Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 18 de xullo de 2011 Páx. 20038

I. Disposicións xerais

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 4 de xullo de 2011 pola que se fixan os prezos privados que percibirá a Xunta de Galicia a través do Laboratorio de Consumo de Galicia.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no capítulo III do título II o que se entende por prezos privados. No artigo 50 do referido texto establécese que «Son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestando tamén tales servizos ou actividades o sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».

A lexislación en materia de consumo, a través principalmente da Lei 44/2006, do 29 de decembro, de mellora da protección dos consumidores e usuarios, e da Lei 12/1984, do 28 de decembro, do Estatuto galego do consumidor e usuario, recolle amplamente o dereito do consumidor e usuario á protección da súa saúde e dos seus intereses económicos e sociais.

No cumprimento deste obxectivo, o Laboratorio de Consumo de Galicia actúa como órgano de apoio para empresas ou organismos preocupados por garantir a calidade e seguridade dos produtos que ofrecen, así como de particulares que os adquiran, para o que aplicará prezos privados de acordo co establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. A dita lei no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

En virtude de todo isto, por proposta da presidenta do Instituto Galego de Consumo, organismo autónomo a que está adscrito o Laboratorio de Consumo de Galicia, e logo do informe da Consellería de Facenda,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Atendendo ás condicións e circunstancias do mercado, fíxanse os prezos privados que se van cobrar no Laboratorio de Consumo de Galicia como consecuencia da contraprestación percibida pola realización dos ensaios seguintes de interese directo na determinación dos cumprimentos de calidade e seguridade dos produtos, segundo as normas vixentes en cada materia (UNE, EN, ISO, etc.):

a) Ensaios de tipo químico.

b) Ensaios de produtos téxtiles.

c) Ensaios de seguridade dos xoguetes.

d) Ensaios de seguridade de artigos de puericultura.

e) Ensaios de seguridade en electrodomésticos en xeral.

f) Ensaios en pilas e acumuladores.

g) Ensaios de seguridade en aparellos eléctricos: bases e chavetas de uso doméstico.

h) Ensaios en produtos electrónicos.

Artigo 2.

Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Artigo 3. Exencións.

Os organismos da Administración pública da Xunta de Galicia, definidos no artigo 3 da Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, non estarán suxeitos a esta orde.

Disposición derrogatoria.

Queda derrogada a Orde do 12 de marzo de 2004 pola que se fixan os prezos privados que percibirá a Xunta de Galicia no Laboratorio de Consumo de Galicia, e tamén cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta orde.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2011.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO
Ensaios e prezos (en euros)

(*) Consultar alcance e/ou dispoñibilidade.

(**) É obrigatoria a realización deste punto previamente a calquera ensaio do produto.

I. Comúns a distintos grupos de produtos industriais.

1

Elaboración de informe

35,10

2

Etiquetaxe (*)

15,60

3

Ensaios non incluídos nesta relación de prezos (*)

163,80

II. Produtos. Análises químicas.

4

Etiquetaxe (*)

23,40

5

Preparación de mostra (dixestión, filtración, extracción Soxhlet...) (*)

46,80

6

Análises consistentes en medicións directas con instrumental sinxelo ou reaccións cualitativas (*)

23,40

7

Identificación e/ou cuantificación mediante técnicas non instrumentais (*)

35,10

8

Identificación e/ou cuantificación mediante técnicas espectrofotométricas (*)

46,80

9

Identificación e/ou cuantificación mediante cromatografía de gases/espectrometría de masas. 1 a 10 analitos (*)

187,20

10

Identificación e/ou cuantificación mediante espectroscopía de emisión con fontes de plasma con acoplamento indutivo (ICP). 1 a 10 metais (*)

187,20

11

Ensaios non incluídos nesta relación de prezos (*)

187,20

III. Produtos téxtiles.

12

Etiquetaxe

11,70

A. Identificación de fibras e composición

13

Observación microscópica: sección lonxitudinal

11,70

14

Observación microscópica: sección transversal

11,70

15

Observación microscópica: fotomicrografía

11,70

16

Identificación por solubilidade

23,40

17

Identificación de fibras téxtiles: microscopía e solubilidade

23,40

18

Análise química cuantitativa de mesturas binarias de fibras téxtiles
(Métodos 1, 2, 4 e 7. UNE 40-110)

148,53

19

Análise química cuantitativa de mesturas binarias ou ternarias de fibras téxtiles

