Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 6 de outubro de 2011 Páx. 29558

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Advertidos varios erros na citada resolución, publicada no DOG núm. 176, do 14 de setembro de 2011, procede realizar as seguintes correccións:

– Na páxina 26890, no parágrafo 2 do artigo 5, onde di: «O prazo de presentación de solicitudes será de 2 meses, contados desde o seguinte a aquel en que publiquen estas bases no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se publiquen estas bases no Diario Oficial de Galicia».

– Na páxina 26891, no parágrafo 8 do artigo 5, onde di: «Igualmente, no caso da liña de axudas a proxectos integrais de iluminación pública exterior (PAP) só caberá que o peticionario presente unha solicitude por liña de axuda que non poderá superar a contía de 500.000 euros en concepto de custo elixible», debe dicir: «Igualmente, no caso da liña de axudas a proxectos integrais de iluminación pública exterior (PAP), só caberá que o peticionario presente unha solicitude por liña de axuda que non poderá superar a contía de 1.000.000 de euros en concepto de custo elixible».

– Na páxina 26922 engadirase á listaxe da documentación de solicitude o seguinte texto previsto noutras liñas, que foi omitido nesta por un erro involuntario: «No suposto de ter contratadas as obras no momento da solicitude, achegarase a documentación que acredite tal circunstancia, co fin de poder acollerse á excepción prevista no artigo 20.3 A das bases, relativo á xustificación».

– Na páxina 26938, na epígrafe «Beneficiarios», onde di: «Concellos con número de habitantes superior a 25.000», debe dicir: «Institucións públicas e concellos con número de habitantes superior a 25.000».