Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 22 de xullo de 2011 Páx. 20724

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

DECRETO 152/2011, do 21 de xullo, polo que se nomea presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia a José Juan Durán Hermida.

En virtude do establecido nos artigos 4.13.º e 34.2.º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e mais no artigo 64.2.º da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e un de xullo de dous mil once,

Nomeo presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia a José Juan Durán Hermida.

Santiago de Compostela, vinte e un de xullo de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar