORPO A QUE PERTENCE DISCIPLINA
PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO
NOME DNI NRP
ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN
|
RÚA E N.º |
TELÉFONO |
|
LOCALIDADE |
CÓDIGO POSTAL |
DATOS DESTINOS
CENTRO DE DESTINO DEFINITIVO 2010/2011 LOCALIDADE
CENTRO DE DESTINO PROVISIONAL 2010/2011 LOCALIDADE
PRAZA QUE SOLICITA
En _____________________, o_____ de ___________________de 2011.
SINATURA DA/O INTERESADA/O
Folla de autobaremación
|
Concepto 1. Antigüidade (Máximo 5 puntos) Por cada ano de funcionaria/o de carreira no corpo docente 2. Méritos académicos (Máximo 2 puntos) 2.1. Polo título de doutora/doutor 2.2. Titulacións segundo ciclo 2.3. Titulacións primeiro ciclo 3. Formación e perfeccionamento (Máximo 6 puntos) 3.1. Por cursos que teñan por obxecto operfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas (0,10 puntos por c/10 horas). 3.2. Por outras actividades de formación. 3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto que se solicita 4. Servizos relacionados co posto (Máximo 2 puntos) Por cada ano de servizo en postos da Administración educativa relacionadas coas funcións do posto que solicita |
Puntuacións parciais 0,50 1 0,5 0,25 Ata 2 puntos Ata 1 punto Ata 3 puntos 0,20 |
Total |

