Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 27 de xuño de 2011 Páx. 17064

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de información pública.

Antonio Romero Mesejo solicitou desta Alcaldía licenza municipal para o comercio por xunto e almacenamento de viño, logo da declaración de incursión en situación legal de fóra de ordenación total dunha nave, situada no lugar do Foxo n.º 7, da parroquia de Rial; e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este período, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Val do Dubra, 31 de maio de 2011.

Juan M. Baleato Iglesias
Alcalde en funcións