140,40

B. Estrutura e características físicas e químicas

20

Masa por unidade de lonxitude e por unidade de superficie dos tecidos

23,40

21

Masa dos fíos de urdidura e de trama por unidade de superficie nun tecido

23,40

22

Densidade lineal (número ou título) dos fíos dun tecido

23,40

23

Densidade dos tecidos: n.º de fíos/cm

23,40

24

Variacións dimensionais dos tecidos en auga fría

35,10

25

Determinación da resistencia á abrasión dos tecidos (método Martindale)

140,40

26

Determinación da tendencia á formación de peluxe e de boliñas (pilling) (método Martindale modificado)

140,40

27

Comportamento ao lume de tecidos para indumentaria

46,80

C. Solidez das tinturas

28

Solidez das tinturas ao lavado doméstico e comercial
(Ensaios A1 e B1. UNE-NISO 105-C06)

43,23

29

Solidez das tinturas ao lavado doméstico e comercial

35,10

30

Solidez das tinturas á limpeza en seco (UNE-NISO 105-D01)

43,23

31

Solidez das tinturas á auga clorada

35,10

32

Solidez das tinturas á auga (UNE-NISO 105-E01)

39,33

33

Solidez das tinturas á auga de mar (UNE-NISO 105-E02)

39,33

34

Solidez das tinturas á transpiración (UNE-NISO 105-E04)

39,33

35

Solidez das tinturas á frega con tetracloroetileno (UNE-NISO 105-D02)

31,53

36

Solidez das tinturas á frega

23,40

37

Solidez das tinturas ao branqueo: hipoclorito

23,40

38

Solidez das tinturas ao branqueo: peróxido

23,40

39

Solidez das tinturas á gota de auga

23,40

D. Ensaios de tracción

40

Fíos enrolados. Determinación da forza de rotura e da prolongación na rotura de fíos individuais

35,10

41

Costuras de tecidos e de artigos téxtiles confeccionados. Determinación da forza máxima ata a rotura das costuras polo método da tira

35,10

42

Téxtiles. Determinación da forza máxima e da prolongación na rotura polo método da tira

35,10

E. Seguridade das pezas

43

Ensaio de tracción de botóns e pezas pequenas

46,80

44

Cordóns ou cordas axustables

11,70

IV. Seguridade dos xoguetes.

45

Etiquetaxe específica de xoguetes

54,93

A. Propiedades físicas e mecánicas (EN 71-1)

46

Determinación de partes pequenas

23,58

47

Ensaio de torsión

35,10

48

Ensaio de tracción

35,10

49

Ensaio de caída

23,58

50

Ensaio de envorcado

15,44

51

Ensaio de impacto

23,58

52

Ensaio de compresión

35,10

53

Ensaio de imbibición

43,23

54

Accesibilidade dun elemento ou peza

23,40

55

Acuidade dos bordos

31,53

56

Acuidade das puntas

31,53

57

Flexibilidade dos arames (*)

93,60

58

Materiais expandibles

46,80

59

Estanquidade de xoguetes que conteñen líquidos

93,60

60

Forma xeométrica de certos xoguetes

23,58

61

Durabilidade dos xoguetes accionados pola boca (*)

70,20

62

Mecanismos despregables ou desprazables

70,20

63

Resistividade eléctrica das cordas

35,10

64

Espesor das cordas (*)

35,10

65

Resistencia estática (*)

23,40

66

Estabilidade

23,40

67

Determinación da enerxía cinética

23,40

68

Láminas de plástico

35,10

69

Resistencia das barras de dirección do patinete de xoguete

93,60

70

Determinación dos niveis de presión sonora de emisión (*)

46,80

71

Determinación da velocidade de xoguetes eléctricos destinados a manterse

58,50

72

Medida da elevación da temperatura

58,50

73

Tapadeiras dos cofres de xoguete (*)

23,40

74

Ensaio de bólas pequenas e de ventosas

15,44

75

Ensaio de figuras para xogar

15,44

76

Ensaio de tracción para imáns (*)

