Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).
Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. O Couquiño.
Situación: concello de Dumbría.
Características técnicas:
– Liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,225 km, con condutor tipo LA-56/54,6 mm², coa orixe no apoio n.º 10 da L.M.T. derivada ao C.T. Fervenza (expediente 34.856) e final no C.T. proxectado.
– Centro de transformación (C.T.) intemperie, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
– Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,170 km, coa orixe no C.T. proxectado, con condutor tipo R.Z. 0,6/1 kV 3x95 Al+54,6 Al, e sobre apoios de formigón, e supresión da actual rede de baixa tensión aérea desde o C.T. Fervenza ata os lugares do Couquiño.
– Instalación de seccionadores unipolares nos apoios anteriores aos C.T. existentes de derivada ao C.T. A Boudañeira (expediente IN407A 1998/261) e derivada ao C.T. Fervenza (expediente 34.856). Concello de Dumbría.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 1 de xuño de 2011.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña