Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 1 de setembro de 2011 Páx. 26158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 16 de agosto de 2011, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Monte Gorxal (parcelas A, B, C, D, E, F, G, H e I) solicitado a favor dos veciños da CMVMC de Cabral, da parroquia de Cabral, do concello de Vigo e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 22.2.2010, acordou iniciar os trámites para a clasificación, como veciñal en man común, dos seguintes montes:

Concello: Vigo.

Parroquia: Cabral.

Nome do monte: Gorxal.

Segundo información que consta no expediente os seus lindes son:

– Parcela A.

Cabida: 8.850 m2. (Superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: instituto de bacharelato Meixueiro.

Sur: avda. da Ponte e Entidade Local Menor de Bembrive.

Leste: autovía A-55.

Oeste: Entidade Local Menor de Bembrive.

– Parcela B.

Cabida: 9.961 m2. (Superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: cemiterio municipal Puxeiros.

Sur: autovía A-55.

Leste: avda. da Ponte (antiga estrada de Madrid).

Oeste: autovía A-55 e parcela de CMVMC de Cabral xa clasificada.

– Parcela C.

Cabida: 4.155 m2. (Superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: camiño e camiño do bosque.

Sur: cemiterio municipal Puxeiros.

Leste: rúa de subida cemiterio Puxeiros.

Oeste: camiño.

– Parcela D.

Cabida: 4.932 m2. (Superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: instalacións de Cespa.

Sur: rúa de subida cemiterio Puxeiros.

Leste: colexio Marcote.

Oeste: instalacións empresariais.

– Parcela E.

Cabida: 17.176 m2. (Superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: avda. da Ponte (antiga estrada de Madrid).

Sur: barriada do Gorxal e hdros. de Pilar García.

Leste: avda. da Ponte.

Oeste: avda. da Ponte.

– Parcela F.

Cabida: 6.147 m2. (Superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: colexio Marcote.

Sur: regato Gorxal.

Leste: avda. da Ponte.

Oeste: avda. da Ponte.

– Parcela G.

Cabida: 14.322 m2. (Superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: camiño do Gorxal e naves empresariais (Natiga Galasa).

Sur: autovía A-55, hrdos. de Urbano Pérez e gasolineira.

Leste: máis da CMVMC de Cabral xa clasificados.

Oeste: autovía A-55 e avda. da Ponte.

– Parcela H.

Cabida: 10.014 m2. (Superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: máis da CMVMC de Cabral.

Sur: autovía A-55.

Leste: máis da CMVMC de Cabral.

Oeste: máis da CMVMC de Cabral.

– Parcela I.

Cabida: 14.107 m2. (Superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: Ángel Davila Alonso e Rego do Pipín.

Sur: máis da CMVMC de Cabral e Josefa Fernández Martínez.

Leste: Josefa Fernández Martínez e Rego Pipín.

Oeste: M.ª Teresa García Simón e camiño.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, así como achegar cantas alegacións, documentos ou información estimen convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 16 de agosto de 2011.

Enrique Martínez Chamorro
Instrutor do expediente