Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2011 Páx. 34615

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 17 de novembro de 2011 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, pola Orde da Consellería de Facenda do 27 de xullo de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia número 144, do 28 de xullo, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos

• Tribunal titular:

Presidencia: Antonio López Blanco, funcionario pertencente ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

Secretaría: Nuria Salgado Domínguez, funcionaria pertencente ao corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Antón García Río, funcionario pertencente ao corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

– Néstor Rodríguez Arias, funcionario pertencente ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

– Fernando Martínez Abella, pertencente ao corpo de catedráticos de universidade. ETS Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña.

• Tribunal suplente:

Presidencia: Mateo Maigler Ojea, funcionario pertencente ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala enxeñeiros de camiños, canles e portos.

Secretaría: José Antonio Domínguez Varela, funcionario pertencente ao corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Sonia Sánchez Carbajales, funcionaria pertencente ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

– Juan José Vázquez Cerreda, funcionario pertencente ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

– Belén González Fonteboa, pertencente ao corpo de profesores titulares de universidade, ETS Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña.