A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, BOE do 24 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, establece no seu artigo 81.3 b) que lle corresponde á comunidade autónoma fixar as taxas académicas polos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario, dentro dos límites que no ámbito estatal estableza a Conferencia Xeral de Política Universitaria. Para os restantes estudos serán fixados polo Consello Social da respectiva universidade, de acordo co disposto no artigo 81.3 c) da citada Lei orgánica, e no artigo 4 e) da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do Sistema Universitario de Galicia.
A Lei 8/1989, do 13 de abril (BOE do 15 de abril), de taxas e prezos públicos, outórgalle ás referidas taxas a consideración de prezos públicos. Pola súa parte a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 43 que se entende por prezos públicos.
Neste contexto normativo, este decreto fixa os importes que pagará o alumnado polos estudos conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez nacional no ensino universitario, dentro dos límites que fixe a Conferencia Xeral de Política Universitaria, que este ano, na sesión que tivo lugar o 3 de maio de 2011, fixou os límites dos prezos académicos e demais dereitos para estudos conducentes á obtención de títulos universitarios oficiais de primeiro e segundo ciclo e grao para o curso 2011-2012, en primeira matrícula: o límite mínimo de aumento dos prezos académicos e demais dereitos polos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios oficiais na porcentaxe de incremento do IPC, definido no período que vai do 31 de marzo de 2010 ao 31 de marzo de 2011, e o límite máximo no IPC incrementado en 4 puntos, isto é, os prezos deberán subir entre o 3,6% e o 7,6%. O rango dos prezos públicos dos másters incrementarase nun 3,6% respecto ao aplicado no curso 2010-2011. Excepcionalmente as comunidades autónomas poderán modificar o límite superior dos prezos públicos dos novos estudos universitarios de posgrao regulados polo Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro, ata un máximo equivalente ao 30% do custo. Respecto das ensinanzas de doutoramento, establécese para a tutela académica indicada no artigo 11.1 do R.D. 99/2011, do 28 de xaneiro, que regula as ensinanzas de doutoramento un abano de prezos entre 200 e 400 euros anuais.
Tendo en conta as previsións macroeconómicas xerais para Galicia, e a distinción entre ensinanzas renovadas, non renovadas e de grao, así como a diferenza entre o prezo da 1.ª matrícula fronte ao prezo da 2.ª e 3.ª e sucesivas matrículas, e ao abeiro do establecido no artigo 47 da Lei de Galicia 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, cómpre fixar os prezos correspondentes ao ano académico 2011-2012 polos estudos universitarios conducentes a títulos oficiais, aplicando o incremento mínimo fixado pola Conferencia Nacional de Política Universitaria, é dicir, o 3,6% na tarifa primeira do anexo deste decreto, agás no punto 1.4.2, Titoría anual de doutoramento que se aplicará o mínimo establecido pola Conferencia Nacional de Política Universitaria, é dicir, 200 €, e mantendo os prezos do curso 2009-2010, é dicir un incremento do 0%, para as tarifas segunda e terceira do citado anexo.
De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, co informe do Consello Galego de Universidades e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de xuño de dous mil once,
DISPOÑO:
Artigo 1. Ámbito de aplicación.
1. Os prezos que se pagarán no curso 2011/2012 polos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no Sistema Universitario de Galicia son os establecidos segundo as normas deste decreto e na contía que se sinala no seu anexo.
2. O importe dos prezos por estudos conducentes a títulos ou diplomas que non teñan carácter oficial será fixado nas universidades galegas polo seu respectivo Consello Social, de conformidade co establecido no artigo 81.3.c) da Lei orgánica 6/2001, de universidades, e pola Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do Sistema Universitario de Galicia, no seu artigo 4 e).
Artigo 2. Modalidades de matrícula.
1. Ensinanzas non renovadas. Os prezos públicos establecidos no punto 1.1 da tarifa primeira do anexo deste decreto poderán aboarse por curso completo ou por materias. As materias poderán ser anuais ou cuadrimestrais, de acordo co establecido pola universidade, en función do número de horas lectivas que figure nos plans de estudos. O importe do prezo aplicable para as materias cuadrimestrais será a metade do establecido para as anuais.
2. Ensinanzas renovadas. No caso de ensinanzas renovadas os prezos públicos establecidos no punto 1.2 da tarifa primeira do anexo deste decreto deberán aboarse por materias. O importe das materias calcularase de conformidade co número de créditos asignados a cada unha delas e o prezo establecido para o crédito.
3. Ensinanzas de grao adaptadas ao Espazo Europeo de Ensinanza Superior. Os prezos públicos que se aboarán pola matrícula son os establecidos no punto 1.3 da tarifa primeira do anexo. A liquidación dos prezos farase en función do número de créditos nos que se realice a matrícula.
4. Cando un alumno/a se matricule nunha mesma materia ou disciplina por segunda vez, o importe correspondente á devandita disciplina verase incrementado nun 15% respecto da primeira matrícula.
5. Cando un alumno/a se matricule nunha mesma materia ou disciplina por terceira vez, o importe correspondente á devandita disciplina verase incrementado nun 35% respecto da primeira matrícula.
6. Cando un alumno/a se matricule nunha mesma materia ou disciplina por cuarta ou posteriores veces, o importe correspondente á devandita disciplina verase incrementado nun 50% respecto da primeira matrícula.
Artigo 3. Matrícula de materias soltas.
1. Cando o alumnado se matricule de materias soltas, o importe do prezo establecido para cada unha delas, no caso das ensinanzas non renovadas, será diferente segundo que o curso ao que corresponda estea constituído por menos de sete materias anuais ou por sete ou máis materias anuais. Para estes efectos unha disciplina anual será equivalente a dúas cuadrimestrais.
2. Non obstante o establecido nos artigos anteriores, o alumnado que comece os seus estudos de ensinanzas renovadas, non renovadas ou de grao, deberá matricularse do primeiro curso completo, coa excepción dos casos en que sexan validadas materias do dito primeiro curso, en cuxo caso os prezos son os establecidos no artigo 8.
Artigo 4. Matrícula en créditos de libre elección.
Os créditos correspondentes a libre elección serán aboados de acordo coa tarifa establecida para a titulación que se pretende obter, con independencia do departamento ou centro onde se cursen os ditos créditos.
Artigo 5. Ensinanzas oficiais de máster e de doutoromaneto.
Os prezos que se aboarán pola matrícula en máster e doutoramento son os establecidos no punto 1.4 da tarifa primeira do anexo. Excepcionalmente, naqueles másters que requiran custos moi elevados para o seu desenvolvemento, a comunidade autónoma poderá autorizar un incremento de ata un máximo do 30% do custo do máster, logo de informe que xustifique a excepcionalidade.
A liquidación dos prezos farase en función do número de créditos nos que se realice a matrícula. As universidades poderán establecer un número mínimo de créditos para a formalización da matrícula, así como estruturala por módulos ou por materias.
Artigo 6. Pagamento dos prezos públicos.
O prazo para o pagamento dos prezos públicos será o fixado na resolución reitoral da correspondente universidade.
O feito de non facer efectivo o pagamento dos prezos públicos universitarios ou de calquera dos seus fraccionamentos nos prazos establecidos na resolución reitoral, poderá comportar a exixencia dos importes correspondentes polo procedemento de constrinximento sobre o patrimonio do obrigado ao pagamento, consonte coa normativa vixente.
Artigo 7. Centros adscritos.
O alumnado dos centros adscritos, aboaralle á universidade, en concepto de actividade docente, o 25% dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo, sen prexuízo do establecido no correspondente convenio que o dito centro teña coa respectiva universidade. Os demais prezos aboaranse na contía íntegra prevista.
Artigo 8. Adaptación a novos plans de estudo, validación de estudos, recoñecemento e transferencia de créditos e acreditación de competencias nos programas oficiais de grao e de posgrao.
1. A adaptación de estudos, regulada polo Acordo do 25 de outubro de 2004, do Consello de Coordinación Universitaria, polo que se establecen os criterios xerais a que se axustarán as universidades en materia de validación e adaptación de estudos, é o acto administrativo polo que se lle recoñece validez académica aos estudos conducentes á obtención dunha mesma titulación oficial e cursados consonte a un plan de estudos. Esta adaptación será gratuíta se provén de centros públicos. No caso de centros non públicos ou centros estranxeiros, aboaráselle á universidade o 25% dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo.
2. A validación de estudos, regulada polo Acordo do 25 de outubro de 2004, do Consello de Coordinación Universitaria, polo que se establecen os criterios xerais a que se axustarán as universidades en materia de validación e adaptación de estudos, é o acto administrativo polo que se lles recoñece validez académica aos estudos conducentes á obtención doutra titulación oficial distinta á cursada, debendo aboar sempre á universidade o 25% dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo.
3. O recoñecemento de créditos, regulado polo Real decreto 1393/2007, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, é a aceptación por unha universidade dos créditos que, sendo obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou outra universidade, son computados noutras distintas para efectos da obtención dun título oficial. Este recoñecemento será gratuíto para os créditos conducentes á obtención dunha mesma titulación oficial e cursados consonte un plan de estudos e que provén de centros públicos. Esta mesma consideración estenderase aos estudos cursados en titulacións que por transformación son substituídos polas novas de grao.
No caso de créditos conducentes á obtención doutra titulación oficial distinta á cursada, deberán aboar á universidade o 25% dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo.
4. A transferencia de créditos, regulada polo Real decreto 1393/2007 polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, implica que, nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante, incluiranse a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou outra universidade, que non conduciron á obtención dun título oficial. Esta transferencia será gratuíta se provén de centros públicos. No caso de centros non públicos ou centros estranxeiros, aboaráselle á universidade 30 € en concepto de gastos de xestión.
5. Nos programas oficiais de posgrao, os prezos que se aboarán pola acreditación de competencias serán o 25% dos prezos establecidos no anexo.
Artigo 9. Bolsas.
De conformidade co establecido no Real decreto 1721/2007, do 21 de decembro (BOE do 17 de xaneiro de 2008), polo que se establece o réxime das bolsas e axudas ao estudo personalizadas, o alumnado que reciba unha bolsa de estudos con cargo aos orzamentos xerais do Estado non estará obrigado a pagar o prezo polos servizos académicos.
Artigo 10. Matrículas de honra.
As bonificacións correspondentes á aplicación dunha ou varias matrículas de honra, levaranse a cabo logo de facer o cálculo do importe total da matrícula, e no caso das ensinanzas renovadas ou de grao, aplicaranse ao número de créditos correspondentes á disciplina ou materias nas que obtivo a matrícula de honra.
O alumnado con matrícula de honra global en 2.º curso de bacharelato, con premio extraordinario no bacharelato ou no ciclo superior de formación profesional, terá dereito, durante o primeiro ano e por unha soa vez, á exención total do pagamento dos prezos públicos por matrícula.
Artigo 11. Familias numerosas.
Quedan exentos do pagamento polos servizos académicos regulados neste decreto, os alumnos/as que teñan recoñecida a condición de membro de familia numerosa de categoría especial. Terán unha exención do 50% os alumnos/as que teñan recoñecida a condición de membro de familia numerosa de categoría xeral.
A condición de familia numerosa acreditarase mediante documento expedido pola Administración autonómica competente, que deberá estar vixente no prazo de matrícula fixado por cada universidade.
Artigo 12. Discapacidade.
Quedan exentos do pagamento polos servizos académicos regulados neste decreto, os alumnos/as que teñan recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 33%, e deberá estar vixente no prazo de matrícula fixado por cada universidade
Artigo 13. Vítimas de actos terroristas.
Quedan exentos do pagamento polos servizos académicos regulados neste decreto, os alumnos/as vítimas de actos terroristas ou que sexan fillos/as ou cónxuxes non separados legalmente de falecidos ou feridos en actos terroristas.
A condición de vítima de acto terrorista acreditarase de conformidade co disposto no artigo 4 bis, punto 3, da Lei 32/1999, do 8 de outubro, de solidaridade coas vítimas do terrorismo, que deberá presentarse, necesariamente, no prazo de matrícula fixado por cada universidade para que teña eficacia, segundo dispón o artigo 5.2 da dita lei.
Artigo 14. Violencia de xénero.
Quedan exentos do pagamento polos servizos académicos regulados neste decreto, os alumnos/as que sofran violencia de xénero. Tamén quedarán exentos no caso de que sexan os seus proxenitores os que a sufran.
A situación de violencia de xénero será acreditada por calquera das seguintes formas:
a) Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida preventiva.
b) Sentenza de calquera orde xuridiscional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.
c) Certificación dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autónomica ou local.
d) Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
e) Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
f) Calquera outro que se estableza regulamentariamente.
Artigo 15. Materias sen docencia.
No caso das materias de plans de estudos con dereito a exame pero nas que non se imparte xa docencia, pagarase por crédito ou disciplina, segundo corresponda, o 25% dos prezos da tarifa ordinaria.
Disposición derradeira
Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte e tres de xuño de dous mil once.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Tarifa primeira. Actividade docente
1.1. Ensinanzas non renovadas.
|
Primeira |
Segunda |
Terceira |
Cuarta e sucesivas matrículas |
|
|
Epígrafe A) |
||||
|
Curso completo |
836,39 € |
|||
|
Disciplina anual dun curso de menos de 7 materias |
217,46 € |
250,08 € |
293,57 € |
326,17 € |
|
Disciplina anual dun curso de 7 ou máis materias |
143,94 € |
165,54 € |
194,32 € |
215,92 € |
|
Epígrafe B) |
||||
|
Curso completo |
590,74 € |
|||
|
Disciplina anual dun curso de menos de 7 materias |
150,64 € |
173,24 € |
203,38 € |
225,96 € |
|
Disciplina anual dun curso de 7 ou máis materias |
100,41 € |
115,48 € |
135,56 € |
150,62 € |
|
Epígrafe A) Arquitecto técnico/a (Universidade da Coruña) |
Epígrafe B) Licenciado en dereito (Universidade da Coruña) |
1.2. Ensinanzas renovadas (prezo dun crédito).
|
Primeira |
Segunda |
Terceira |
Cuarta e sucesivas matrículas |
|
|
Epígrafe A) |
13,93 € |
16,03 € |
18,81 € |
20,91 € |
|
Epígrafe B) |
9,85 € |
11,31 € |
13,29 € |
14,77 € |
|
Epígrafe A) Titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, CC. da Saúde e Enxeñería e Arquitectura |
Epígrafe B) Titulacións encadradas dentro da rama de Arte e Humanidades e CC. Sociais e Xurídicas |
1.3. Ensinanzas de grao adaptadas ao E.E.E.S. (prezo dun crédito).
|
Primeira |
Segunda |
Terceira |
Cuarta e sucesivas matrículas |
|
|
Epígrafe A) |
13,93 € |
16,03 € |
18,81 € |
20,91 € |
|
Epígrafe B) |
9,85 € |
11,31 € |
13,29 € |
14,77 € |
|
Epígrafe A) Titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, CC. da Saúde, Enxeñería e Arquitectura, e grao en Belas Artes |
Epígrafe B) Titulacións encadradas dentro da rama de Arte e Humanidades e CC. Sociais e Xurídicas |
1.4. Outros estudos.
|
1. Estudos conducentes ao título de doutor/a regulados polo Real decreto 778/1998, do 30 de abril |
|
|
Estudos conducentes a un título de doutor/a nun programa de doutoramento relacionado cos títulos especificados na epígrafe A) do punto 1.2 |
52,35 €/crédito |
|
Estudos conducentes a un título de doutor/a nun programa de doutoramento relacionado cos títulos especificados na epígrafe B) do punto 1.2 |
36,94 €/crédito |
|
Titoría anual de doutoramento |
104,09 € |
|
2. Estudos conducentes ao título de máster e doutor/a regulados polo Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro e polo Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro |
|
|
Estudos conducentes a un título de máster ou doutor/a especificados na epígrafe A) |
29,81 €/crédito |
|
Estudos conducentes a un título de máster ou doutor/a especificados na epígrafe B) |
20,25 €/crédito |
|
Titoría anual de doutoramento |
200,00 € |
|
3. Estudos de especialidades |
|
|
Estudos de especialidades médicas que non precisen formación hospitalaria do parágrafo 3.º do anexo do Real decreto 127/1984, do 11 de xaneiro, en unidades docentes acreditadas |
33,84 €/crédito |
|
Estudos de especialidades en enfermaría en unidades docentes acreditadas, consideradas no Real decreto 992/1987, do 3 de xullo |
8,63 €/crédito |
|
Estudos das especialidades de farmacia, análises clínicas, en escolas profesionais recoñecidas segundo o Real decreto 2708/1982, do 15 de outubro |
33,84 €/crédito |
|
Epígrafe A) Estudos conducentes a un título de doutor/a nun programa de doutoramento, e estudos conducentes a un título de máster encadrados dentro da rama de Ciencias, CC. da Saúde, Enxeñería e Arquitectura, e os seguintes máster: – Máster universitario en libro ilustrado e animación audiovisual – Master universitario en arte contemporánea, creación e investigación – Master universitario en interpretación de conferencias – Master universitario en innovación industrial e optimización de procesos. |
Epígrafe B) Estudos conducentes a un título de doutor/a nun programa de doutoramento, e estudos conducentes a un título de máster encadrados dentro da rama de Arte e Humanidades e CC. Sociais e Xurídicas |
Tarifa segunda. Avaliación e probas
|
1. Probas de acceso á universidade |
63,67 € |
|
2. Curso de iniciación e orientación para maiores de 25 anos |
95,00 € |
|
3. Realización de requisitos formativos complementarios para a homologación de títulos estranxeiros de educación superior: |
|
|
a) Proba de aptitude/proba de conxunto |
116,53 € |
|
b) Período de prácticas correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe A) |
13,25 €/crédito |
|
c) Período de prácticas correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe B) |
9,37 €/crédito |
|
d) Proxecto ou traballo |
116,53 € |
|
e) Cursos tutelados correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe A) |
13,25 €/crédito |
|
f) Cursos tutelados correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe B) |
9,37 €/crédito |
|
4. Proxectos fin de carreira |
117,09 € |
|
5. Exame para o grao de licenciado/a |
117,09 € |
|
6. Exame para o grao de doutor/a |
117,09 € |
|
7. Cursos e exame de reválida/tese de licenciatura nas escolas sociais |
117,09 € |
|
8. Obtención por validación do título de diplomado/a en escolas universitarias: a) Por avaliación académica e profesional conducente á devandita validación b) Por traballos exixidos para a dita validación |
117,09 € 194,99 € |
|
9. Homologación de títulos estranxeiros (master ou doutor/a) aos títulos universitarios españois de carácter oficial |
114,34 € |
Tarifa terceira. Títulos e secretaría
|
1. Expedición de títulos académicos |
|
|
a) Doutor/a |
183,10 € |
|
b) Licenciado/a, arquitecto/a ou enxeñeiro/a, grao, master oficial |
123,10 € |
|
c) Diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a |
60,10 € |
|
d) Diploma de estudos avanzados |
59,16 € |
|
e) Duplicados de títulos universitarios oficiais |
28,09 € |
|
2. Secretaría |
|
|
a) Apertura de expediente académico ao comezar os estudos |
22,31 € |
|
b) Certificacións académicas e traslados de expediente académico |
22,31 € |
|
c) Expedición e mantemento de tarxetas de identidade |
4,79 € |
|
d) Solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros |
27,09 € |