70,20

B. Inflamabilidade (EN 71-2)

77

Ensaio de inflamabilidade

46,80

C. Xogos de experimentos químicos (EN 71-4)

78

Xoguete completo

234,00

79

Marcas, indicacións e folla de instrucións

31,53

80

Potencia absorbida

27,30

81

Quentamentos e funcionamento anormal

195,00

82

Rixidez dieléctrica á temperatura de réxime

54,60

83

Rixidez dieléctrica á temperatura ambiente

39,00

84

Resistencia mecánica

19,50

85

Construción

31,20

86

Protección dos cables e condutores

27,30

87

Liñas de fuga e distancia no aire

54,60

V. Seguridade dos artigos de puericultura.

88

Etiquetaxe específica de artigos de puericultura

46,80

A. Chupetes. Requisitos xerais de seguridade (UNE-EN 1400-1)

89

Construción

140,40

B. Chupetes. Ensaios mecánicos (UNE-EN 1400-1)

90

Ensaio de resistencia ao impacto

15,44

91

Ensaio de resistencia á perforación

35,10

92

Ensaio de resistencia ao rachado

46,80

93

Ensaio de retención do tirador, obturador e/ou cuberta

58,50

94

Ensaio de resistencia á mordida

93,60

95

Ensaio de resistencia á rotación

58,50

96

Ensaios de integridade

70,20

C. Broches para chupetes (UNE-EN 12586:2008)

97

Requisitos (*)

117,00

98

Preparación das mostras e condicións xerais de ensaio (**)

35,10

99

Medición da lonxitude

35,10

100

Medición do largo (*)

58,50

101

Resistencia ao impacto

15,44

102

Ensaios de resistencia á tracción

70,20

103

Ensaio de aprisionamento de dedos

15,44

104

Ensaios de guías

15,44

D. Artigos para a alimentación líquida (UNE-EN 14350-1:2005)

105

Requisitos (*)

117,00

106

Preparación das mostras (**)

35,10

107

Ensaio de resistencia á rotura

58,50

108

Ensaio de precisión volumétrica

58,50

109

Ensaio de choque térmico

58,50

110

Ensaio das galgas

15,44

111

Ensaio de seguridade/retención (*)

70,20

112

Ensaio de flexibilidade

58,50

E. Parques para uso doméstico. Requisitos de seguridade (UNE-EN 12227-1:2000)

113

Materiais: madeira, superficies, metal e inflamabilidade (*)

117,00

114

Construción

280,80

115

Embalaxe

35,10

E. Parques para uso doméstico. Ensaios (UNE-EN 12227-2:2000)

116

Montaxe e inspección previas aos ensaios (**)

140,40

117

Inspección

93,60

118

Medidas

234,00

119

Cortes e esmagamentos

93,60

120

Estribo

70,20

121

Elementos desmontables

58,50

122

Ensaio de mordida

93,60

123

Comprobación de partes saíntes, ocos e aberturas

23,40

124

Resistencia (*)

234,00

125

Ensaio de estabilidade

23,40

126

Rodas pequenas/rodas

15,44

VI. Electrodomésticos en xeral (UNE-EN 60335-1).

127

Marcas, indicacións e follas de instrucións

23,40

128

Protección contra os choques eléctricos

58,50

129

Potencia e intensidade absorbidas

27,30

130

Quentamentos

86,58

131

Illamento eléctrico e corrente de fuga a temperatura de réxime

58,50

132

Rixidez dieléctrica

39,00

133

Estabilidade e perigos mecánicos

35,10

134

Resistencia mecánica

19,50

135

Construción

173,16

136

Conexión á rede de cables flexibles exteriores

101,40

137

Dispositivos para a posta a terra

42,90

VII. Pilas e acumuladores (UNE-EN 60068) (*).

138

Dimensións

23,40

139

Características da descarga a 20 ºC

93,60

140

Características da descarga a 20 ºC para elementos de carga rápida

93,60

141

Conservación da carga

234,00

142

Sobrecarga

93,60

143

Sobrecarga elementos carga rápida

93,60

144

Funcionamento do dispositivo de seguridade

70,20

145

Almacenamento

468,00

VIII. Aparellos eléctrico. Bases e chavetas para uso doméstico.

146

Marcas e indicacións

23,40

147

Verificación das dimensións

88,92

148

Protección contra os choques eléctricos

60,84

149

Dispositivos de posta a terra

42,90

150

Resistencia ao illamento

66,30

151

Resistencia á calor

93,60

152

Quentamentos

78,00

IX. Equipamentos electrónicos.

153

Funcionamento xeral

23,40

154

Carga e duración da batería

46,80

155

Inspección microscópica exterior

23,40

156

Inspección microscópica interior

70,20

157

Outras determinacións

117,00

159

Funcionamento xeral

46,80

160

Carga e duración da batería

46,80

161

Inspección microscópica exterior

23,40

162

Inspección microscópica interior

93,60