Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 27 de xullo de 2011 Páx. 21409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2011 referente á convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 143, do 24 de xuño de 2011, publicáronse integramente as bases que deberán rexer na convocatoria para prover:

– Unha praza do cadro de persoal laboral fixo, proceso consolidación: conserxe-limpador, mediante o sistema de concurso-oposición.

– Unha praza do cadro de persoal laboral fixo, proceso consolidación: profesor/a de danza, mediante o sistema de concurso-oposición.

– Catro prazas do cadro de persoal laboral fixo, proceso consolidación: profesor/a de piano conservatorio, mediante o sistema de concurso-oposición.

– Unha praza do cadro de persoal laboral fixo, proceso consolidación: profesor/a de violín conservatorio, mediante o sistema de concurso-oposición.

– Unha praza do cadro de persoal laboral fixo, proceso consolidación: profesor/a de vento (trombón) conservatorio, mediante o sistema de concurso-oposición.

– Unha praza do cadro de persoal laboral fixo, proceso consolidación: profesor/a de guitarra conservatorio, mediante o sistema de concurso-oposición

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web (www.concellodemonforte.com).

Monforte de Lemos, 5 de xullo de 2011.

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde