Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 29 de xullo de 2011 Páx. 21698

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2011 pola que se publica o tipo de xuro para as operacións acollidas ao Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), publicado mediante Resolución do 22 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 63, do 30 de marzo).

De conformidade coa cláusula 1.6 do Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) para o ano 2011, o tipo de referencia será de 1,485 puntos porcentuais, salvo que se produza unha variación significativa do euribor.

Para ter en conta variacións significativas ao longo do ano, farase unha actualización cada vez que o euribor medio calculado sobre os tres meses anteriores se desvíe máis dun 10% do tipo en vigor. Este novo tipo será, se é o caso, obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, e entrará en vigor no primeiro día do segundo mes seguinte aos meses actualizados para o cálculo.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do euribor durante os meses de abril, maio e xuño, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Publicar o tipo de xuro de referencia (euribor á data de formalización) dos préstamos ao abeiro do Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), publicado mediante Resolución do 22 de marzo de 2011 (DOG n.º 63, do 30 de marzo), que a partir do día 1 de agosto de 2011 será de 2,128 puntos porcentuais.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2011.

P.D. (Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)
Francisco Javier Álvarez Barbeito
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica