Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 4 de xullo de 2011 Páx. 17924

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de xuño de 2011 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2009-2010, convocados pola Orde do 4 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 15 de marzo).

A Orde do 4 de marzo de 2011 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2009-2010 (DOG do 15 de marzo), establece as bases e o procedemento para a súa concesión.

Unha vez realizada polo xurado de selección a valoración das solicitudes presentadas, publicados os resultados coas puntuacións obtidas polos candidatos, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección dos premios extraordinarios e a correspondente proposta do secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria sobre a concesión destes premios, este conselleiro

DISPÓN:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior, correspondentes ao curso 2009-2010 ao alumnado que figura no anexo a esta disposición.

Segundo. Os premios extraordinarios das familias: vidro e cerámica, madeira, moble e cortiza, téxtil, confección e pel e artes gráficas quedan desertos por falta de solicitudes.

Terceiro. Contra esta orde poderase recorrer potestativamente mediante recurso de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, coas modificacións da Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Proposta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios de formación
profesional de grao superior correspondentes ao curso 2009-2010

Familia

DNI

Apelidos e nome

Centro educativo

Importe

Agraria

77409714V

Constenla Villoslada, Susana

CFEA de Sergude (Boqueixón, A Coruña)

850 €

Actividades físicas e deportivas

32704713R

Antón Fernández, Héctor

IES Agra do Orzán (A Coruña, A Coruña)

850 €

Administración e xestión

32702221Q

Varela Espiñeira, Vanesa

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol, A Coruña)

850 €

Comercio e márquetin

44454797Y

Cacharrón Cortón, María

CPR Caixanova (Ourense, Ourense)

850 €

Imaxe e son

76733243E

Peréz Dios, Álvaro

CPR TIC (Lugo, Lugo)

850 €

Edificación e obra civil

44487920D

Nespereira Lage, Antonio

CIFP A Farixa (Ourense, Ourense)

850 €

Electricidade e electrónica

44847199M

Lago Lestón, Pedro Agustín

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela, A Coruña)

850 €

Fabricación mecánica

32785872Q

Paz Queiruga, Daniel

CIFP Someso (A Coruña, A Coruña)

850 €

Hostalaría e turismo

36161437D

Vasconcellos González, Carmen María

CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo, Pontevedra)

850 €

Imaxe persoal

44471501N

Varela Fernández, Lucía

IES 12 de Outubro (Ourense, Ourense)

850 €

Industrias alimentarias

33550884W

Pena García, Cristina

IES Leiras Pulpeiro (Lugo, Lugo)

850 €

Informática e comunicacións

33261225M

Corbal Ramos, José Luis

IES San Clemente (Santiago de Compostela, A Coruña)

850 €

Transporte e mantemento de vehículos

77420267J

Sánchez Cerdeira, Alberto

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela, A Coruña)

850 €

Instalacións e mantemento

34877903J

Álvarez García, César

IES Politécnico de Vigo (Vigo, Pontevedra)

850 €

Marítimo-pesqueira

76942490S

González García, María del Mar

Instituto Galego de Formación en Acuicultura (A Illa de Arousa, Pontevedra)

850 €

Química

44839984N

Cives Sánchez, Bibiana

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela, A Coruña)

850 €

Sanidade

47367193G

Casás Abruñedo, Vanessa

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto (A Coruña, A Coruña)

850 €

Servizos socioculturais
e á comunidade

53194344J

Domínguez Fernández, Iria

IES de Chapela (Redondela, Pontevedra)

850 €

Os/as gañadores/as deberán enviar, no prazo de dez días, á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, edificio administrativo s/n, bloque 2, 1.º andar, 15781, Santiago de Compostela, a certificación da titularidade dunha conta bancaria con 20 díxitos, na cal se ingresará mediante transferencia bancaria a dotación do premio.