Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 18 de xullo de 2011 Páx. 20087

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se anuncia a publicación das puntuacións definitivas da fase de concurso do procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 8 de abril de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 11 de abril).

A base novena da Orde do 8 de abril de 2011 (DOG do 11 de abril), pola que se convoca procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada por unha comisión integrada por funcionarios ou persoal laboral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Realizada esta baremación e resoltas as reclamacións presentadas contra a puntuación provisional, procede a súa publicación.

En consecuencia, esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPÓN:

Primeiro. Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es, o día 19 de xullo de 2011, as puntuacións definitivas do baremo establecido na Orde do 8 de abril de 2011 das especialidades convocadas pola referida orde.

Segundo. Contra estas puntuacións poderase interpoñer, no prazo dun mes, recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2011.

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos