Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 9 de agosto de 2011 Páx. 22854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 14 de xullo de 2011 polo que se publica o acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña polo que se inicia o expediente 414 de clasificación como veciñal en man común dos montes de Agualada, promovido polos veciños da parroquia de Agualada, do concello de Coristanco.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 16 de decembro do 2010 acordou iniciar a tramitación do expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes cuxas características se indican a seguir:

Monte: Agualada.

Parroquia: Agualada.

Concello: Coristanco.

Superficie total: 15,4087 ha.

Segundo o informe do xefe de Área Técnica de Montes Veciñais do 19.5.2011 en canto aos seus límites das once parcelas que constitúen o monte de Agualada ven reflectidos na información xeoreferenciada presentada polos promotores do expediente e que, en resumo, son:

Parcela 1: As Barrosas.

Superficie: 10.223 m2 Ref. catastral: polígono 28–parcela 160.

Parcela 2: As Barrosas.

Superficie: 3.903 m2 Ref. catastral: polígono 28–parcela 79.

Parcela 3: As Barrosas.

Superficie: 9.369 m2 Ref. catastral: polígono 28–parcela 165.

Parcela 4: Braña da Chousa da Melga.

Superficie: 14.973 m2 Ref. catastral: polígono 27–parcela 363.

Parcela 5: Teixoeira.

Superficie: 415 m2 Ref. catastral: polígono 27–parcela 790.

Parcela 6: Teixoeira.

Superficie: 7.076 m2 Ref. catastral: polígono 27–parcela 791.

Parcela 7 Texoeira:

Superficie: 2.905 m2 Ref. catastral: polígono 27–parcela 683 (parte).

Parcela 8: Arriba do Batán.

Superficie: 7.728 m2 Ref. catastral: polígono 30–parcela 578.

Parcela 9: Arriba do Batán.

Superficie: 96.446 m2 Ref. catastral: polígono 30–parcelas 612 e 936.

Encravado: 8.906 m2

Parcela 10: O Lavadoiro do Herbal dos Carballos.

Superficie: 310 m2 Ref. catastral: polígono 29–parcela 277.

Parcela 11: O Paián

Superficie: 739 m2 Ref. catastral: polígono 30–parcela 745.

En virtude do acordado polo xurado, conforme o disposto na Lei galega de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise público o inicio da tramitación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 4 de setembro de 1992, de desenvolvemento da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente e formular perante este xurado no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, presentando, se for o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

A Coruña, 14 de xullo de 2011.

Susana Loreta Benedeti Corzo
Instrutora

Visto e prace
Antonio Manuel Aguión Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña