Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx. 17658

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso do procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 8 de abril de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 11 de abril).

A base novena da Orde do 8 de abril de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 11 de abril), pola que se convoca procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada por unha comisión integrada por funcionarios ou persoal laboral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Realizada esta baremación, procede publicar a puntuación provisional da fase de concurso.

En consecuencia, esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPÓN:

Primeiro. Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e no enderezo da internet http/www.edu.xunta.es o día 1 de xullo de 2011 as puntuacións provisionais do baremo establecido na Orde do 8 de abril de 2011 das especialidades convocadas pola referida orde.

Segundo. Contra estas puntuacións poderase presentar reclamacións no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación, dirixidas á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Terceiro. As reclamacións presentaranse a través do correo electrónico no enderezo da internet http/www.persoal.primaria@edu.xunta.es, ou ao fax 881 99 92 41 e a http/www.persoal.secundaria.es, ou ao fax 981 54 54 84, segundo corresponda, empregando o modelo que aparece no portal educativo.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2011.

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos