Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2011 Páx. 33571

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo subscrito entre a representación empresarial e as organizacións sindicais UGT Galicia e SN de CC.OO. de Galicia, relativo á aprobación das táboas salariais para o ano 2010 do convenio colectivo de traballo para as empresas e traballadores/as de transporte de enfermos/as e accidentados/as en ambulancia na comunidade autónoma.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2010 que se subscribiu entre a representación empresarial e as organizacións sindicais UGT Galicia e SN de CC.OO. de Galicia do convenio colectivo de traballo para as empresas e traballadores/as de transporte de enfermos/as e accidentados/as en ambulancia na comunidade autónoma, na xuntanza que tivo lugar o 19 de outubro de 2011, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

Esta dirección xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG número 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2011.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do día 19 de outubro de 2011, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas abaixo sinaladas co obxecto de acordar as táboas salariais do ano 2010 do convenio colectivo de traballo para as empresas e traballadores/as de transporte de enfermos/as e accidentados/as en ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Representación empresarial:

Enrique Blanco Manzano.

Eduardo Quiroga Negreira.

– Representación social:

UGT Galicia: Óscar Vázquez Vázquez.

SN de CC.OO. de Galicia:

David Fernández Cora.

Roberto Carlos Rodríguez García.

Juan Granados Llanos.

Ábrese a xuntanza intercambiándose entre as partes empresarial e sindical os incrementos salariais que conforme ao convenio colectivo en vigor corresponden ao ano 2010.

Logo das oportunas deliberacións e debate, acórdase aprobar as táboas salariais correspondentes ao ano 2010, e encárgase e facúltase o Consello Galego de Relacións Laborais para os trámites de rexistro, depósito e publicación destas.

As táboas son as que figuran no anexo I que se xunta a esta acta, e da que forma parte.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a reunión, ás doce horas do día sinalado no encabezamento, e redáctase para o efecto esta acta, que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.

ANEXO I
Táboas salariais 2010

Categoría

S. B.

P. con.

P. tran.

Noc.

Condutor/a

1.080,08

43,20

86,41

1,75

Axudante

953,60

38,14

86,41

1,54

Padioleiro/a

890,42

35,62

86,41

1,44

Xefe/a de equipo

1.059,32

42,37

84,75

1,71

Xefe/a de tráfico

1.159,75

46,39

92,78

1,88

Oficial administrativo

1.132,38

45,30

90,59

1,83

Auxiliar administrativo

958,90

38,36

76,71

1,55

Axudante mecánico

913,18

36,53

73,05

1,48

Mecánico/a

1.035,62

41,42

82,85

1,68

Chapista

995,40

39,82

79,63

1,61

Pintor/a

995,40

39,82

79,63

1,61

Xefe de taller

1.109,09

44,36

88,73

1,79

Telefonista

967,97

38,72

77,44

1,57

Médico/a

1.899,46

75,98

151,96

3,07

DUE

1.424,57

56,98

113,97

2,30

Director/a de área

1.737,21

69,49

138,98

2,81

Director/a

1.917,74

76,71

153,42

3,10

2010

Axudas de custo

12,33

Nocturnidade

20%

Domingos e festivos

13,14

Nadal-Semana Santa

36,40

Dispositivo localización

35,37