Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación de acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo I.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos; poderá recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro) e nos decretos 83/2009, do 21 de abril, e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG n.º 155, do 12 de agosto) e o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 17 de outubro de 2011.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º expt.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Posible sanción

Gabin Viveiro, S.L.

(M.ª Jesús Docal Parapar)

76569364

LU-E 245/11

26 e) LO 1/1992

R/ Xunqueira, n.º 4, 4.º, Viveiro

Ata 300 €

María Ángeles de la Fuente Iglesias

33271714

LU-E 247/11

26 e) LO 1/1992

R/ do Porto n.º 17-2.º C, Foz

Ata 300 €

Ismie, S.C.

(Manuel Ángel Rodríguez Fontao)

E-27240407

LU-E 250/11

23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992

R/ Antonio Otero, n.º 3, Ribadeo

Ata 2.700 €

Ismie, S.C.

(Manuel Ángel Rodríguez Fontao)

E-27240407

LU-E 256/11

23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992

R/ Antonio Otero, n.º 3, Ribadeo

Ata 3.000 €

Lorena González Blanco

34267666-N

LU-E 262/11

23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992

R/ Duquesa de Alba, n.º 57-59, Monforte de Lemos

Ata 2.700 €

Javier Quiroga Castro

34269800-F

LU-E 263/11

26-e) LO 1/1992

R/ Duquesa de Alba, n.º 10, dta., Monforte de Lemos

Ata 90 €