Mediante Orde do 29 de abril de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 91, do 11 de maio de 2011, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente,
DISPOÑO:
Primeiro.
Resolver a convocatoria pública efectuada pola orde desta consellería do 30 de xuño de 2011 e designar o funcionario cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.
Segundo.
O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade ou comporta o reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.
Terceiro.
A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, que serán trasladadas mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2011.
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
NRP: 3528943124 A2060.
Grupo: A1.
Apelidos e nome: Lago García, José María.
Posto de traballo: subdirector xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza.
Nivel: 30.
Código do posto: PR.C07.00.004.15770.001.
Centro directivo: Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.
Localidade: Santiago de Compostela.